Mostrando entradas con la etiqueta Os Soños do Xabrés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os Soños do Xabrés. Mostrar todas las entradas
martes, 5 de febrero de 2013
Cousas que as veces poden ter sentido
Chegara a hora do exame. En realidade nunca antes pensara nel. Xa se sabe, hai cousas que se pensa que nunca chegarán. Aquel chegara.
O lugar era amplo, con fiestras grandes para tódolos lados. Unha mesa rectangular o medio, como aquelas que había nas feiras para comer o polbo e a merenda os feirantes.
Os lados da mesa, bancos corridos sen respaldo.
Eramos dous no exame. Aí estabamos esperando que escomenzera. Por unha banda da sala andaba un home afanado nalgún tipo de traballo. Apareceu unha especie de executivo, denotábao a vestimenta. Era diferente e algo mais elegante que a que se vira.
Saludounos con cara entre afable e seria e entrégounos uns rollos de papel. Parecían os rollos que usaban os hebreos para as súas escrituras, aínda que sen ser tan grandes e sen lugar onde enrolárense. Entregounos un lapis asaz raro. Tiña como uns cinco centímetros de diámetro e pouco mis de longo, afiado case desde o medio e cunha mina de mais de un centímetro de gorda.
Díxonos que tíñamos que facer unha redacción arredor de tres verbas: Deserto, mar, árbore. E liscou fora.
Quedei reflexionando sobre a maneira de enlazar aquelas verbas con algo de sentido, hasta que decidín comezar. Aquí empezaron os meus problemas. A mina do lapis derretíase, facía borróns, e as letras tiñan un tamaño descomunal. Así e todo continuei sen mirar a ningures, hasta que a mina do lapis derreteu de todo. Non tiña acabado inda.
Mirei pros lados e volvín ver o executivo o que le fixen un aceno co lapis. Ël encolleuse de ombreiros como dicindo que non era o seu problema. Entonces acercouse o home que estaba a traballar, e ofreceume o seu lapis. Era un lapis normal coma os que eu coñecía, mais non tiña punta. De casualidade tiña unha faca no peto, pequeniña que solo debía servir para iso: afiar lápices.
Con cada verba que puña no pergamiño aquel, acabábase a mina e volta a afiar, hasta que tamén quedei sen ferramenta da escrita.
Apareceu o executivo, colleume o papel no que garabateara algunha verbas, e ía apuntando cousas enriba. Eu estaba expectante a ver que ocorría, cando o outro examinando acercouse a min e díxome. Non tes problema, vas pasar a proba. Anota cada verba túa con sete e medio ou oito, así todas.
Chamoume e díxome que estaba ben, pero, que podía haber sacado mellor nota se non houbera introducido a figura dun home no relato. Xa me deran tres verbas. Defendín a miña postura dicindo que si non había un home, non habería quen vise o mar o deserto e a arbore. Quedou a cousa así.
Acercouse o home que traballaba por alí e díxome: pensa que todo o que escribas nunha historia acabará facéndose realidade con todas as consecuencias.
Mirei aquel personaxe, que, agora que o tiña cerca, pareceume enorme. Tiña uns pantalóns de pana con peto que le chegaban por debaixo dos brazos. Aqueles pantalóns estaban cheos de pegotes de pintura de tódalas cores, so se sabia que eran de pana o velos pola parte de atrás. Fixándome ben pensei que aquela cara érame coñecida.
Xa te diremos o que tés que facer,-dixéronme- de momento mira de arreglar ese reloxo que está na parede. O fixarme nel deime conta de que unha das agullas de marcar as horas estaba colgando saída do seu sitio. Puxen unha escada para subir o reloxo e axustei a agulla. Tentei de polo en hora e preguntei que hora era. Dixéronme que a mesma de cando entrei. Non sabia cando entrara ó que me dixeron que non me preocupara, alí as horas eran sempre as mismas, solo corría o tempo fora daquel recinto.
Cando le fun preguntar o home do pantalón cheo de tinta, alí xa non había ninguén, estaba eu solo e o compañeiro de exame que estaba comigo, mais este tiña cara de estar enterado de todo.
Non te preocupes, xa irás colléndolle o xeito a isto. Cando saias recolle as instrucións que te entregarán, estúdaas e sempre, sempre, acórdate de que debes seguilas o pe da letra. En caso contrario non poderás volver por aquí. O home da pintura coñécelo desde sempre.
Cando espertei, deume moita pena.
--continuará......
jueves, 29 de noviembre de 2012
VOLTOU A ESTANTIGUA II (O Tangaraño)
O Tangaraño.
A calentura do Sandín fixérase unha parte permanente, xa, da súa existencia. Levaba cerca de un mes, e non melloraba.
O médico, despois de varias visitas, non era quen de facerlle baixar a febre. Sempre rondando os 41º.
Non tiña mais síntomas que aquel. Os antitérmicos non facían o seu cometido.
En toda a comarca xa se comentaba aquela estraña enfermidade.
Os comentários daban pra todo. Incluso había quen dicía que o mozo o que quería, era escaquearse da arrancada de torgos
Un dia de aqueles, apareceu pola casa a muller mais famosa e tamén a que fora mais fermosa da comarca.
Entrou no cuarto do amigo Sandín acompañada pola tía Anamaría, a avoa.
Estaba o Alves fillo, embrullado nas sabas de liño amarelantes, un pouco con cara entre coña e asustado. Despous de tanto tempo quentando o xergón xa tiña o nariz afilado. Seguro que se le puñan un papel enriba das napias furábano.
