Mostrando entradas con la etiqueta Verbas e ditos de Val dos Marcos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Verbas e ditos de Val dos Marcos. Mostrar todas las entradas
jueves, 3 de enero de 2013
VERBAS E DITOS DE VAL DOS MARCOS.
Encetémos un ano. Imos ver como o acabamos.
Hoxe acordeime de unhas palabras que nalgún día, case todos pronunciemos alá polo Val dos Marcos, cousa que me deu pé para facer unha entrada nova, con propósito de continuidade.É o propósito, facer unha entrada,cada-vez que me lembre de unha verba usada alí, sen dicir cual é, e logo ver se aqueles que leen as miñas chorradas acertan e din cual ou cuales son.
Aqueles que acerten serán agasallados oportunamente cun xongo mollado e os que non acerten e respondan entregarémoslle un gogo seco.
Nin o xongo, nin o gogo procederan daqueles xeixos relumbrois que hai no alto da Cachena.
Nesta canteira da Cachena coido que era onde o "ti Laudio", pai dos meus amigos "Milio" e Santiago, collía os xeixos brancos, que atizandole cos restos de unha lima, era quen de acender a mecha coa que matiña acesa a cabicha no canto da boca.
Había quen cos mesmos artiluxios era capaz de acender lume, como unha vez o tamén amigo meu "Loi", cando se quedou sen lume no monte e recorreu a esa maneira de conseguilo, iscando sobre unhas iscas das que producen algunhas urces. Creo que son as reáguedas.
Por hoxe xa está ben. Se conseguimos que algunha das verbas non se esqueza, xa será un pequeno aporte a fala arraiana do Val do Tuela onde éste se esconde camiño de Vinhais.
Que o 2013, polo menos non sexa moito peor que o finado 2012.
Apertas fortes e aloumiños para todosss....todosss.
Etiquetas:
Verbas e ditos de Val dos Marcos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)