Seguramente, o que vou contar, no le interesa a ninguén. A min sí, vin-no, acollonoume e non penso guardalo, nese sitio do cerebro que se gaurdan tantaas cousas por pudor.
Como todos sabeis, e senon digo-o, vai para trinta e cinco anos que vivo en Vigo.
Vigo desde Teis |
Tradicionalmente Vigo e Ferrol, sempre foron os motores industriais de Galicia, fundamentalmente pola súa industria pesqueira e asteleira en principio. Mais tarde chegou a industria do automóvil, que por esta zona como en outras atopou un “momio” dos gobernos de turno, mais tarde a construcción e demais caralladas que non fai falta recordar.
Polos anos sesenta Vigo e a comarca, o mesmo que Ferrol e a súa, eran zonas onde os productores catalans, vascos e pouco mais, tiñan un mercado fiel, sólido e en crecemento. Pequenos comercios que vendian de todo, pequenos comercios que cada un creaba catro ou cinco postos de traballo etc.
Veu a especulación, que entre outras cousas venderen-nola como progreso, e claro, o progreso sempre ven de “fora”, asentéronse por aiqui, as multinacionais, e os expertos en MK. Sabedes que nun segmento marquetiano, os que mais saben son os franceses con os seus sistemas de distribución: Carrefour, Dia, Alcampo, etc, e tamén o que se veu en denominar grandes almacéns, C.I., C.A, e outros que foron o tacho.
Esto ven a conto para decir que, co pequeno e mediano comercio, como dicen os libros de texto de economia, asegurase o 80% de emprego, quedando o 20 % para o resto.
Chegado a este momento a pregunta non me da a gana facela por evidente, sobretodo sabendo que as grandes multinacionais son capaces de deslocalizarse en 48 horas, deixar un feixe de parados, pufos inclumplidos, e non menciono mais, pois os meus coñecementos de dereito están obsoletos e non quero que me entrullen.
Pois ben, despois deste “introito”, ven o que queía decir:
Por razon de economia e tamén de saude, ultimamente cando vou ó que era parte da miña empresa,(por certo cada dia con masi problemas) vou camiñando. Eso conleva atrevesar Vigo desde Teis casi, hasta Samil. Se o contakilómetros do meu coche non minte, fago andando 9 kilómetros en cada sentido, ida e volta 18.
Ir a pé da para moito. Pensar, cansarse, acolloarse, e sobre todo ¡se vas atento ver!.
Como para ir atraveso casi toda a rúa Sanjurjo Badía, descubrín que nesta rúa hai seis mendicantes, as veces son oito. Están cos seus anuncios de MK, decindonos porque piden, e as súas dificultades actuais. ¡Xa sei!, os considerados emigrantes non os contei, por aquelo de que algúen dice oque dice. Para min son persoas igual canós, e gustaríame saber, que sería de nos de non ter un antepasado emigrante, que si no seu tempo, no lugar o que emigreron le fixeran o mesmo, nos non estariamos eiqui.
Zona de Guixar muelles e demais |
Pola rúa Garcia Barbón (por certo un emigrante que fixo moitos cartos “trasladando”negros as americas donde él emigrera) contei sete. Desde a Praza do Sol hasta a entrada de Tomás A. Alonso solo catro, pois está de obras, logo por Bouzas, xa os habituais que caseque que os coñezo a todos. Espero que se algún dia me fai falta me acollan.
Noutro día dediqueime a contar os locais que teñen pendurado un cartel de “se vende” “se alquila” ou “se traspasa”, coido que, nun portal sí e noutro non, ainos.
Fálase de economía mergullada ultimamente, e parece que queren que “aflore”, valame Deus, non creo que o problema sexan uns cantos lambóns que tiran do paro e dun choio noxento na maioria dos casos.
Inaugurando; Alcalde e funcionarios.¡Solo! |
Como estes días por aiqui son dias de inauguracións, por aquelo das próximas eleccións, deixovos unhas fotografías do que se está a facer e Vigo.
Se non vedes coches nas rúas, non é porque non existan, e porque os seus donos non queren ou non poden pagar a gasofa.
As fotos so collidas con móvil. ¡Eu queria un telefone, mais teño de todo!
Despois aínda hai quen di que os xubilados só miran as obras! Con ou sen móbil-cámara e quen sabe cantas cousas mais, ti fas radiografías sociolóxicas, historia económica do país, sobre a que os políticos deberían reflexionar para actuar e poñer remedio. Se non fose porque andan pensando en inauguracións, na procura de seguir subidos no tallo para que todo siga igual (ou peor).
ResponderEliminarHeii.. veciño! xa se te andaba a botar en falla.
ResponderEliminar¡Bonita maneira de chamarle a un inútil!.Eso de estar xubilado, no quere decir morto, todo se andará. ¿Imos a Brumoso pola S. Santa?.
Imos,se non se torce. E lémbrame que che pase un Amigo medo (Caminero) que teño para ti.
ResponderEliminarVeremonos logo. Obrigado polo A.medo.
ResponderEliminar