Despois de pasarlle a mau pola cabeza, a tía Xosefa, nome da muller visitante, dixo mirando a avoa do mozo con unha rotundidade aplastante: Está entangarañado.
A tía Xosefa era mai de media ducia de rapaces, todos eles concebidos como consecuencia de desentangarañar a conveciños.
Os seu métodos terapéuticos, algunhas veces, consistían en transmitirlle calor de "unto vivo" o doente, según dicía ela.
- ¡Hai Xosefa, non digas iso- dixo a avoa.- Pode ser teu fillo!.
- Non te preocupes- dixo a desentangarañadora - esta vez o que compre é buscar unhas herbas.
O Sandín, no dixera a ninguén as súas visións da noite de marras. Estaba convencido de que se falaba delo, o ían a tomar por louco.
Desde aquela noite, na que vira A Santa Compña, e a muller descabezada, non volvera a ver nada mais.
Solo unha noite soñara coa muller do veciño. No soño ela dixole que a súa morte non fora como se deica. Ela fora envelenada.
Cando despertou, recordaba o soño perfectamente. Tampouco falou delo con naide. Co asunto das calenturas, é sabido que
os delirios están a orde do día.
A última vez que estivo con Sandín a súa noiva, contoulle que ela tivera un soño moi raro. Díxolle que, no soño, vira a muller do Ruiceibe que choraba, mais o raro era que levaba a cabeza debaixo dun brazo, ´dicía que a mataran dandole a cicuta.
Tamén le dixo que vira a Xosefa na Devesa buscando herbas, coido que anda a argallar unha das suas.
Sendín non le dixo nada das súas visións, e ficou pensando en todo aquelo que les estaba a pasar.
Tomou a decisión de falar co seu pai o día seguinte. Sí iso era o mellor. Falaría co pai.
Continuará....
martes, 27 de noviembre de 2012
VOLTOU A ESTANTIGUA..
O curral era compartido polos dous veciños. Entrando, pola banda dereita estaba a escaleira dos Alves. O fondo por unha porta chegaba se a unha escaleira interior que levaba a lareira dos Riuceibe.
A familia dos Alves estaba formada por catro persoas. A tía Ana, seu fillo Miguel a muller deste Marianela e o fillo destes últimos, Sandin.
A familia dos Ruiceibe estaba composta polo ti Gervasio, a muller Ana e o fillo de Gervasio que tivera coa primeira muller. Esta morrera un ano atrás.
Sandín Alves, aquela noite fora de ronda. Había unha rapaza no lugar que según dicían, a cousa xa ía camiño de voda.
Cando volvía do fiadeiro da casa dos pais da rapaza marchaba bastante enrrugado, alí como era costume falarase de todo á última hora. A conversa dos presentes derivera hacia a Santa Compaña. Coma sempre habia quen estaba a favor da súa existencia e outros que non tal.
Chamoulle moito a atención cando alguén dixo que a muller do Ruiceibe, a noite antes de morrer, fora diante de unha procesión de ánimas levando unha cruz, hasta a fonte da leira dos mortos.
Dicían os mais vellos que todo aquel que collera a cruz e non a pudera deixar antes da fonte, morría antes das vintecatro horas seguintes.
Cando o Sandín chegou a porta do curral, ésta estaba pechada coa tranca. Pensou que seu pai, sen darse conta de que él estaba fora, atrancou a porta por dentro.
Tiña que rodear a casa, para chamar pola fiestra que daba as hortas. Aquela fiestra era a do cuarto de seu pai e súa nai.
Cando estaba dando a volta detrás da casa, quedou medio atordoado durante un tempo indefinido. Diante de él subía unha procesión de ánimas encabezada pola Felipa, a muller morta de Ruiceibe.
Agachouse detrás dun silvaredo, e a procesión pasou de largo. Non o viran. Foi o que o salvou según os dicires daquela xente que sabia destas cousas.
Cando se repuxo do susto, acercouse a fiestra, e chamou polo pai, pedindo-le que le abrira a porta.
Volveu o portalón de entrada do curral, e cando chegou xa seu pai estaba alí, ríndose de él, pois según le dixo, a porta non estaba trancada.
Marchou a cama sen facer ningún comentario, e bastante preocupado polo que vira.
Unha vez deitado, xa non estaba seguro de se o soñara, ou fora real.
Sobre as tres da madrugada Sandín tivo un apretón da vexiga. Como en todas as aldeas da zona, os mozos, aliviaban a vexiga desde o alto do balcón que colgaba sobre o curral.
A noite estaba totalmente estrelada, e como consecuencia dos aires de norte, estaba a caer unha xeada que case le deixa conxelado o "tubillo" de mexar. De sútaque quedou él mesmo conxelado pous diante da porta da familia do Gervasio estaba a ánima da muller morta.
O mozo quedou abraiado e apalambrado de todo.
¡Aquela muller levaba a cabeza segada e debaixo do brazo esquerdo!
O dia seguinte, a familia Alves tivo que chamar o galeno, pous o mozo estaba a delirar constantemente, e o termómetro andaba rebasando os 40º.
Continuará....
martes, 23 de octubre de 2012
¿QUE ES EL TIEMPO Y LA ILUSIÓN?
Habían llegado a mi
casa, sin avisar. No hacía falta, pues ellos sabían que siempre eran bienvenidos.
Una vez instalados,
tomando una copa de un estupendo albariño mientras preparábamos la cena, él y
yo asábamos unas costillas mientras las señoras aliñaban una ensalada de
estupendos tomates y berros de la “poza” de Vilares. La compañera de nuestro
amigo me preguntó si ya sabia el motivo de su visita.
