martes, 11 de noviembre de 2014
VIVIR DOS PAIS HASTA QUE SE PODA VIVIR DOS FILLOS
VIVIR DOS PAIS HASTA QUE SE PODA VIVIR DOS FILLOS.
A comezos do século pasado, os homes e mulleres deste país cando pasaban polo seu tramo, cortiño, da súa vida activa, fundamentaban a súa ancianidade en ter aforrados uns cuartiños, e moitas mulleres, sobre todo no rural, en ter polo menos un fillo inda que fora de solteira. Isto dáballes seguranza nos seus últimos días.
Chegou a segunda metade do devandito século, e todos pensaban que o propio estado seguiría mellorando aquelo chamado seguridade social (Quen o ía dicir: creado nun réxime ditatorial)e que o chegar os últimos anos, esta seguridade social faríalle mais levadeiro o último tramo da existencia.
En parte isto funcionou, uns poucos anos, xusto hasta que un indolente personaxe chegou o poder. Aquí escarallouse case todo. Os adláteres e corréevoslles do poder tenteron facer o seu agosto. e quebraron case todo.
Agora moitos pensamos que temos que volver a aquelo de que os fillos, se fai falla, nos axuden na necesidade última.
O problema reside en que mentres, mal que ben, os yayoflautas vellos cobren a súa pensión, que por certo non la deben a ninguén, creo que o revés, moitos débennos demasiadas cousas que un mal dia fixemos polo pais, e que por moito que pidamos, os funcionarios, sempre dicen o mesmo: demóstrenolo e veremos. Mover o cú para algúns é un esforzo, solo o moven para ir a cobrar.
Estamos nun dilema; Vivir dos pais hasta que se poda vivir dos fillos xa non sirve. Poderán os fillos vivir cando os pais fagan o seu pasamento?.
Algúns pais podemos dar grazas por que os fillos non necesiten de nos, aínda que non sabemos se nos necesitaremos deles.
¡Xa veremos!
Agora estamos todos no mesmo saco de incertidume: avós, pais e fillos. E temos que axudarnos os uns aos aos outros porque se esperamos polo goberno, estamos aviados.
ResponderEliminar