Mostrando entradas con la etiqueta Lendas Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lendas Galegas. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de enero de 2014

AS VECES A PARCA PASA DE LARGO



 


Reunidos arredor dunha mesa con uns xerrotes de viño, do bo, do Ribeiro das castes de Brancellao e Sousón, e cunhas racións de polbo a feira feito por unha pulpeira de Parga, entre mordisco e mordico, grolo e grolo, a conversa deambulou por diversos temas, dos que non guardo moito recordo, mais sí dos que nun momento determinado nos acerqueron a eses medos e tabues do Noroeste ibérico, no que, baixo o meu ponto de vista, converxen as crenzas duns pobos ancestrais e procedentes de varias culturas, moitas veces superpostas, cando non complementadas.
Quederonme duas istorias, no disco duro, xa un pouco coa capacidade no limite, mais cunha memoria externa que axude, case todo se corrixe. Foron as seguintes e ambalas duas relacionadas, ainda que referidas por duas persoas diferentes. Imos pola primeira.

A avoa.
A miña avoa deulle un cólico hepático- dixo un dos reunidos- e foi ingresada de urxencia no Hospital Xeral
Estando ingresada, e xa cando ia algo mellor do fígado, infartou, mais, ambolos dous procesos remitiron. Quedou uns dias en observación.
Na mesma habitación na que ela estaba habia outra paciente. Unha monxa, que xa estaba ingresada cando o fixo a avoa.
Unha noite a avoa tivo unha fibrilacion moi forte, que asustou o personal sanitário que chamaron a familia.
Pola mañá, empezemos a desfilar todos pola habitación, pous podia ser a ultima vez que poideramos vela con vida.
Eu fun dos últimos, e avoa xa cansada de tanta visita, díxome que qué dixeran os médicos, pous tal como estaba a aparecer a familia por alí, seguro que pensaban no seu pasamento.
Estades nun erro- dixo a avoa- Desta eu inda non morro. Esta noite paseou por aiquí a Morte, mais non viña por min. Volverá esta noite próxima, mais a quen se levará con ela é a monxiña. Ela non o sabe, pois parece que mellorou nestas horas, e está toda leda porque pènsa que le van dar a alta.
O día seguinte, cando volvimos, a habitación, da monxiña xa non estaba. Efectivamente, de maneira subita, a media noite finou-
Unha vez que a avoa volveo a casa, contoume que cando volvera a señora Morte, como decia ela, nada mais entrar no cuarto a monxiña quedouse dormida, profundamente, e os poucos segundos,sairon as duas, Morte e monxa pola porta.
Según ela a monxa levaba unha cara sorrinte, e a morte coma sempre, coa face seria e moi tesa.
A avoa inda viviu un par de anos mais, e avisou vitecatro horas antes, da sua hora.
Ningun de nós fixo comentário, o noso comunicante é unha persoa seria e pouco amiga das lendas, polo menos hasta aquela.

Próximo relato , A experencia do pai de outro amigo..
.....

miércoles, 8 de febrero de 2012

A LENDA DE SAN ANDRES DE TEIXIDO


 Hai en Galicia un pequeno santuário, que é menos coñecido que a grande catedral adicada ó apostolo Sant Iago. Hai maliciosos que dín que neste último non está soterrado o apostolo de Xesús, senón o primeiro mártir galego decapitado polo poder terrenal acusado pola envexa de uns cregos que xa daquela empezaban a ter privilixeios terrenais: Prisciliano. Esto é outra históri.
 O santuário de San Andrés de Teixido, que é ó que nos queremos referir, está no concello de Cedeira na parroquia de Régua. Está a aldea deitada na pendente menos agreste da serra da Capelada.
 Nesta serra están os cantís mais altos da peninsula, e seguramente os terceiros mais altos do mundo.
 A peregrinación a San Andrés parece que se iniciou na idade do  ferro. Mais tarde o apostolo Andrés, de Xesus de Nazaret, veu á fin do mundo a cristianizar a comarca, mais o marketing de Santiago, debía ser mais efectivo que o del, e por cada peregrino que chegaba a súa capela en Teixido, chegaban mais de cen a Compostela.
 Andaba, entonces o pobre Andrés un pouco amuado, vagando pola serra e os seus carreiros, con algúns ciumes do seu colega de Compostela por mor da pouca asistencia que tiñan os seus dominios. 
 Estando nesas, atopouno a Noso Señor, que viñera a dar unha volta polo finisterre a ver que tal andaban as captacións de feligreses, e que se acerquera a darle ánimos. O velo tan apenado preguntoule que le pasaba, o que o apostolo respondeo:
 “Divino Mestre: ando cabizbaixo e triste porque, vexo que de todo o mundo veñen xentes a visitar o teu discipulo Santiago, que está en boa terra e ten bos camiños para que xente chegue anda él; sofren e padecen nas longas viaxes hasta Compostela, e con todo a humildade Señor chegan. En troques ninguén vén  a pé de min.Sempre estou soliño ou case, coma se eu nor fose tamén un voso apostolo.”
 O Noso Señor, mirándoo con agarimo díxolle:
 Está ben, Andrés, ti non serás menos que Xacobe. De hoxe en diante prométote que ninguén entrará no ceo sen ter visitado o teu santuário, polo menos unha vez na vida; e aquel que non o faga en vivo terá que facelo despois de morto.
 Desde aquela quedou o dito de que A San Andrés de Teixido, irá de morto quen non foi de vivo.
 Cando os romeiros van a San Andrés, non poden pisar ningún becho que se les cruce, nin matar ningún. Tanto voador como reptil, pous as almiñas dos mortos que non foron de vivos metense en corpos de animais pequenos para cumplir co mandato Divino. Xa sabedes que os camiños do Señor son infindos, e axuda a todos os fieis  a ir a San Andrés de Teixido do mellor xeito posible.
 Nunha ocasión ian a San Andrés de Teixido uns mozos de Lalín. No camiño, no penúltimo milladoiro, antes de chegar a aldea atopáronse cunha calivera. Un deles atízoule unha patada hacia adiante e a calivera rodou polo camiño. Animados os outros fan o mesmo e acercanha un treito. Entón un dos mozos dile os demais que é mellor deixala, mais outro contesta: “ E mellor levála hasta a aldea, pois xa queda pouco. Podemola invitar a comer con nos o chegar”.
 Chegan a San Andrés; Alí a caliveira múdase na cabeza dun cristián que les dí ós mozos “Moitas gracias, amigos, pois coa vosa axuda puiden chegar ata o Santuarío pra poder facer a romaxe que non fixen en vida”.

( Información sacada de relatos de L. Carré Alvarellos, dunha lenda publicada na revista Nos e das Lendas Galegas de tradición oral recopiladas por González Reoredo adaptada por G. Fernánde Alvarez).