Le dije que no.
Queríamos – dijo – ir
al Castro de As Muradellas, pero a la parte derecha del río. Tengo la teoría de
que enfrente del castro actual tiene que haber restos de una parte del mismo.
Debo aclarar que
Xiana, era arqueóloga, con prestigio reconocido, llevaba ya varas publicaciones
sobre los castros del noroeste. Uxio, su compañero, ya jubilado era un experto
en religiones comparadas y sobre todo en hinduismo. Había sido profesor en
centro Europa, estudiado en Calcuta, y se había jubilado como profesor en
Lisboa.
Decidimos que iríamos
al castro al día siguiente. Tendríamos que madrugar, pues los días de
Septiembre ya empezaban a ser menguantes. Una vez que hubimos cenado,
preparamos una merienda para el día siguiente. También se decidió que iríamos
por la margen derecha del río, por el antiguo camino que unía San Ciprián con
Castrelos, y seguiríamos por los antiguos caminos que comunicaban los campesinos
de Castrelos con sus haciendas de aquel lado.
A la mañana siguiente
iniciamos el recorrido por A Ladeira, Mouromorto hasta llegar al couto de
Castrelos. Aquí el camino empezaba a perderse, pues desde que los ganados
dejaron de ser vecinos de aquellos pueblos, cada vez mas el monte se adueñaba
de todo.
Al pasar por debajo
del paraje llamado Val de Butre, el camino ya casi no existía, cada vez había
mas robles a nuestro alrededor. Pasar por el medio de aquellos enormes robles
era una verdadera gozada bajo el punto de vista de la belleza que se
contemplaba con las cristalinas aguas del Tuela al fondo.
Seguimos caminando,
pero el camino ya no se sabia por donde iba.
En un momento
determinado, yo, que era el que conocía
mejor la zona, empecé a pensar que estábamos perdidos. Cada vez estaba mas
convencido de que el camino que estábamos a seguir no era el adecuado. A medida
que avanzábamos crecía mi convencimiento de que no podríamos llegar al castro. Aquello
no tenia explicación, parecía que estábamos perdidos.
Se lo conté a mis
compañeros, pero todos estábamos de acuerdo en que no teníamos problema. Solo teníamos
que seguir el cauce del río en sentido inverso y volveríamos a casa.
Dimos la vuelta para
regresar al ver que no podíamos seguir. Como el camino no era transitable, y
ante el temor a perdernos decidimos seguir la orilla del río como referencia,
por si era el caso.
Los árboles de la
orilla del río, tenían un porte verdaderamente soberano. Aquello cada vez era mas
raro. Aquellos árboles eran casi desconocidos para nosotros. Habíamos pasado de
tener unos robles enormes a nuestro alrededor, a ver unos árboles mas parecidos
a secuoyas que a los autóctonos..
Paramos debajo de un árbol
frondoso para descansar y comer algo para reponer fuerzas. Comentamos
asombrados y no sin temor, aquel cambio en el paisaje. Empezábamos a estar
seguros de que nos habíamos extraviado. Pero, ¿Cómo podía ser?, el valle del
Tuela no era necesariamente un lugar extraño y donde se pudiera perder uno. Estaba
el río, las fincas de ambos lados y las montañas que nunca habíamos traspasado.
Uxio se acercó a la
orillo del río y me llamó, diciendo que no me iba a creer lo que había. En el río
se movían de un lado para otro muchos peces, algunos con un colorido brillante.
Estábamos pensando en lubinas, aunque sabíamos
que no era posible su existencia en el río. Definitivamente estábamos sufriendo
algún tipo de alucinación, pues todo aquello era muy irreal. El problema era
que éramos cuatro y los cuatro veíamos lo mismo y teníamos la misma sensación,
de irrealidad.
Terminamos los
bocadillos y reanudamos la bajada por la orilla del río.
Cada vez era todo mas
irreal. Después de caminar unos kilómetros, ya estábamos convencidos de que nos
habíamos perdido. Pero eso parecía imposible, solo habíamos estado caminando
unas cuantas horas y como mínimo habíamos caminado unos ocho o diez kilómetros.
Empezamos a
angustiarnos, pues ya no conocíamos ninguna parte de la rivera del río, lo
mismo que las partes visibles de las montañas.
Para relajar el
nerviosismo y medio en broma comentamos la posibilidad de que hubiésemos caído
en una dimensión desconocida del tiempo. Nos acordamos de la teoría del desdoblamiento
del tiempo y eso nos dio pié para fabular sobre ello.
Se hizo de noche, la
noche era tremendamente oscura, y decidimos posponer nuestra caminata hasta que
volviese el DIA, o bien la luna nos ayudase para poder caminar.
Quedamos todos medio
dormidos, durante un breve tiempo. Al despertar ya había claridad suficiente
para seguir andando.
Nos pareció oír unas
voces. Voces que cada vez eran mas fuertes y que en un momento determinado
identificamos como voces que nos llamaban.
Nos pusimos en marcha
en dirección a donde sentíamos que nos llamaban. Al empezar a andar nos dimos
cuenta de que el paisaje había cambiado, ya volvía a ser el mismo del principio. Pero el
lugar donde estábamos no era el mismo que el que pensábamos. Estábamos a varios
kilómetros, del destino inicial. Estábamos
en la frontera con Portugal, justo al lado de “A Ponte do Cunqueiro”.
Cuando llegaron a
nosotros los que nos buscaban, después de los abrazos y alegrías de rigor, nosotros,
los cuatro, quedamos asombrados por lo que oíamos. Habíamos faltado durante
ocho días. Nosotros estábamos convencidos de que solo habían sido unas diez o
doce horas.
