Mostrando entradas con la etiqueta LEMBRANZAS DA NENEZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LEMBRANZAS DA NENEZ. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de octubre de 2011

COMO VENCER A LEI DA GRAVIDADE


Seguramente, na Teixeira e mais en Sancibrao, non haberá ningún castiñeiro, bedulo, carballo, negrillo, etc. etc., que este servidor voso non me houbera empiolado nel.
 Ben por mor dos estorninos, miorlos, pitos verdeais, pombos e demais páxaros de tamaño medio-grande, susceptibles de, despous de pelalos e fritilos, gorentar. Seguramente daquela, non habia moitas mais porbabilidades de levarse a andorga proteínas que non foran de porco.
 Se algún lector se sinte ferido por esta confesión de “paxarófago”, que tente a imaxinar que para poder comer xixa fresca, habia que ir a cidade, a algún lugar daqueles nos que solo podian entrar os de falanxe.
 Coido que tamén o facía por gusto. Eso de ver o mundo desde algún sitio mais alto é unha gozada, a parte de saber que non habia demasiada xente que o puidera facer.
 Tamén creo que nos dous lugares nomeados, non quedaria parede á que non subira hasta  as louxas das abeiras.
 Nunha ocasión decidin subirme ó campanário de Sancibrao, non recordo se foi por unha porfía ou se foi por mor dalgún vencello.
 Daquela, para subirse as campas, podíase facer por dentro da iglesia.Habia escaleiras desde a tribuna saindo polo louxado e xa encaramándose o lado das campas.
 Como aquel dia a iglesia estaba pechada, decidin subir pola parte da esquina que inicia a espadaña. Deixovos unha fotografía, para que vexais a escaleira que os toleirons dos constructores tiveron a ocorrencia de deixar, para que calquer (¿calquer?) rapaz puidera tentar embazacarse.
 Subí hasta arriba, e o chegar o alado, conseguí debruzarme sobre as louxas que sobresaian. O debruzarme, apoiando a cintura nas louxas, desprendin os pés da media escaleira. Tiña a metade do corpo arriba e a outra colgando, e aiquí  xurdiu o problema.
 A posición era tal, e tan estúpida, que non era quén de acabar de subir, e tampouco de baixar, pois os pés non me chegaban os chanzos, minichanzos, da escaleira, mais figurada que real.
 A sapada enriba de alguna lápida das que había abaixo, non ma libraba nin o ceo bendito. Así e todo pedinlle a un dos meus irmans, que estaba alí, non sei se era César ou Xería, que fora a chamar a meu pai para que trouxera unha escada para axudarme a baixar.
 Estando nestas, sentín en Trasil a miña sufrida mai, xa dandome berros e chamandome un feixe de nomeadas. Ningunha reproductible aiqui.
 Era tanta a carraxe que notaba na sua voz, que de súpeto, sen saber como nin como non atopeime empiolado no louxado, prácticamente sen ningún traballo nin esforzo.
 Aquel día descubrín a forza que pode ter unha mai, na súa voz, que fai que un rapaz de nove ou dez anos sexa capaz de vencer a lei da gravidade.
 Dolores, se daquela non che pedín perdón, fágo-o agora.

lunes, 26 de septiembre de 2011

OS OVOS DO TI INÁCIO



 Hoxe, no blog dun amigo, puxo una trasnada que él fixera cando neno, o que me deu pé  para pensar que, na miña vida de neno e non tan neno, habia falcatruadas bastantes para encher una artesa de aquelas grandes coas que se facian os mondongos.
 Vou tentar darle unha orde cronolóxica. A ver que pasa,

 De pequeno, vivin moito tempo na casa da miña avoa materna. Lugar que, por moitos anos que pasen, endexamais esquecerei. Alí a liberdade era case absoluta. A mamá Martina e a Susa, facian que á miña vida trancurrira sempre como se estivese no paraiso, entendendo o tal como un lugar no que o tempo solo era para xogos e divertimento.
 Coido que eso solo o pensaba eu. Tanto a avoa como á miña tia, de cando en vez dáballe, motivos para desexar que me marchera para o Barrio.
 O Barrio era como le chamaban os veciños de Hermisende (Santa Maria de) e os de Hermisende (San Cibrán), aclaración que, para os mais versados, supoño innecesária.
 Pegada a casa da miña voa, pola parte de atrás, vivía o ti Inacio, é a súa muller. (Mais tarde entereime que era a súa criada, ¡nin que fora crego! Veise que ferreiros e cregos batian ben o cobre).
 Debaixo das vivendas das persoas, daquela, a xente vivía no segundo andar, no primeiro eran as cortes das vacas, das ovellas, e dos porcos. Por alí habia tamén un sitio para as galiñas.
 Para situarvos, direi que a casa da avoa era no barrio das Moreiriña no lugar da Teixeira. Por certo o único pobo que ben nos mapas mais antergos desta peninsula, e que pertenceu a provincia de Valladolid, hasta a nova división provincial actual.
 Imos deixarnos de rodeos e caralladas, e ir o que de verdai interesa.
 A corte das ovellas da miña avoa, comunicábase cunha corte do ti Inácio, o Ferreiro. Visto desde a miña perspectiva, era un home moi grande, moi forte, e cunhas mans enormes. Non en van movian aquele mazos e martelos que estreitaban, ablandaban, e facian dos cachos fe ferro informe, ferramentas e cousa uteis para o traballo dos veciños da Teixeira. Era a forxa do ti Inácio un lugar mistérioso para os rapaces, pous aparte de domeñar o ferro, tiña un fuelle enorme para avivar o lume, e ademais era a unica casa pola que pasaba un rego de auga, onde de candoen vez o mestre do ferro, metía os trebellos que facía, roxos e caseque facian ferver a auga.Era como o sol cando se apagaba na noite.
 Hai que decir que era un home moi respetado, polos outros homes, e que moitas mulleres les decian os seus fillos, que sí se portaban mal, dirianlo o ferreiro e éste queimariaos na forxa.
 Eu descubrin que por unha bufarda, na corte de miña voa, podia furar hasta o curral do ti Inácio. Tamén descubrin que no curral daquel home, as pitas puñan os ovos nun poleiro, que era un cesto de bimbio con herba e palla dentro que facía un niño, no que o parecer as pitas gustaban de por os seus ovos.
 Un día metín o fuciño dentro do nieiro, e descubrin que había un montón de ovos. Era unha lambetada, os ovos en ponche co sucre o que miña avoa me tiña avizado. Habia tanto ovo, que pensei que, como eles eran dous solos, non os darian comidos, e a min dosificabanmos, cousa non demasiado xusta, según o meu punto de vista.
 De dúas veces, trasladei sete ou oito ovos, desde o curral hasta a corte das ovellas, e desde alí a cesta dos ovos da avoa.
 Deus na súa infinda omnipresencia, deuse conta da miña fechoría, e decidiu correxila, usando a miña voa como instrumento.
 Naquel mesmo día, a avoa chamoume e dandome unha cestiña con oito ovos. Díxome qe los tiña que entregar o ti Inácio en persoa, pous necesitábaos. Eu todo ledo collín a cesta e leveila. Deume as “gratias”, o ferreiro e díxome que gracias a miña avoa el e a sua compañeira xa non pasarián fame naqueles días, pois un lerchán raposo, roubérales os ovos das pitas, que tiñan de comida para todo o mes.
 Ante aquelo decidín non volver a collerle os ovos nunca mais.
 ¡Menos mal que non se entereran que fora eu quen le collera a nieirada!.
 ¿Seria certo que o ti Inácio tiña ollos no cachazo?