Reunidos arredor dunha mesa con uns
xerrotes de viño, do bo, do Ribeiro das castes de Brancellao e
Sousón, e cunhas racións de polbo a feira feito por unha pulpeira
de Parga, entre mordisco e mordico, grolo e grolo, a conversa
deambulou por diversos temas, dos que non guardo moito recordo, mais
sí dos que nun momento determinado nos acerqueron a eses medos e
tabues do Noroeste ibérico, no que, baixo o meu ponto de vista,
converxen as crenzas duns pobos ancestrais e procedentes de varias
culturas, moitas veces superpostas, cando non complementadas.
Quederonme duas istorias, no disco
duro, xa un pouco coa capacidade no limite, mais cunha memoria
externa que axude, case todo se corrixe. Foron as seguintes e ambalas
duas relacionadas, ainda que referidas por duas persoas diferentes.
Imos pola primeira.
A avoa.
A miña avoa deulle un cólico
hepático- dixo un dos reunidos- e foi ingresada de urxencia no
Hospital Xeral
Estando ingresada, e xa cando ia algo
mellor do fígado, infartou, mais, ambolos dous procesos remitiron.
Quedou uns dias en observación.
Na mesma habitación na que ela estaba
habia outra paciente. Unha monxa, que xa estaba ingresada cando o
fixo a avoa.
Unha noite a avoa tivo unha fibrilacion
moi forte, que asustou o personal sanitário que chamaron a familia.
Pola mañá, empezemos a desfilar
todos pola habitación, pous podia ser a ultima vez que poideramos
vela con vida.
Eu fun dos últimos, e avoa xa cansada
de tanta visita, díxome que qué dixeran os médicos, pous tal como
estaba a aparecer a familia por alí, seguro que pensaban no seu
pasamento.
Estades nun erro- dixo a avoa- Desta eu
inda non morro. Esta noite paseou por aiquí a Morte, mais non viña
por min. Volverá esta noite próxima, mais a quen se levará con ela
é a monxiña. Ela non o sabe, pois parece que mellorou nestas horas,
e está toda leda porque pènsa que le van dar a alta.
O día seguinte, cando volvimos, a
habitación, da monxiña xa non estaba. Efectivamente, de maneira
subita, a media noite finou-
Unha vez que a avoa volveo a casa, contoume que cando volvera a señora Morte, como decia ela,
nada mais entrar no cuarto a monxiña quedouse dormida,
profundamente, e os poucos segundos,sairon as duas, Morte e monxa
pola porta.
Según ela a monxa levaba unha cara
sorrinte, e a morte coma sempre, coa face seria e moi tesa.
A avoa inda viviu un par de anos mais,
e avisou vitecatro horas antes, da sua hora.
Ningun de nós fixo comentário, o noso
comunicante é unha persoa seria e pouco amiga das lendas, polo menos
hasta aquela.
Próximo relato , A experencia do pai de
outro amigo..
.....
Precioso relato, Xabres: a mi no me ha inquietado, me ha llenado de ternura.
ResponderEliminarPor otra parte, perdona especialmente el retraso en responder: por supuesto puedes utilizar la entrada de las depuradoras tanto como te apetezca.
Es más, creo que ahora que ya no salimos tanto en titulares es cuando hay que hacer el trabajo.
Un fuerte abrazo.
Impresionante relato.
ResponderEliminar