Decidimos no decir
nada, pues no teníamos explicación ni ganas de darlas.
Casi nos sucede lo
mismo que a San Amaro de Armenteira o a San Borondón- dijo Uxio- Aunque creo
que nosotros no somos demasiado santos. ¡Va a ser que encontramos una ventana
desconocida en el tiempo!
Acabamos todos
riendo, ya en casa y volviendo a saborear unas copichuelas de licor-café.
Volveríamos a las
Muradellas, pero esta vez en coche y por Rañalobos, por si las moscas.
viernes, 30 de marzo de 2012
¿SERIA ASÍ O PRINCIPIO?
Abri os ollos, e volví cerralos. Amordiqueime nos brazos, pous seguro que estaba a soñar.
Dous ou trescentos metros debaixo do alto no que me atopaba, alí estaba:
Un poboado de chozas, como as pallozas prerrománicas, co teito de o que, desde a miña postura, pareca colmado de palla ou algo parecido.
Desde a miña posición no altiño, contaba abaixo, no medio duns arbore grandísimos, catorce ou quice chozas.
Non se via a ninguen polos arrededores. Solo aquelas arbores de copa estrana, mais ben plana e algo escangallada. Como esas árbores que se ven nos documentais que saen nas televisións cando dan reportaxes de Africa. Eso sí, moi altos e a copa esparramada.
Empezaba a clarexar o día, e entonces empezou a haber movemento polo poboado. As primeiras que ví foron dúas mulleres que se alonxaron unha decenas de metros da aldea e subironse a unha arbore que alí habia. Era unha arbore que a gallas parecian espiñas. As mulleres ian desnudas da cintura para arriba, so levaban un pequeño taparrabos e descalzas. Recolleron uns fruitos que o arbolexo tiña e volveron as chozas.
Foron saindo mais mulleres das pallozas, mais por alí non se via a ningún home. As mulleres empeceron a xuntarse a beira das chozas, armadas con paus. Escomenceron a cantar e a cabar a terra con aqueles paus afiados. Estou seguro que o que pretendian era labrar a terra para sementar algo.
Nove ou dez mulleres, sairon da aldea en dirección a un rio que pasaba cerca. Levaban uns lareiros e unha rede en forma de cesto moi grande. Deiteron aquela especie de rede no fondo do caudal da auga, deixando unha parte a flor da mesma. Algunhas das mulleres empeceron a bater cos lareiros na auga, na parte oposta donde estaba a rede, e ian acercandose a mesma. Nun momento a muller que parecia a que mandaba nas outras, deu un berro e todas o mesmo tempo levanteron os bordes da rede na que habia un bon mangado de peixes. Foron escollendo algúns e devolvendo-os o rio. Solo colleron os que consideraban de bon tamaño e os mais axeitados. En pouco tempo volvian as chabolas cunha boa carga de peixes.
Cuando as peixeiras volvian empeceron a sair das pallozas rapaces que ian acompañados por otras mulleres que parecian mais xovenes que as que xa vira. Habia unha muller que levaba nas costas un rapaz, metido nunha rede que colgaba dos hombreiros. Era un bon sistema para sair con el, deixabale as mans libres.
Todas as mulleres parecía que tiñan un papel asinado, e todas parecia que o levaban a cabo con a maior celeridade e perfeción.
Chamoume a atención que por alí non houbera ningún home. Aquelo no podía ser un pobo de amazonas, pous había rapaces, que alguén debería haber enxendrado.Ou polo menos axudado.
Con sigilo cambieime de lugar de observación, pous non quería que me viran, mais que nada por medo. Non sabía que reación teria aquela xente o atoparse cun especimen distinto a eles.
Cheguei a outro outeiro, desde o que divisei unha choza armada no alto dunha arbore, e debaixo unha especie de galpón rectágular. Alí solo habia homes.
Apareceu un cun porco montes morto o lombo. Sairon dous vellos do galpón, racheron o porco a metade, e o mesmo que o traia, levou unha o poboada das mulleres, quedandose os homes co resto.
A beira do galpón había unha dúcia de homes a redor dun lume. Puiden ver que nas brasas estaban a asar unha espécie de escarabellos e gusanos, de un tamaño considerable, de uns sete ou oito centímetros de longos e gordos coma dedos. Cando estaban asados puxeronse todos a redor, despous do berro do que parecia o mais anciano, e foron comendo o que parecia un festín para eles. Ian coemdo e cantando, ou algo parecido. Polo menos daban berros.
Hos homes tamen ian desnudos da cintura hacia arriba, solo levaban unha espécie de canuto sobre os organos sexuais, que casi sempre collain cunha das mans. Parecia que estaba couidando das súas partes íntimas.
Parece que os homes, sempre fumos aficionados a presumir dos nosos atributos. Supoño que se os atributos dos burros foran trasladables, todos estarian capados.
Cuando os homes acaberon de comer, sesteeron polos arredores. Cando acaberon as mulleres, volveron a buscar froitos, e cuidar das criaturas.
Alí daba a sensación de solo facian algo útil as mulleres. Os homes zanganeaban.
O sonido dunha sirena dalgunha fábrica despertoume. Estiven pensado naquelo caseque todo o dia.
lunes, 21 de marzo de 2011
SUEÑO MUY PROBABLE
Un día cualquiera de la época de la globalización, ¡solo económica eh!.
El mundo capitalista había acabado su estúpida etapa de crecimiento constante tendente al infinito.
