Mostrando entradas con la etiqueta COUSAS DO MEU GALEGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COUSAS DO MEU GALEGO. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de mayo de 2013

¡ COMO ESQUECER UN IDIOMA!




Queridos amigos, amigas e lectores despistados que as veces entran neste blog, que trata de transmitir unha pequeniña e sinxela arela sobre unha terra, que deu acubillo os meus antergos, e de cuxos zumes inda eu estou a gorentar: O VAL DOS MARCOS. Neste dia quero deitar eiquí, negro sobre branco, a miña amnesia xa definitiva a prol dunha das linguas que se falan na Península Ibérica.
 Antes de falarvos da miña amnesia, cumpre que detalle como na miña nenez, cando escomenzei a ir a escola e aqueles maestros, grandes maestros, no meu caso estou a falar de Don Julio, e con libros que sobreviran da República, decian, con relación os idiomas falados na Peninsula : “Fálanse na Península, cinco idiomas a saber; Castelán, Catalán, Galego Portugués e Vascuence. Existen unhas formas dialectais derivadas de outros idiomas en desuso, como poden ser o Bable, o Mallorquín, Valenciano e Andaluz.” Esto era o que nos ensinaban, esto era o que aprendiamos, e con esto, algúns crecimos e vimos e vivimos cousas, que non son de leria agora.
 Eu sempre tentei de compaxinar o noso Galego característico, co resto dos idiomas ou dialectos, nunca tiven ningún problema a hora de expresarame, se tiña que falar e Castelán, facíao, se había que facerse entender en Catalán intentábao, en Portugués igual. Co Vascuence a cousa era mais complicada, pous facíase francamente difícil, e salvo ardúa, egunon, e Ongui etorri, casi nada mais. Mais era por culpa miña, non do idioma.
 Hoxe, aquí en na Galiza, acabo de ler que as concesionarias das autoestradas, puxéronlles unha multa de tres mil euros, por ter en galego a verba “peaxe”, en Lugar de  “peaje”, nembárgante non din nada da verba “toll” que tamén anda por alí.
 A multa en sí as concesionarias impórtame un carallo, pous seguro que xa teñen dabondo gañado, pero que un INDOCUMENTADO, desde MAGERIT, veña a decirnos como carallo temos que falar ou escribir, xa me toca as gonadas.(O outro dixo que podia bebr o que quixera)
 Esta casta política que estamos a sufrir, que nos espolia por tódolos lados, que manda os nosos titulados a traballar o estranxeiro, dicindo eufemisticamente que así coñecen mundo ou unha parida similar, xa me está, fartando.
 Algunha vez vinnos presumir de Alfonso X o Sabio, sen pensar, eles, que o bon home escribiu en Galego. Presumen de Cervantes sen decatarse que era dunha terra, A Sanabria, onde se falaba tanto o Galego coma o Portugués ou o Castelán.
 Este Wertice Obtuso, pensa que inda está metido en tertulias de sitios que deberían sufrir esas reválidas que agora él propón. ¡No tribunal tiña que estar eu.!
 Sei que todos aqueles e aquelas, que as veces me leen, seguiran-no a facer inda que sexa neste galego Altoxabrés. Algúns Catalanfalantes e Portugueses como de outros idiomas ou dialectos, sei que me entenderán perfectamente.
 Por eso deixo eiquí  Sinwertguenza algunha a miña renuncia o idioma que algúns tratan de chamar español, e desde xá teño-o esquecido. AMEN.
 

miércoles, 10 de agosto de 2011

¡A EDIL FERNANDEZ, NON É PARENTE MIÑA!


 Un,que xa ten canas hasta por debaixo da embigueira, poderiamos decir coma o ti Dario: hasta don Quixote, tamén xa empeza a pensar que certas partes do corpo, doen por culpa de cert-a-o-s políticos, ou como quera que carallo se chamen. Esto no é pexorativo,so é culpa da estulticia imperante.
 Hoxe, lendo no diario o Pais ven a noticia.
 “ Una edil tilda de demasido gallegos los actos culturales de “A Coruña”. (Escribo a toponimia tal cual o Pais, ainda que a politica imperante no NO, gostaria de por o artículo “la”.
 Cando era  un estudante de bacharelato, nunha vila de Zamora, por onde Don Quixote tivo algunha aventura, por ventura del, eu, en todo o internado era coñecido como “El Gallego”. Habia un rapaz que se apelidaba Gallego, mais naide le chamaba así.
 Polo tanto fago meu o idioma “galego” da Alta Xeabra, e se non hai mais remedio, tamén fago meu o daquel coengo de Santiago bisavó de miña mai..
 Cuando a edil de cultura dun concello dunha cidade como A Coruña dí esto, a un pobre Xabrés revolvensele as tripas, e mais se a señora de marras leva por apelido o Fernández, que comparte conmigo. ¿Onde podo cambiar o apelido por outro?. ¿Tal vez Cazurro que é o dos meus antergos Llyoneses?.
 ¡Hai que foderse, e ser ben educado na fala! Polo tanto non hai que foderse, senon “joderse”, por se o anterior no é ben comprendido.
 Gostaria ver despotricar a un catalán de un exceso de catalanismo, a un vasco, un aleman, francés etc., etc.
¡ SEÑORA CONCELLALA ¡ SER GALEGO OU FALALO É TAN IMPORTANTE COMO CHAMARSE FERNANDEZ, EU DIRIA QUE MAIS, E SE ABORRECE A SÚA IDENTIDADE, OU NON É DA ZONA, DEIXE A POLITICA. AS VECES O DIÑEIRO NON O É TODO.
 Lamento falar no galego dos meus ancestros. O normativo, as veces rénxeme.