Mostrando entradas con la etiqueta Apuntes de Arqueoloxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apuntes de Arqueoloxia. Mostrar todas las entradas
lunes, 2 de diciembre de 2013
INDICIOS DE ARQUEOLOXIA NA SERRA SEGUNDEIRA
SUBO UNHAS FOTOGRAFIAS QUE NO SEU DIA FIXEN NA SERRA SEGUNDEIRA. (Non indico o lugar concreto pra non animar os buscadores de tesouros)
Todas estas cazoletas, e algunha mais, estan nun radio de tres ou catrocentos metros. Ben poderia ser o sinalamento dun linde, pois hai linde de duas aldeas, mellor dito dos montes cercano.
De todolos xeitos é algo que seguro que se algún experto en grafia litica visitara a zona, a algúnha teoria chegaría.
Estou a disposición de algún Arqueologo ou similar que queira visitar a zona. Solo ten que porse en contacto conmigo, a través deste medio no que publico esto, e tamén pensar en que vivo en Vigo (Pontevedra), por aquelo de quedar de acordo nas datas.
sábado, 17 de septiembre de 2011
CASTRO DA CIGADONHA- MOIMENTA DA RAIA.
Hai veces que o tempo non da pra nada, e noutras sácasele bastante partido. Supoño que o tempo non ten nada que ver, senon que é un mesmo, pondole mais empeño ás cousas nalgunhas ocasións.
Ven a conto este “ntroito”, pous neste vrao pasado, ou a piques, deume tempo a percorrer zonas castrexas da alta Xeabra e das Frieiras tales como dous castros en Lubián, dous en Hermisende, un en Barxacoba, dous en Sancibrao, un en Castromil, un na Moimenta (Portugal), un en Santigoso, un en Chaguazoso, un na Mezquita e o último na Vilavella.
Quedan para outra pasada, A Gudiña, e a súa comarca a igual que polo menos un da Teixeira e outro de Castrelos.Igual que algo pola zona baixa de Sanabria.
Todo se andará, se Deus quixer.
Hoxe vou falar, por un motivo de cortesía, da Cidade da Cigadonha, na Moimenta, Castro que xa teño mencionado aiqui nalgunha ocasión.
Está situado, este castro, na marxen direita do rio Tuela, o lado dunha ponte da idade media, que parece que está sobre os lizaces doutra ponte de orixe romano, que seguro que o mesmo tempo estaría sobre un pasadeiro castrexo.
Nesta zona o que é seguro é que foi romanizado pous inda hai vestixios dunha pequena calzada das características das romanas.
Na saida da ponte pola marxe esquerda, hai unha enorme fraga semidescuberta, de feito todo o leito do rio está sobre un rochedo granítico, fraga, decía, que ten unha serie de labraduras, coviñas é unha espécie de ferraduras e que sube directamente o castro.
Según nos dixo unha muller na aldea da Moimenta, pola baixada desde a aldea a zona que chaman as Vinhas, hai gravuras en moitas pedras, algunha con figuras como humanas. Cousa que non pudemos comprovar por falta de luz diurna.
Os habitantes prerromanos da zona, eran da tribu celta denominada os Zoelas, según os achádegos das escavacións feitas pola zona de Chaves, e dos restos recollidos polo abade de Baçal, que agora están no Museo Arqueolóxico que leva o seu nome e que está na cidade de Bragança.
Unha curiosidade que atopei na beira do castro da Cigadonha, é unha fonte “Calda”, é decir de augas quentes, que verte directamente no riu Tuela.
Cando nos marchábamos xa camiño da Ponte do Cunqueiro, e xa entre lusco e fusco, o volver a mirada atrás hacia a cidade, vimos unha fada, que baixaba a fonte de augas caldas, cunha cousa na man, cousa coa que unha vez metida no Tuelacoa auga por baixo dos peitos descubertos, púxose a pentear o fermoso pelo loiro que le chegaba as nádegas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)