Pero todo era limitado, muy limitado.Esa cosa fantasmagórica y de rostro desconocido, pero existente, llamada los mercados, tenían que hacer algo para seguir creciendo, ellos naturalmente.
El mundo capitalista había acabado su estúpida etapa de crecimiento constante tendente al infinito.
Pero todo era limitado, muy limitado.Esa cosa fantasmagórica y de rostro desconocido, pero existente, llamada los mercados, tenían que hacer algo para seguir creciendo, ellos naturalmente.
Algún cerebro descerebrado junto con los de sus colegas que no sabían nada mas que vivir de los currantes, idearon la manera de solucionar el problema.
Primero diagnosticaron que la población de la tierra era excesiva. Para crear economía nueva había que deshacerse de la vieja.
No podían seguir eliminando gente y deshaciendo estructuras a la manera tradicional solo. Las guerras ya empezaban a estar mal vistas por la mayoría de la población, y encima las nuevas técnicas de comunicación ya eran imparables.¡Podía volverse todo en contra de ellos.
Había que crear desastres naturales. No era tan difícil. Ellos tenían dinero y podían comprar los medios necesarios.
Los gobiernos de las naciones eran muy mediocres, estaban atados de pies y manos por sus deudas partidarias, y no se iban a enterar de nada, o no querrian hacerlo.
Los gobiernos de las naciones eran muy mediocres, estaban atados de pies y manos por sus deudas partidarias, y no se iban a enterar de nada, o no querrian hacerlo.
Una vez determinado el diagnóstico y elegido el plan, solo era cuestión de ponerlo en marcha.
Se buscó por donde empezar. El mejor sitio eran las islas japonesas, por su situación y porque estaban superpobladas y al lado de una gran falla tectónca. Una gran potencia emergente al lado, y lejos de los mundos, llamados occidentales.
Lass fallas en el fondo del mar, conocidas por sus constantes movimientos, ya tenian acostumbrados los nipones a losterremotos.
Introdujeron una potente bombanuclear entre la simas de dos placas tectónicas, la hicieron explosionar, y el resto lo hizo la Naturaleza.
La primera consecuencia, fue un gran maremoto, que a su vez originó un grandísimo tsunami que casi arrasó las islas, pero no contaron con que una de sus fuentes de riqueza les iba a dar problemas: la energía nuclear. Todavía, a lo mejor nunca, serian capaces de controlarla. Eso le importaba un bledo, mientras ellos no estuviesen cerca. Si mueren seres humanos de otras latitudes, les da lo mismo.
Después del maremoto inicial, vinieron réplicas y contrarréplicas, de gran intensidad. Las centrales nucleares con problemas al principio, terminaron contaminando un amplio radio de acción.
A raíz de todo esto, se produjo un terremoto en la famosa falla de San Francisco, Es sabido que a toda acción siempre hay como respuesta una reacción. Esta fue de tal tamaño que la parte occidental de usamerica quedó destruida.
La Tierra sufrió una terrible consecuencia: el eje sobre el que gira se desplazó 45 º, llevando los polos a puntos del ecuador, y estos a su vez se convirtieron e zonas donde el Sol manda sus rayos de manera vertical.
Deshielos, cambios de situación de la masa de agua, llevaron al desastre a esta estúpida humanidad.
Deshielos, cambios de situación de la masa de agua, llevaron al desastre a esta estúpida humanidad.
Desperté sudando y al asomarme a la ventana vi. que Trasil seguía en su sitio.
Todo parecía en orden salvo una cosa; el sol no salía por La Tejera, salía casi por Padornelo.
Todo parecía en orden salvo una cosa; el sol no salía por La Tejera, salía casi por Padornelo.
domingo, 6 de febrero de 2011
A LIBERDADE É MAIS VELLA QUE O MUNDO
Menguaba a comida, decia un vello que estaba en cuarto menguante. Levaba demasiado instalada nese cuarto, xa tiña a pinta de ser un cuarto de século.
A fame, e a neceisade, eran inversamente proporcionales óaumento das viandas que as podian desterrar.
Aquel dia o Cormanlareiro non tiña un bon día. Levantérase tarde. De noite non pudera dormir. En Val dos Marcos estaban a pasar cousas, dixéramos que non normales.
Pola mañá estivera na pallarga palustre do Souto, onde vivía aquela familia desde facía quince días. ¡Polo menos, agora tiñan un pouco mais de espacio! Cando vivian na troba do castañeiro estaban algo encunicados. ¡Era denigrante ver que naquelas alturas da vida inda habia xente que tiña que vivir así, tres fillos e un matrimonio, non tiñan onde vivir!.
Deixou de pensar naquelo e decidiu que xa era hora de ir subindo a Rechouso. Xa chegaba tarde, seguro que xa os outros tiñan dez cobas cada un.
Cando chegou as vellas leiras de Rechouso, deronle a benvida os dous fillos do Vicente, o Severino e o Barrabás.(Creo que este nome era o que mais le gustaba).
-¡Vais a ir todo o dia detrás de nos!- berroule o Barrabás,
El colleu a piocha e púxose a facer covas a súa altura decindo- Pola tarde xa me axudaredes a facer as que quedan atrás-
Aqueles homes eran especiales.Sempre estaban de bon humor, sempre animando os compañeiros, e a hora de comer smepre estaban de coña, mais a súa tamborela, auguaza de pan e cuatila de viño, nunca fallaban.
Mais tarde, o Cormanlareiro,pensou que era bastante peor a vida daqueles rapaces que a dos inquilinos da pallarega palustre. Os habitantes de esta última, co tempo mellorérale a consideración da deusa fortuna. A vida dos fillos do Vicente quedou escochada, probablemente cando mellor empezaban a vivir.
