¡Xa choveu!
Baixábamos polas
Teixugueiras. A Lua xa estaba a media altura. Diante de nos ia a nosa sombra,
remedando todos os nosos movimentos, e a demais, denunciando aquelas cousas que
non queriamos que fosen vislumbradas.
As manxoeiras ian
agachadiñas nun saco de esparto para que non fosen vistas. Mais a lua, que non
entendia de agochamentos, reflexábaas en negativo, xusto diante dos nosos pés.
Eu,a medida que
camiñaba, xa nos eidos do Prado Grande, andaba case a brincos tentando pisar na
miña sombra, a ver se era capaz de deixala detrás de min. ¡Non o intentedes,
sempre é tempo perdido!
Meu pai, que ia a
carón de min, díxome que él xa intentera noutra ocasión acompañando o seu, e
non o conseguira. Sabia ben o que eu estaba tentando.
Eran tempo de
Nadal,.Habia que tentar ás camelas, pous dentro da frixideira serian a ledicia
de toda a familia. Os peixes nas serras dos montes baixos leoneses, que eran aqueles, non
por ser de mares de terra adentro eran peores que aqueles que viñan en camións,
camiño de Madrid, e que o pasar polas portelas deixaban o seu arrecendo nada mais.
Cheguemos a raia, no
fondo de Cancelada, e nos prados de Parada, xa deixemos a primeira manxoeira. Eu,
non deixei descalzar ó pai, crucei o Tuela a marxe esquerda e no fondo do prado
do ti Salvador, armei a manxoeira.
Cando íamos a cambiar
de postura, berrounos o ti Marceneiro da Moimenta, que o parecer tamén andaba no
mesmo. Charlemos un pouco de case todo. Fundamentalmente do mal que andaban as
cousas. A xente pasaba fame. O que habia e Tras os Montes faltaba polas
Frieiras e a Xeabra, e o revés. Encima os guardinhas e os carabineros tiñan
demasiado celo polas cousas dos governos, e non facían a vista gorda.
Se alguén queria que
fixeran a vista gorda, deberia ter algo do que acusalos, cousa non demasiado
dificil, pous eles tampouco nadaban na abundancia.¡Os que pasabas grandes cousas, nunca os collían!
Seguimos hacia
arriba, e a segunda, armémola no vello paso do fondo de Veigadiz a As
Mendreiras. Era un lugar abenzoado polos Fados do riu daquel recuncho, pous alí
como a sorte fose propicia é a primeira en entrar fora unha bácora, seguro que
a manxoeira se enchía.
No fondo das
Callostra de Veigadiz armémola terceira, a cuarta debaixo do prado do ti “Lias”
de Vilares, e hasta o Prado Grande non estaquemos a cuarta, que xunto coa da
preseira do fondo de Penacoba, foron as dúas últimas.
Cuando volviamos otra
vez para a casa, volveu a sombra a porse diante de nós. Según meu pai,
perderamos tanto tempo que le deramos tempo a lua a porse sobre as terras da
Moimenta, e polo tanto facia que a sombra se puxera o reves da ida.
O dia vintecatro pola
mañá, cando íamos a levantar as manxoeiras, o empezar na de Cancelada, xa
pensemos que nos levanteran a pescata, pous no fondo das leiras habia duas
persoas. Menos mal que era o ti Marceneiro e o Marcelino da Moimenta, que
estaban a guardar a nosa manxoeira. O parecer outro individuo xa quixera
levala. Eles non le deixeron. Como despous me dixo meu pai ¡Eran uns bós
amigos!
Cada manxoeira tiña catro ou cinco camelas, menos a do Pasadeiro. Aquela estaba totalmente chea. Tiña encerradas dentro, según o ollo do vello, unha arroba (@) de camelas.
Cada manxoeira tiña catro ou cinco camelas, menos a do Pasadeiro. Aquela estaba totalmente chea. Tiña encerradas dentro, según o ollo do vello, unha arroba (@) de camelas.
Aquel Nadal, polo
menos tres familias, celebremos con trutas as festas.
O menú foi, mais ou
menos: Caldiño de berzas. Alleiras. Chourizas. Trutas fritidas con pemento,
allo e ben salgadas. Esterroxas a esgalla e despous do café un bon grolo de
aguardente, despous dun bon café, pasado de contrabando desde Portugal.
¡Foi todo moi ben gorentado!
¡QUE APROVEITEN OS
MANXARES DESTE PRÓXIMO NADAL, AMIGOS!










