lunes, 12 de noviembre de 2012
¿HABERÁ DIFERENCIA ENTRE XUSTO E LEGAL'
Pedirale prestado a familia aquela, que, na comarca, o manexaba todo.
Era aquela familia unha familia de misa diaria, e de misa de doce nos días sinalados pola "santa iglesia católica y romana" .
Tiña pandilla própia no café da vila, con "claque" incluida a cambio de un "chanqueiro" de viño nos momentos de bon humor.
A familia de marras, xa era case dona de toda a comarca. Nos tempos duros, habia xente que acudia a ela pedindole diñeiro, para pagar impostos, algún pase por hospitales, e cousas desas de maxima necesidade.
A familia nunca decia que non. Solo tiñan que firmar un "papeliño" reconocendo a deuda, según decian eles.
Os que acudian a eles, estaban tan acuciados, que practicamente nin o papel lian. Habia casos nos que o que firmaba, facia-o mollando o dedo polegar en tinta e selando o papel con él.
Con moitos esforzos o vello home foi devolvendo cada mes puntualmente a cantidade acordada.
A Cantidade a pagar cada mes, devolvia o prestamos en dez anos.
Cando chegou o último ano, e o último pago, chegou a casa do prestamista co diñeiro do último pago.
Deixou o diñeiro e pediulle o prestatário o documento no que puxera a sua pegada.
O bondadoso home con cara de bonachón, díxole que non podiá, pous hasta aquela solo paguera os intereses, que eran dun 10% anual. Se facia contas veria que aquela cantidade solo cubria os intereses, e que el facialle o favor de deixar o prestamo hasta o final.
Díxole a prestamista: " coido que eso non é xusto", o que éste respostou, "é moi legal"
O vello non soubo reacionar, saiu da casa do usureiro, coa cabeza escondida entre os omoplatos, a boina atornillada na mesma, e cunhas bágoas tan grandes coma pérolas escorrexendole polas meixelas.
Escribiulle ó fillo que estaba nas américas, contandole todo.
-"Pensei, deciale. que cando chegueras de volta, esto xa estaba arranxado, e poderiamos vivir un pouco desafogados. ¡Xa vés!
Cando o fillo recibiu a carta, decidiu acelerar a volta a casa de orixe.
Tiña uns poucos aforros, e decidiu que voltaria a pagarle ós usureros, liberar ó pai, e xa verian como arranxarian a nova vida.
O mesmo día que ia coller o avión para a España, recibiu a nova de que o pai morrera e fora enterrado uns días atrás.
Chegou a Madrid, alquilou un coche no mesmo aeroporto, despous de mercar un billete de volta para as americas. Conduciu sen descanso hasta chegar a aldea.
Era de noite, había unha pequena brétema. Acercouse o cemiterio chorou enriba da lápida do pai. Andando foi hasta a casa do usureiro que mercaba todo e cobraba todo.
Entrou na casa, díxole o orondo "benfactor", ainda que solo o fose para sí mesmo, que queria liquidar a deuda.
Sacou os cartos do peto púxo-os enriba da mesa e esixiu o documento, firmado e dicindo que xa cobrara a deuda, que non tiña xa direito a reclamar nada a ninguén.
Unha vez que tivo o documento firmado, e guardado no peto, volveu coller os cartos e cunha pistola ameazou a víbora aquela. Dixole que antes de sair le meteria unha bala na barriga, pous non mata, mais o perforar o peritoneo, se non o levaban pronto a un hospital, seguro que morria desexando morrer canto antes, pola dor.
¡Oiga-dixo o zumezuga- Se encontrará con la ley. Eso que va usted a hacer es totalmente ilegal!
-¡Si es ilegal - dijo el huerfano- pero es completamente justo!
Dixo isto descerraxandole un tiro no orondo bandullo, e desapareiendo na noite.
O prestamista salvouse polos pelos, cando o atoparon pola maña sen sentido. Non recordou endexamais nada do que pasara.So recordaba outras cousas.
O horfo, liscou e co tempo voltou. Nas noites de inverno, cando a bretema era espesa, a carón da lareira falábale a seu pai. e comentaban a diferencia entre XUSTO e legal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Qué historia tan habitual nas aldeas hai tempo. A min me contaba miña nai que na súa o prestamista era o cura! Malia leva!
ResponderEliminarO legal moitas veces é moi inxusto, por suposto.
Unha forte aperta, Xabres.
Boísimo !.
ResponderEliminarDevolveulle a xogada coas mesmas mañas.