A última hora, despous de cuntar as covas e que o Andrés tomera nota das mesmas,volteron para as aldeas.
O Cormanlareiro non baixou polo camiño das Carbuizas. Polo Ladeairo, cruzou hacia Rebordelo onde tiña unha cita coa muller mais bela do mundo e a mais libre. Craro que tamén era a mais vella e a mais lista. Non era lista por vella, era lista de seu.
A cita tivera-a través dun soño un dia antes. Era un home que creia neles. Tamén era un home que especulaba moito con as cousas que decian os libros dos antiguos. El solo queria saber se aqueles libros decian a verdade.
Oira falar da primeira muller de Adan chamada Lilith.
Non estaba seguro de que o soño que tivera o saquera de dúbidas, mais como decia él, se non se morde un limón non se pode saber que é acedo.
Quederan en verse na chaira da portela, onde acababan os carreiróns que subian polo Pereiro.
Chegou, xa entre lusco e fusco ó lugar da cita, mais alí non habia ninguén. Decidiu esperar un tempo. Sentouse a beira das pestanas que hay por enriba da caldeira da Aillande, e quedou dormido.
Cando espertou tña o seu lado a muller mais hermosa que nunca vira. Tiña unha mirada franca, limpa e o mesmo tempo tenra e agarimosa.
Ficou algo espantado coa aparición, e notábasele o medo na cara, un gran terror. A muller cunha voz, que parecia que o abarcaba todo díxole que non tivera medo. ¿Acaso non fora él o que quixera falar con ela?.
Todo o que liche naquel libriño de cubertas de coiro e que tes agochado, é certo. Eu son Lilith, a primeira muller de Adan. Solo te autorizo a contar o motivo polo que me separei del, mellor dito, o motivo polo que o Creador me deixou liscar, e le fixo unha nova compañeira.Agora pecha os ollos pois non podes ver como marcho.
Cando abriu os ollos, Lilith desaparecera, e él estaba sentado a carón do lume na súa casa.
Recordou o que lera sobre Lilith.
En resumen, Lilith despous de un tempo convivindo, e colaborando con Adan pediule o seu creador que a deixera liscar de onde él, pois Adan non acababa de entender que por que foran diferentes, non eran distintos, e non tiña dereito de subordinala, ela queria estar a mesma altura e tomar decisións xunto a él.
En definitiva no queria estar “debaixo” del, pois eran iguais.
O Gran Facedor díxole que Adan era un bon rapaz, ó que ela respondeu: Si é un bon rapaz, mai é un pouco pailán.
O Creador aceptou a súa petición, mais díxole : Supoño que eres consciente, que vais a desaparecer da memoria dos homes, e sobre todo dos seus libros que eles chamaran relixiosos.
Seino, respondeu ela, mais a miña liberdade, destema ti e non quero que ma coarte un pailán creido.
Cando espertou o Cormanlareiro, no sabia cando nin como fora a cama.
martes, 14 de diciembre de 2010
"BURACO" DE GUSANO EN EL ESPACIO TIEMPO?
La hora era indefinida. Estaba debajo de la parra de uvas do rei, de la casa del abuelo Antonio. Desde o souto venia un alboroto de voces fenomenal, mezclado con los bramidos de vacas.
Estaba mi padre escuadrando unha torada, debajo de la parra. Miró para mi y entendí por su manera de mirarme que debía acercarme a Cova de Frade. Bajé bordeando la rectoral y al pasar por delante de la casa de a tía Aurora, ella estaba barriendo la escalera con un viejo barredeiro de xestas. Lo levantó en señal de decirme adiós . Al dar la vuelta por delante de la casa da ti Rosario, acompañóme Chencho hasta a aira das Pirlas . Al llegar allí, por delante de nosotros había una espesa niebla que no dejaba ver mas de un metro al frente. Iba en mangas de camisa y decidí dar la vuelta para ponerme un jersey. Al regresar a la plaza delante de a escaleira da tia Higinia, allí hacia un sol de justicia, y sentados delante estaban dos viejos que con las prisas no identifiqué.
Subí corriendo hasta la entrada de la casa de mi abuelo. Cuando llegué estaba mi padre atendiendo a un guardia civil, que al verme dijo, mira ahí está.
Me acerqué, y entonces el guardia me preguntó: ¿no estabas cazando los corzos? ¿Dónde los has dejado?. Un poco asombrado le miré y le dije: No, no estaba cazando.¿No lo vés?, estoy ayudando a mi padre. Eso ya lo veremos- contestó- ¿Dónde tienes la escopeta?. Ya un poco cansado de las maneras de aquel individuo le dije de forma no demasiado correcta- ¡Joder!, pareces tonto, la escopeta la tenéis vosotros en el cuartelillo desde ayer. La deposité por unos días. Aquí tienes el recibo firmado por el cabo.
¡Te voy a “meter” una multa de cinco duros por contestar mal a la autoridad!, dio media vuelta y se fué por la parte de atrás del sagrado , justo cuando llegaba al lado de mi padre O ti Víctor que dijo, los cinco duros no te los salvan ni las ánimas benditas. A mi me los jodió por llevar ferrón na vara da guillada.
Volví a bajar hacia a plaza do forno, cuando por el camino de la fuente do Souto ví bajar una enorme vaca con mulida na cabeza e as cornais arrastrando y siete u ocho mozos corriendo y dando voces por el camino de Falgueiras.
Aquella enorme vaca, que en realidad era un enorme toro con cuernos como de ciervo, entró en la plaza dejando detrás de sí unha enorme borralleira y guiando por delante de la casa da tia Rosario, se metió por la canada das Mioquiñas arrastrando con él aquella negra niebla.
Al rebasar a portela de Rebordelo me pareció verlo mirando hacia el pueblo, parecía ya más que un toro una especie de cabrón gigante, con dos caras. ¡Era bifronte!.
Cuando regresé a la parte de o forno, las casas, la mayoría estaba derruidas, la calle asfaltada, O forno también caído y la parra de mi abuelo no existía. La casa rectoral y la de mi abuelo estaba caída, la fuente no existía. Lo único que encontré fue la imagen de San Cipriano que había en la pared de la casa. El Santo, tenía en la mano el aviso de una sanción por veinticinco pesetas a mi nombre que decía: Por faltar al respeto al guardia civil, a continuación venia el nombre que apenas se leía.
El cabrón-toro, había regresado y desde la corona del castro soltaba un rugido similar a una carcajada debajo del agua.
El cabrón-toro, había regresado y desde la corona del castro soltaba un rugido similar a una carcajada debajo del agua.
Foto: La parte clara.
sábado, 3 de julio de 2010
¡TEIMAS!
Parecian tronos, ou eso foi o que pensei cando me decatei.
Apliquei a orella, e o estrondo estaba alí. Debia ser unha tormenta forte, seguramente estaría centrada no alto do Marabón, e o eco facia que parecese que non habia solución de continuidade na tronada.
Pasados uns segundos decidin abrir as fiestras para enterarme mellor, pois aquelo empezaba a soar raro.
Mellor era sair ó camiño a enterarse. Era estrano, pois habia un sol radiante ainda que eu creia que era de noite.
O ruido era cada vez mais grande, e o raro era que non habia ni unha alma as vistas. Pensando ben, non so non habia xente, non habia cais, nin gatos, ni páxaros. Os vencellos desapareceran e os pardais tamén. Incluso as follas das parreiras non tiñan cor e a figueira do “Loy” estaba esmochada.
O ruido cada vez era mais forte, parecia o dun avión demasiado baixo. Mirei o frimamento e, aquello non tiña pés nin cabeza. Habia un sol pola zona do norte, nembargantes estaba nublado, mais así e todo víanse as estrelas, eso sí a estrela polar estaba enriba da Serra da Escusaña.
Carajo, pensei, o sol camiño de Porto, a polar enriba do Çeive sinalando o sur, ¿Onde estará a Lúa?.
¡Carballo!, ¡Menuda pea debin de coller onte!
Non pode ser levo tres semanas sen beber ni gota. O tratamento con antibióticos é incompatible co mesmo.
Empezou a aparecer por Montemuga. Era un avión que en poucos minutos encheo todo o que se via do firmamento.
Cando prestei atención a todo aquelo, descubrin que o avión non era tal. ¡Eran infinidade de avións pequenos, bailando por enriba e por debaixo das néboas, e por enriba de todo parecía que non estaban suxeitos as leises da gravitación universal, polo menos tal como nola contaban!
Canbiaban de rumbo sen mais, retorcianse, fundíanse uns nos outros. Fusionabanse e fisionabanse sen sentido aparente.
De repente un deles desviouse dos demais a baixou direitiño a min. Despedinme do mundo, pois tal como baixaba cada vez era mais grande. Aquelo ia a aplastarme irremesiblemente. A milimetros da miña fazula cambiou de rumbo, fixo un rouso de cento oitenta graos e desapareceu.
As néboas desapareceron, o sol tamén, a estrela polar estaba de novo no seu lugar, e a lúa, grande como a roda dun carro, facia que se viran todolos corrunchos.
Fixeime na parede do Sagrado, e alí estaban sentados unhas cantas persoas, que algún día o foran. Diante de min estaba un home alto, seco, cunha mirada agarimosa, que agarrandome por o códabo díxome : Alguen dixo que todo era relativo. ¡Volve a cama!
Era o home do Capote Remendado.
sábado, 10 de octubre de 2009
RECEITA CONTRA UN VIRUS

HAI UN VIROS MOI RESISTENTE NO PLANETA TERRA.
O principio queria titular esta entrada así : hai unha nova triloxia de deuses na terra, mais considerei que era demasiado inmaterial é non reflexaba a realidade.
Polo tanto imos ó que imos. Hai un virus indecente e de dificil erradicación que xa está tan estendido, que xa caseque podemos considerar que se fixo imprescindible.
Vexamos: Está en todolos lugares, eso si disfrazado de distintos xeitos, polo que ás veces é moi dificil de detectar. Chegou a facer unha simbiose tan grande e tan disimulada que ogora mesmo a metade ou mais da humanidade non pode vivir sen él, é o que é o peor esa metade case o impón o resto.
Chegou a facerse o dono das nosas vidas que moitos creen imposible vivir sin él. Se desaparece moitos pensan que non o soportaría. A luz desapareceria polo que quedariamos as oscuras, tamén desapareceria a comida, pois agora todo depende del. Desaparecerian as diversións audiovisuales, desapareceria en definitiva casi de todo, pois sen ese virus quedariamos un pouco, a depender de nós mesmos, e eso parece que xa o olvidemos.
Pensade un momento: ¿que relación atopades, ou mellor dito, cual é o denominador común entre os nseguintes servicios?: A energía para as casas. O telefono.A nómina que se cobra a fin de mes.A internet. As compras nos comercios. A auga que nos chega a billa da cociña.A suscripción a prensa. O pago dos colexios ou similares dos rapaces.
Así poderia seguir facendo crecer a lista de forma caseuqe infinda.
Eu atopei a relación para todos os mencionados e os que non mencionei, que se queiran añadir: A BANCA.
Non podemos contratar ningunnha cousa, sen deixar un número de conta para que nos carguen os recibos, polo tanto todo quisque debe ter unha.
Se non tes unha conta nun banco ou nunha caixa de aforos non eres ninguén, pois non poderás ter nada. Naide te suministrará nada se non le dis donde te pode cobrar. ¡Eso sí naide te irá a cobrar a casa!, salvo que le debas muto a alguén é decida contratar o cobrador do frac, que seguro que depende de un banco ou de unha compañía asociada ó mesmo.
A banca fíxose tan imprescindible nas nosas vidas, que é impposible prescidir dela. Eso sí, se os dirixentes da mesma especulan e meten a pata, o fin temos que pagarle todos a desfeita, pois como ten agarrado polos Eggs, ós politicos, ameaza co colapso e caos total. E nos como pardillos creemolo. Non nos paramos a pensar na cantidade de diñeiro que, aparte dos beneficios, se levan os directivos cos famosos contratos blindados.
O outro dia escoitei a un verdadero parvo decir que os que mais sabian habia que pagarles para...... non sei que, pois ainda non escoitei falar de contratos donde se le esixan responsabilidades ós que fagan as cousas mal. Remitome ó último desastre economico-financiero mundial, que evidentemente é moi claramente é un problema de xestión dos sesudos da banca é da especulación da mesma. ¡HABIAQUE MANDALOS A GALERAS A TODOS, POR CONTRATO BLINDADO!
Eu considero que esto é un virus.
Creo que teño a meciña para o mesmo. QUE TODO O MUNDO LEVE OS CARTOS PARA O COLCHÓN.
Teriamos uns meses de convaLecencia, mais Ó fin volveriamos a vivir mellor que antes da infección.
Daria gusto pagarle todos os meses a ese feixe de cobradores que aPareceria pola porta, a luz, o telefono, o periodico etc. etc. E o masi importante cada fin de mes poder sobar os cartos antes de metelos na caixa dos zapatos.
Acabariase o pagar comisión desto e de aquelo, intereses por esto e aquelo, comisión por apuntes, sen que naide te consultera antes, pois se querian cobrarte calquera cousa destas terian que pedilo e ti estaria no dereito de negalo.
Buffff. ¡Que carallada!.
En Val dos Marcos un bon sitio para meter o diñeiro, seria o trobo dun cstañairo. ¡Xa veríades como non volvian a arder!
sábado, 3 de octubre de 2009
¿ARAS SOLIS POLO FISTERRA?

Estaba mirando aqueles barrancos enormes hacia ó mar, no al to da Serra da Capelada. Os ocres do outono rebrincaban nas follas das arbres o que nos estaba decindo que andaríamos polo medio da estación do Outono.
Corría unha brisiña que afeitaba en seco, é aproveitando un sainte granítico que na sua parte sur resguardaba o frio do norte, o mesmo tempo que ó sol se deixaba caer por enriba dun, e agarimabao, quedeime dormidiño.
Soñei que estaba ó pé dun amilladoiro, descansando cando a miña beira chegueron dous pelegrins, tamén polo visto bastante cansos.
Sen saber como nin como non, descubrín que aqueles pelegrins eran : Xesús e San Pedro. Estaban cansos e tiñan moita sede. Sobretodo San Pedro, queixabase bastante e clamaba por un chisco de auga.
Entón Xesús mirou ó ceo e pediu algo para calmar a sede. Do Alto, caeu unha fermosa mazá. Colleuna e cunha navalliña escachuna a metade para compartila con Pedro.
Do medio da froita, saiu San Andres laiandose, de que fora destinado o fin do mundo e que alí non ia naide, polo que non podia cristianizar a ninguén.
Entón Xesús dixólle que non se preocupera, que alí, en Teixido ia ter lugar unha das mais grandes romarias da cristiandade.
Despois desto vin pasar uns poucos séculos, e volvin a atoparme, esta vez con Andres, queixandose de novo a Xesús, decindole que le tiña mais apego a Iago, pois as romarias de Compostela eran moito mais populosas que as del, ainda que él levaba mais tempo alí.
Enton Xesús díxolle que non tivera pena, pois ia determinar que naide puidera ir ó ceo sen antes pasar pola súa capela.
Alí terian que ir todas as almas antes de subir o ceo, as que non foran cando estaban encarnadas, deberian volver a Terra e peregrinar ó que daquela seria coñecido como o santuário de San Andrés de Teixido, co corpo do primeiro ser que atoperan o reencarnarse.
E por eso, que si algunha vez ides a Teixido, non debeis de pisar ningunha clase de vicho co que vos atopedes, pois seguro que é a alma de un pelegrin, que non se acercou por alí cando estaba vivo.
Desde entonces, no dito popular está recollida a frase que dí: A San Andrés de Teixido, vai de morto que non foi de vivo.
Os impios, din que todo eso é unha trapallada, pois aquel lugar xunto co de Fisterra sempre foi un sitio donde se adoraba o Sol. Mais ben creo eu, que alí iban a rezar polas noites, pois como o sol tódalas tardiñas se mergullaba no Mare Tenebrosum, tiñan medo de non volvera ó dia seguinte.
Espertei cos berros dos meus acompañantes, que me andaban a buscar. Baixemos o camiño que levaba a San Andrés, é o pasar por un amiladoiro vin unha lagartixa que me pareceu que me chiscaba un ollo. Disimulei e continuei o meu camiño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
