Erguinme, esperguiceime, fixen as miñas
flexións de alongamento muscular, un chisco de gimnasia zen,
abdominais, e mais cousas que xa non recordo. Todo co ánimo de
espabilar o espirito.tal como se espabila unha vela, ou unha lámpada
de aceite.
Estaba a soñar que vivia nunha
sociedade, na que uns poucos mangoneaban a uns moitos, sempre,e cada
certo tempo, os que mangoneaban decianlle os mangoneados que, nos
proximo anos ian facer que por alí os cans serian atados con
chourizos. Os moitos, ben fora por perguiza, por non enterarse ou por
estar de acordo, nunca cambiaban a sua maneira de proceder.
Hai que votar os mesmos- dician- pous
vale mais o mau coñecido que o bo por coñecer. Naide queria
arriscar o seu cutre “modus vivendi”, non fose o caso.
As inxusticias no entorno de todos
cada vez medraban mais, pero como a a cada un non le afectaba e non
sufrian as consecuancias, miraban para outro lado. Non vai conmigo-
decian-.
Cada vez a maneira de vivir era mais
complicada, cada vez la complicaban a mais xente. Xa casi naide se
abstraia daquela situación, que por outro lado todos, xa,
consideraban inxusta, mais o medo seguia a facer estragos. Teño
pouco- decian- pero hai quen ten menos.
Aquela resignación, predicada desde
pulpitos, ágoras publicas e xente considerada con “estudios”,
amodorraba a todo o persoal. Era como se un mastín grande houbera
convencido o magote de ovellas de que o peor estaba fora e inda sen
chegar, polo que debian facerlle caso a él e ó pastor, que de cando
en vez vendia algún rixelo, e comia outro.
Xa empezaban algúns a pensar que o
mellor seria desfacerse daqueles poucos en ben dos moitos. Polas boas
ou polas más. Xa habia moita xente dacordo, solo facia falla un
lider que o propuxera e os levera o triunfo.
Espertei, dandome conta de que o soño
fora demasiado real.
Deime conta de que non vivia naquela
sociedade. Vivia nunha sociedade, que non tiña nada pero tampouco
necesitaba nada. Solo o agarimo dos conxeneres, e o maior desexo de
cada un era o de axudar o veciño.
A sociedade na que vivira estaba nos
libros de istória, acababa de ler un, e aquelo xa ia moito tempo
que estaba superado.
Supereran-no, cando todos se diron
conta de quen era o inimigo. O inimigo era aquel que os asoballaba, aqueles poucos.
Vivian escravizando a xente
contandolle istorias que chamaban “economia”. Inventeran unha
cousa que chamaban lei da oferta e da demanda, que consistia en facer
cousas inutiles, mais facer que todo o mundo as desexara, para o que
tiñana que traballar como burros para conseguilas, mais cuando xa
todos as tiñan ivan e cambiaban-nas por outras e asi hasta case o
infinito, tendo-os sempre sen tempo a pensar, para conseguir aquelas
engatusadeiras.
Cando as inxusticias chegaron a un
punto moi alto, un membro dos esclavizados tivo unha idea xenial.
¿Por que non damos ós poucos alí onde mais les doe?.
Volvemos o mundo do troque. Cando un
quere unha cousa cambia-a por outra que él ten, Primeira premisa
abolir o diñeiro e os que o manosean.
Aquelas cousas que inda alguns poucos
facian e le vendian o resto, sen ter en conta a xente que traballaba
para eles, decidiuse que daquelo naide mercaría nada.
Os que vendian fume, como era un
porvir mellor, ninguen les facia caso. Cada quen era o dono do seu
destiño. ¡Fora intermediarios!
Cando saía de casa, apareceron por
alí uns esbirros do poder, alguns dos que, nun momento, foran colegas,
e quiexeron levarme con eles, para reformarme.
Bebinme aquela pócima que un sabio
me dera. Quedei cataleptico durante cuarenta e catro horas. Cando
estaba no cadaleito, e habia pouca xente no velatório, volvin en min
e ó levantarme, fixen que todos caeran pola terra, o que me permitiu
liscar dalí.
A revolución inda non estaba acabada
nin perfecta.
Depende, hai soños que saen caros e outros gratis.
ResponderEliminarNo teu soño déchelle renda solta os teus desexos e tamén denunciaches comportamentos doados de coñecer no noso entorno.
A revolución está no berce aínda, :)
Xabres, a ver se me botas unha man no tema do concurso ao que me presentei. No meu blog explico todo do que vai. Agradeceríacho.
Unha aperta.
Ohma, lin o teu blog, tentei entrar mais por algunha razon que se me escapa non fun quen. Volverei a intentalo. Se podo conta con el.
ResponderEliminarGracia, Xabres.
ResponderEliminarE doado.
Tes que rexistrarte. E entra polo logo do concurso que teño no blog. Pulsas onde están as estrelas e onde pon "vota"
Temos tempo a facelo, tranquilo. Xa me contarás.