jueves, 29 de noviembre de 2012
VOLTOU A ESTANTIGUA II (O Tangaraño)
O Tangaraño.
A calentura do Sandín fixérase unha parte permanente, xa, da súa existencia. Levaba cerca de un mes, e non melloraba.
O médico, despois de varias visitas, non era quen de facerlle baixar a febre. Sempre rondando os 41º.
Non tiña mais síntomas que aquel. Os antitérmicos non facían o seu cometido.
En toda a comarca xa se comentaba aquela estraña enfermidade.
Os comentários daban pra todo. Incluso había quen dicía que o mozo o que quería, era escaquearse da arrancada de torgos
Un dia de aqueles, apareceu pola casa a muller mais famosa e tamén a que fora mais fermosa da comarca.
Entrou no cuarto do amigo Sandín acompañada pola tía Anamaría, a avoa.
Estaba o Alves fillo, embrullado nas sabas de liño amarelantes, un pouco con cara entre coña e asustado. Despous de tanto tempo quentando o xergón xa tiña o nariz afilado. Seguro que se le puñan un papel enriba das napias furábano.
Despois de pasarlle a mau pola cabeza, a tía Xosefa, nome da muller visitante, dixo mirando a avoa do mozo con unha rotundidade aplastante: Está entangarañado.
A tía Xosefa era mai de media ducia de rapaces, todos eles concebidos como consecuencia de desentangarañar a conveciños.
Os seu métodos terapéuticos, algunhas veces, consistían en transmitirlle calor de "unto vivo" o doente, según dicía ela.
- ¡Hai Xosefa, non digas iso- dixo a avoa.- Pode ser teu fillo!.
- Non te preocupes- dixo a desentangarañadora - esta vez o que compre é buscar unhas herbas.
O Sandín, no dixera a ninguén as súas visións da noite de marras. Estaba convencido de que se falaba delo, o ían a tomar por louco.
Desde aquela noite, na que vira A Santa Compña, e a muller descabezada, non volvera a ver nada mais.
Solo unha noite soñara coa muller do veciño. No soño ela dixole que a súa morte non fora como se deica. Ela fora envelenada.
Cando despertou, recordaba o soño perfectamente. Tampouco falou delo con naide. Co asunto das calenturas, é sabido que
os delirios están a orde do día.
A última vez que estivo con Sandín a súa noiva, contoulle que ela tivera un soño moi raro. Díxolle que, no soño, vira a muller do Ruiceibe que choraba, mais o raro era que levaba a cabeza debaixo dun brazo, ´dicía que a mataran dandole a cicuta.
Tamén le dixo que vira a Xosefa na Devesa buscando herbas, coido que anda a argallar unha das suas.
Sendín non le dixo nada das súas visións, e ficou pensando en todo aquelo que les estaba a pasar.
Tomou a decisión de falar co seu pai o día seguinte. Sí iso era o mellor. Falaría co pai.
Continuará....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
¡Mira tú la Xosefa, cuando va a cambiar el tratamiento!
ResponderEliminarMe gusta, Xabres.
Abrazos
As fregas de unto vivo,son mellores que o caldo de unto.
EliminarApertas.
Está simpático o calor do "unto vivo".
ResponderEliminarA ver como remata a historia.
Era una frase dos vellos da aldea dos meus pais. Daba para moito e espero que siga
Eliminarjaja qué gracia tes xabres,boeno gracia e moito misterio. A ver como segue...
ResponderEliminarUnha aperta.
Seguro que continua.Coñezo ó autor. Apertas.
Eliminar