Era un neno bastante bo. Non daba muta guerra ós pais. Portábase ben cos “profes” de preescolar. Tiña moitos amigos na escola. Era un neno engaiolante, sempre contento, sempre disposto a xoldra, e animoso nos xogos.
Chegou a época de cumplir sete anos. Tivo festa. Regalos e convidou os amigos a unha merenda na que se encheron de tarta de chicolate e outras cousas.
O dia seguinte do cumpleanos do amigo, imos le chamar Breogan, cado se ergueu da cama, tiña unha cara bastante tristeira.
Comeo o xexún sen demasiadas ganas, falou pouco e marchou a escola con demasiadas poucas ganas de leria.
Na escola estivo taciturno, apenas xogou, e cando a “profe” le preguntou se le pasaba algo, respondeu con outra pregunta: ¿Hai greva en correos?.
A “profe” respondeule que creia que non habia greva, e en plan de coña preguntoule si esperaba cobrar algo.
O día seguinte despous do xexún, o primeiro que fixo foi ir o buzón do correo onde non atopou nada para él.
Aquel día pola tardiña foi a casa da avoa. Levouno a súa nai, que le fixo unha advertencia a avoa: Leva dous dias un chisco “raro”, a ver se non se porta mal aiqui.
Cando quedou a solas coa avoa, ésta deixouno un pouquiño mirando os pardais da fiestra, que todalas tardiñas viñan a comer un pouquiñode grao que ela misma le puña alí.
Despous dun pouco a avoa preguntoule: ¿Tes algún problema, Breo?
Non, respomdeu o rapaz. Esoita avoa,¿tes o telefono do ratiño Pérez?.
A pregunta deixou a avoa un chisco descolocada, de sutaque non soupo reacionar no momento. Reflexionou un pouco e preguntoule ¿Para que queres o teléfono do Perez ese?
Pous- dixo Breo- anteonte caeume un dente, e non me deixou nada debaixo da almofada.
A avoa esperou un momento, aguantando o tipo, e díxole: ¿queres que o chame eu, a ver que pasou?
Ante a falta de resposta do rapaz, a avoa agarrou o teléfono e chamou.
A ver,está conmigo o meu neto Breo, que dí que o ratiño Pérez non le deixou nada debaixo da almofada, cando le caeu o dente, ¿Qué pasou?.
Do outro lsdo do teléfono respondeu a nai de Breo, que non era outra a receptora da chamada, e soltando unha gran risotad, díxole a avoa: ¡É que estaba castigado esa semana, por non facer os deberes a tempo!.
Ah, bueno, agora o entendo. Xa falo eu con él e despois dígolle algo a vostede.E colgou o teléfono.
Entonces, collendo ó rapaz no colo díxole: Mira; acabame de decir o señor ratiño, que esta vez mandera a propina aiqui a casa da avoa, e a avoa xa vai velliña, tés que perdoarme, mais olvideime. Teño ahí a propina que te mandou- Agora mesmiño ta dou.
Entonces as fazulas do rapaz cambiaron de color, o semblante aledousele e todo ledo díxole a avoa:
¡XAME PARECIA MIN! O RATIÑO É MEU AMIGO.
Cando voltou para a casa, xa non se acordou da propina, e a avoa tampouco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario