Mostrando entradas con la etiqueta ETNOGRAFIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ETNOGRAFIA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de febrero de 2012

CRENZAS DE XENTE NA REPUBLICA DOMINICANA.


 É unha rapaza moi áxil e lizgaira. Non para nin un momento detrás da barra do bar onde traballa. Atende os clientes, mete a louza no lavavaixelas, pasa o pano limpando as pegadas dos vasos e botellas e tamén colle a basoira pra retirar os restos que  o personal, guarro as veces, deixa polo chan.
 Outro día, aparecin polo bar, a tomar un “chupito”, de licorcafé, e por unha desas casualidades que hai as veces, estivemos os dous solos.
 Desde tempo atrás tíñamos pendente unha conversa. Mellor dito era ela a que tiña, unha promesa feita. Medio en broma medio en serio, eu preguntérale se coñecia algunha história da sua terra e xentes. Díxome que tiña moitas, mais que sobremaneira acordábase de unha que le sucedera a ela.
 Ela chámase Jhoane, é natural da República Dominicana, e veu a España coa  idea de aforrar uns poucos euros, para voltar a sua terra e invertilos en algo que le proporcione un traballo e unha maneira de vivir. Non le preguntei os anos, mais non debe ter inda os trinta.
 Aprecian-na no choio, e seguro que aforra cartos para montar algo. Espero que le vaia moi ben. Creo que o merece.
 Eu pedírale que me contera algo desas cousas que por alí son tabú, como os embruxamentos ou os males de ollo ou cousa parecida. Dixo que me ia contar un acaecido real que le pasara a ela e a seu hirman, un ano mais vello que ela.
 Empezou:
 Vivíamos nunha casiña nun barrio de Santo Domingo. Era unha casa de planta baixa. Morábamos na casa os catro, os nosos pais, meu hirmán e mais eu. Nos tíñamos, eu sete anos e meu hirmán oito.
 Durmíamos os dous no mesmo cuarto. A casa era pequena; o noso cuarto o dos pais e unha cociña que tamén facía as veces de comedor.
 A casa estaba, como case todas as do barrio, tellada con planchas de cinc, e con paredes febles e fiestras sen moita seguridade. Nos barrios pobres naide entra a roubar a miséria dos veciños.
 Sucedeu que durante un tempo, cando se levantaban os dous hirmans pola mañá, aparecian con marcas como de mordeduras e chupons, nos brazos, pernas e outras partes do corpo. Aquelo molestábales, tiñan escozores e algún pequeno dolor nas zonas afectadas. Os pais, despous de uns días, leveron-nos a un médico que non lle deu demasiada importancia a aquelo.
 Apareceron mais casos iguais polo barrio, e escomenzou un run run entre os veciños. As autoridades non fixeron caso e a cousa seguia.
 Unha avoa dos rapaces, díxole os pais que seguro que era unha bruxa. Debian de vixiar que non entrera pola noite nada nin naide no cuarto.
 Na primeira noite de vixilia, estivo hasta mais de media noite a mai con eles. Non pasou nada e a mai foise a súa cama. De madrugada os rapaces sentiron un ruido no teito de cinc, e o pouco tempo sentiron unha presencia dentro do cuarto. Chameron polos pais e cuando este viñeron, o parecer saiu pola fiestra un gato negro. A rapaza e o hirmán decian que tiña cara de persoa.
 Como a cousa tamén pasaba noutras casas, os veciños formeron patrullas nocturnas para vixiar, o que non facian as autoridades. Foise descubrindo as andainas dun gato negro que rondaba os louxados e liscaba sempre a unha casa que estaba arredada das outras e na que vivia unha señora vella.
 Unha noite cerqueron o gato nunha casa, mais non foron quen de collelo, pois choutou polo alto dos louxados saltando dun a otro. Unha muller levaba un fardelo con sal e o pasar o gato por enriba dela, mandoule uns puñados de sal que o fixo caer o chan. Mais cuando caia viron que collia a forma da muller vella da casa isolada. Tenteron collela, mais ela, bufando e pegando choutos conseguiu chegar a súa casa da que saiu montada nunha vasoira.
 Este foi o relato de Jhoane.
 Pregunteile se souberan algo mais da vella. Dixo que había tres versións. Unha era que morrera. Outra que se desficera no aire. Mais ela pensaba que a real era a que decia que lisquera para unha praia na que habia unha cova onde vivia, e seguia de cando en vez chuchando nalgúns meninos.

miércoles, 15 de febrero de 2012

¡PREMONICIONS!



 Estando un día nun furancho, catando viños novos da comarca do Salnés, albariño e espadeiro, a conversa dos colegas de bebercio derivou cara moitas cousas divinas e humanas.
 Estaba na xuntanza un home que non aparentaba os anos que tiña. Rondaba os noventa, mais aparentaba uns sesenta e poucos.
 Non fora dós que mais falara. Escoitaba  e sonría, con ese sonriso característico de quén xa case o  sabe todo  desta vida, mais inda, de cando en vez gusta de escoitar cousas. Seguramente cousas que recorda de novo e olvidadas, ou que oia por primeira vez.
 Cuando falaba tiña unha voz clara e limpa, pousada e cun deixe de picardía tanto na fala como nuns chispeantes ollos, que xa tiñan visto case de todo.
 A conversa derivou, case ó fin da xuntanaza, o que nunca pode faltar nunha terra como a de Galicia, terra na que acaba o mundo. Nese lugar de maravilla na que xa os romanos intelixentes se acomodaban no Facho de Fisterra, onde todalas tarde no solpor, miraban como o astro rei se apagaba mergullandose no “Mare Tenebrosum”. Incluso había algúns que decian que se oía o ruido do sol o apagarse, como cuando o ferreiro na súa forxa, metía o ferro candente para darle temple na pía chea de auga.
 O acabar o viño e o polbo, navallas xa non quedaban e as nécoras xa se acaberan, chegou a hora de liscar cada un para a súa casa.
 Dixenle o a aquel home vello, se quería que o acercase a sua casa, pous deducira que non quedaba lonxe da miña. Agradeceumo e díxome que sí, que vivia cun fillo nun piso da Travesia de Vigo.
 Como no furancho se falara de cousas do outro mundo, e eu pensera que aquel home sabía moito mais do que dixera, inquirinle  sobre o que el pensaba da Santa Compaña e se creia que era certo o que se decía dela. El contestoume que sí que creia nela e que tiña datos obxetivos que o demostraban. Díxome que se tiña tempo e quería podiamos quedar algún día en vernos na casa dos seus pais, onde inda vivía un hirmau seu e podíame contar a história que le acaecera o seu propio pai, da que él e seu hirman foran testigos cando eran mozotes. Quedemos en ir un día.
 Chegou o día que él sinalera. Saímos pola tarde camiño de unha pequena aldea na beira do rio Lerez alá pola Terra de Montes. Deixemo avisado que seguramente non volveríamos hasta o día seguinte. O seu hirman tiña labores de campo e para charlar era mellor de noite a carón do lume da lareira, na casa vella, e cun bon caneco de viño da casa, xamon e uns liscos feitos ó lume das brasas.
 A casa vella estaba arredada da parroquia e isolada a case un kilómetro das outras casas. Cerca da casa estaba o antergo Sagrado, lugar onde na época de seu pai se anterraban os vciños que decidian abandonar esta vida.
 Contéronme que seu pai era o enterrador. Ofico polo que non cobraba nada. No concello como recompensa polo seu traballo déranle o terreo onde estaba a casa, e un pequeno prado que fora da igrexa, a carón do Sagrado e da Igrexa.
 Despous de cenar as maravillas dunha casa de labregos, xa digo, xamón, liscos, e uns ovos fritidos pola cuñada do meu novo amigo, acompañado todo por un estupendo viño da casa, e á hora de gorentar un estupendo licorcafé, díxole ó hirmán que me contera o caso do seu pai co seu hirmán.
  “.-Como dixo meu hirmán, o noso pai era o enterrador da aldea. Daquela os enterros eran na terra. Facíase a cova onde se enterraba o difunto, logo cubríase outra vez con terra e mais tarde, se a familia tiña algún diñeiro, mandaban facer unha lápida onde se puña a data do deceso.
     O papá tiña un don; sempre se enteraba uns días antes da morte dos veciños. Había xente que le creia, a tamén habia quen facía burla daquelo.
 Nos eramos novos e non creiamos demasiado naquelo, ainda que a nosa mai decía que era certo. Non le daban importancia pous o parecer o noso avó xa tiña o mesmo don.
 Nun vrao, atarefados todos na reccollida do centeo, e demais traballos da época, despous de estar traballando na eira, chegou a hora de ir a cama.
 Estábamos todos derreados polo esforzo do día, deitémonos cedo. Este e mais eu durmíamos xuntos no mesmo cuarto. Caimos na cama e quedémonos fritos o instante.
 A media noite sentimos chorar á nosa mai. O pai trataba de calmala, e decíale que o mellor desta vez estaba errado.
 Contounos a mai que o pai se erguera da cama, e asomérase a fiestra. Estivo alí un bon cacho, e cando volveu a cama ia chorando. Díxole que acababa de ver seu hirman mais vello, que viñera a despedirse. En dous días íase ó outromundo. A muller botouse a chorar, e foi cando nos espertemos. Decíale o pai que seguro que era un erro, pous o hirmán estaba sano e forte coma un buxo.
 Nos tratemos de calmalos decindo que seguro que o tiña soñado, ¿Cómo ia morrer o tiu, se non tiña enfermidade ningunha?.
 No seguinte día, pola tardiña, o hirman do noso pai, morreu de morte repentina. No día seguinte o hirman fixera a cova, enterrera-o, e tiña xa arranxada unha lápida.”

 Naquela noite, eu, estiven toda en vela. Tiña medo de que alguén se viñera despedir de min.

lunes, 7 de diciembre de 2009

VAL DOS MARCOS: ¿DESAPARECERON OS VELDROS?


O MECHÓN BRANCO, NO VELDRO NEGRO.

Fai tempo que levo maquinando, na maneira que tiñan as nosas avoas de fabricarnos os chaquetos, os carpíns ou miñotos, as chaquetas de lá, igual que as rebecas das mozas, pasando polos refaixos, mantóns, tapabocas e demais prendas de abrigo que se producian en Val dos Marcos, sen que fixera falla importar nada. Absolutamente todo era endémico, é tiña un proceso que vou tentar describir. (Admitense suxerencias é correcións).
Vou facelo como un relato, dándole vida a lá. ¡Empecemos!:

Naquela primaveira, naceu unha cordeiriña. A cousa non teria trascendencia, se non fose porque non tiña a lá igual que o resto dos seus conxéneres, é porque tamén le viña ben este relato.
Os que non sepan que é unha cordeiriña, diremos, para os puritas galegos, que e un año, claro que se fose femenino seria ¿unha aña?.E para os castelanfalantes seria corderita.
O veldro, se a memoria non me falla, é o que en castelan se chama “un vellon de oveja”, ou sexa, toda a lá dunha ovella.
A nosa cordeiriña tiña casi toda a lá negra, menos un mechón no mesmo medio do lombo que era branco. Era do tamaño de unha folla de berza, é tamén da mesma feitura.
O mechón paseou a lombos da cordeiriña todolos montes de Val dos Marcos, comeu més cando a portadora en noviña, comeu abelotas, castañas, e brotes das urces, xestas carqueixas e demais cousas comestibles que teñen aqueles montes, é a súa propietaria fachendeou todo o que quixo co mesmo.
Chegou o mes de san xoan e o pastor empezou a tosquear o magote. Iba collendo unha a unha as ovellas, e cunhas tiseiras especiais de tosquear, empezaba a cortar a lá hasta deixar o rixelo espidiño. Nunha destas tocoulle, a nosa cordeiriña, que xa era ovella, deixar nas maus do tosqueador o seu veldro diferenciado co mechón branco.
Buscando información fiable (pouca atopei), deime de bruces cun refran castelan que dí: “hay tres día en el año que relucen más que el sol; Jueves Santo, Corpus Cristi y el día de la Ascensión” mais parece que polo noroeste foi cambiado por este: “ hai tres dia no ano que relucen mais que o sol:O dia da matanza, o dia de tosquear, é o dia do Señor”. Por algo será, digo eu.
Chegou o mes de setembro, e entonces o noso mechón agarrado no veldro, foi levado o Tuela, donde foi metido na auga onde foi lavado e apaleado hasta quedar completamente limpo.
