O RETORNO (continuación)
Cando chegou o Castrillón, víase xa
a cara oeste da aldea, sentiu algarabia de risas e voces, no Xogo dos
Bolos, un berro dominando o resto: “CUARENTA PRA RIBA E CUARENTA
PRA BAIXO, non hai quen le gane”. Estaban a xogar os bolos,
coñecido noutras aldeas como o xogo dos paus.
Pensou que chegaria a tempo de
participar nunha ronda do vño que se xogaba e do que participaban
todos os presentes. Errou. Cando chegou o lugar dos xogos, alí non
habia ninguen. A pedra onde puñan os paus estaba rodeada de silvas
igual que a praza.
Baixou pola rua, que inda conservaba
casas a ambolos dous lados ata a beira da igrexa onde se cruzou cun
home con cara de poucos amigos e que ia marmuñando contra os veciños
da aldea dicindo que eles se busqueran a ruina, pous “cuando se
entere el conde seguro que arrasará todo”.
Pasou pola beira do tanque, cruzou o
Tolaco e chegou o fondo da aldea sen atoparse con ninguén.
Definitivamente o lugar estaba sen xente.
A rigueira baixaba sen auga, as fontes
estaban secas. Pensou en ir a buscar aquelas pedras de “cristal”
que tanto les gustaba os rapaces, na súa época. Decidiu baixar
hasta as Aguzadeiras a ver se encontraba algunha daquelas que
parecian casteliños.
O chegar a fonte da Escarramana, o
abrebadeiro estaba cheo de broza e silvas, mais inda habia auga.
Estivo un pouco limpando pra fecer un hoco polo que poder coller auga
e beber. Apareceu unha muller que le dixo que aquela auga estaba
envelenada, desde tempo atrás. Pola maneira de falar, aquela muller
parecia portuguesa cousa que dixo que era certa. Dixo que era de
Fontes, e que levaba xa tempo naquelas terras. O preguntarlle que
quen seria aquel home que falaba castelán e ia con cara de poucos
amigos, a muller respostoulle que era o recaudador do conde, que
seguro que non atopera a niguén para cobrarlle as rentas, e o que
era peor, tiña que volver sen as doce perdices que estaban no
contrato dos montes.
Preguntoulle á muller se haberia
algún lugar onde pasar un par de dias, na aldea, e ela dixole que
podia facelo na sua casa, cando volvera de buscar os cuarzos.
Esplicoulle que ela estaba na casa que fora o forno, onde podia facer
lume sen que se vise moito o fume.
Non baixe hasta o Castelo, e teña
moito coidado cos Mouros, andan por alí e non son bós – Dixo a
muller desandando hacia a aldea.
Aquelo dos Mouros xa empezaba a
picarle a curiosidade.
Cando volveu a aldea buscou a muller
do forno non a encontraba nin alta nin baixa. Nembargantes o forno
estaba moi ben preparado e limpo pra acomodarse nel, incluso o
estrado servia como mesa, nunha punta e na outra como cama. Habia brasas
na borralleira, e pan quente recien cocido.
Pola noite, deitado no camastro enriba
do estrado, non parou de escoitar conversas varias, todas fora do
forno, pola razón que fose, naide entraba.
A primeira conversa que escutou foi a
de dous homes que debaixo dunha parreira, estaban lixeiramente
asombrados co que viran, alá por Bouzasdecristo a carón do castelo
do Bamba, no riu Gamoneda, xusto alí onde éste se introduce xa en
Portugal. Encontreron, buscando o tesouro do castelo, unhas pedras
que pesaban moi pouco. Estiveron a xogar un pouco con ellas
presumindo de forza, pous eran capaces de soerguer pedras de mais de
un metro cúbico, e tiralas algo lexos. Tiraro unha o riu e a tal
pedra non afundiu, era como un corcho grande, solo que non habia
sobreira que proporcionara aquelo.
A explicación que le deron o fenómeno
foi sinxela: OS MOUROS SACARONLE A SUSTANCIA AS PEDRAS.
Quedou dormido.Cuando espertou estaba
a muller que encontrara na Escarraman, deitada a carón del espida de
todo. Él tamén estaba.
Cuando ela se ergueu, a él
pareceulle que era capaz de ver as paredes a traverso do corpo da
muller.
Cando saiu o camiño, viu trespor
hacia a Fontaiña o “ti Inacio”, o ferreiro.Pareceulle ver que
levaba unha garduña o lombo. A garduña chiscoulle un ollo.
Na praza da aldea habia unha xuntanza
de veciños. Habia que dilucidar se o despoblado de Ros pertencia os
limites da Teixeira ou os de Montesinho. Estaban alí dous
representantes, un de Portugal e outro do rei español Felipe V.
Non conseguiu enterarse do tratado.
Cando se acercaba, xusto nese momento rematara a xuntanza e os
presentes nela cada un marchou por un lugar diferente, a cabalo das
bestas.
Tiña que volver a Padornelo, a buscar
o equipaxe. Volveu polo mesmo camiño polo que chegara a Teixeira a
primeira vez, O chegar a Padornelo encontrou o seu equipaxe no mesmo
lugar que o deixara. Naquela aldea tampouco vivia ninguen.
Continuará.......
Lin as dúas entradas con mágoa, por iso das aldeas abandoadas, e con ledicia pola historia que contas e polo vocabulario que empregas e que tiña esquecido.
ResponderEliminarNótase que amas e coñeces esa terra xa nos límites con Portugal.
Quedo a esperar do que segue, :)
Bicos.