Unha vez seco xa cando o inverno escomenzaba a facer mais longas as noites, é facia que a xente se arrimera mais a lareira, onde por certo, se facian as torradas de pancenteo nas brasas, que despois se gorentaban cuns groliños de aguardente, entonces tamen se empezaba a escarrapizar a lá, que consistía en ir separando con xeito e paciencia os peliños da lá uns dos outros para deixalos limpos de calquer corpo estraño, pois para os procesos seguintes, debería estar limpiña. Normalmente este traballo facian-no as mulleres mais vellas da casa. Era un traballo de moita paciencia. Unha vez chegado a este punto, se a lá era para meter no colchón ou nas almofadas, xa non necesitaba mais que un vareo, que era atizarle cun pau para ahuecala.
Se a lá era para manufacturar cousas, o seguinte traballo era cardala, traballo que tamén facian as avoas, usando unhas cardas. Estas era duas tablas rectángulares con agarradeiros cada unha, é que pola parte interna tiñan unhas púas de ferro de uns dous ou tres centímetro de largo, distribuidas pola superficie de cada carda. Eran algo así como eses colchois dos faquires, pero en pequeno. Cada carda tería aproximadamente entre trinta e tritecinco centimetros de longas por quince ou vinte de ancho.
Para cardar, metian unha pouca de lá no medio das dúas cardas en pasaban é repasaban unha e outra vez unha contra a outra hasta que a lá quedaba “peinada”.
Despois viña o traballo de fiar a lá, que se facia con roca é fuso, e aporveitando as longas noites de inverno facianse os fiadeiros, que servian para algo mais que para fiar.
A roca era un pau que nunha das puntas tiña una abultación, esto dependia de quen fixera a mesma, habias verdadeiramente artisticas, e outras mais sixeliñas. O obxetivo desta abultación era para poder suxetar as manelas que se ian a fiar. (Creo que se chamaban así, mais non teño a total seguranza). A manela era a cantidade de lá que se ia a fiar, atábase á roca, e despois a fiadeira ia alargandoa a pellizcos, e coa axuda do fuso torcendoa, facendo o fio mais ou menos fino, dependendo do uso que despois se le quixera dar. Unha vcez que o fuso estaba cheo, sacabase o fio para un “novelo”. Tantas veces como fose necesario.
Co a lá fiada as mulleres facián calcetins, e medias para elas.Esto era un verdadeiro arte pois facianse de un so corpo, e decir que non levaban costuras. Os calcetins e medias facianse con cuatro agullas, é habia tamen verdadeiras obras de arte.
Os refaixos, as rebecas e chaquetos, facianse con dúas agullas grandes a tamén a “ganchillo”.
En tempos mais antergos, tamen se levaba a lá os batáns, donde se facian as mantas, capotes, saias e outras prendas mais “fortes”.
Por certo en Val dos Marcos, ainda quedan os restos dun batan, no fondo do prado do ti Isaac, en Belois. Escoiteile a os mais vellos que inda acordaban o mesmo traballado.
O mechón branco, acabaou tinxido de roxo nos carpins de unha menina.