Mostrando entradas con la etiqueta O BANDULLO DO LADEAIRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O BANDULLO DO LADEAIRO. Mostrar todas las entradas
martes, 18 de junio de 2013
O BANDULLO DO LADEAIRO (III)
Deixando atrás as xuntanzas do fondo do Navallo decidín subir polo regueiro hasta As Pombeiras. O chegar a Illande, habia na bancia da preseira do prado do Adolfo, dous vellos, que non conseguín coñecer. Pola pinta debian haber vivido alá polo século XVII, mais ou menos. Un deles estaba contándole o outro a seguinte leria, que transcribo, mais ou menos como foi ;
A GRACIA DE DEUS
Na aldea, como en todas as aldeas da bisbarra, os homes e as mulleres eran mozos mentres estiveran solteiros.
Había moitos casos nos que solteiros acaban enterrados no cemiterio dos lugares, mortos mais pola idade que polas enfermidades.
Os mozos solteiros dentro das aldeas era unha casta case privilexiada e envexada pola maioría dos homes.
Do estatus das mulleres falaremos doutra vez.
Os solteiros recalcitrantes eran envexados polos que arribaban o estadio da mocidade, porque estaban seguros que os mozos vellos non tiñan que dar explicacións a ninguén e pensaban, sen moito fundamento, que podían facer o que lles petase. Tamén eran envexados polos casados precisamente por que eles estaban solteiros. E como se todo quisqui se decatara de que a liberdade era o ben mais importante.
Falando cun daqueles mozos, mais que cincuentón, este tampouco estaba demasiado contento co seu estatus. Dixo nunha xuntanza, espanzurrados o sol de Febreiro na solaina da aldea pallabarra, que él, naquelas alturas, inda non coñecía a “gracia de deus”.
Preguntado polo mais novo da xuntanza sobre a súa afirmación, respondeu que xa se daría conta cando se fixera vello e acercándose os últimos anos da vida e se decatara de que inda estaba enteiro, entón entenderíao.
Un viúvo de cerca de cento dez anos, escomenzou a referir ós presentes algo que el coñecera na súa xuventude,e que desgraciadamente,según él, acabara en desuso por mor dos cregos e da autoritax do momento. ¡Sempre ten que haber alguén que escaralle as cousas!.
Según o mais que centenario, na súa época, nas aldeas todo estaba estruturado en función dos seus habitantes. Cada cal tiña o seu oficio moi ben definido, que aprendía dos xa consagrados empezando como aprendiz do que fose. Desde a pequena infancia todos eran instruídos nos distintos eidos das necesidades da aldea, especializándose naquilo pro que mais capacidade tiñan ou les gustara.
Cando os rapaces chegaban a unha idade na que xa ían a dar o salto hacia a mocidade, entón os pais do infante falaban coa iniciadora, para que ésta les ensinara e educara no eido da relación con as mozas do sexo contrario.
O rapaz debía estar como mínimo unha semana vivindo na casa da iniciadora, hasta que ésta considerara que a súa capacitación estaba a altura.
Aquela muller, que vivía na mellor casoupa da aldea, era respectada por todos, ela facía tamén as veces de sacerdotisa, e aconsellaba as moziñas, cousa obxecto de outro cometário. Era unha señora de arredor dos cuarenta anos, moi ben educada, moi limpa e respectada por todo o mundo mentres duraba o seu sacerdocio.
Nunca se soupo nada da relación semanal dos educandos que ingresaban na casa, ainda que os pais dos rapaces sabían perfectamente o que pasaba.
Outro vello da xuntanza dixo que non podía vir agora contando cousas que xa estaban solo no olvido, e o mellor no seu maxín. Que non os toleera mais.
Os mozo decidiron levar o home que non coñecía a gracia de deus a unha casa que estaba chea da devandita gracia.
Trataron cunha graciosa a maneira de darlle a coñecer a gracia a aquel desleixado, e previo abono das costas, taxas, remuneración e demais emolumentos que o asunto levaba consigo, encerráronse no cuarto dispostos para a tal ocasión e faena.
Foi entrar, e practicamente saír a graciosa dando berros e toda asustada, dicindo que a gracia de deus fora demasiado para o home, pous alí quedara morto. O peor era que, o parecer, estábase derretendo, pous unha graxa espesa estaba a inundar o altar da graza de deus.
Non pasou nada, pous o pouco tempo, o mozo vello, “resucitou”, e trangueleando, xuntouse cos seus amigos e dicindo que xa se podían marchar, pous estaba en gracia de deus e aínda que as pernas se le afloxeran algo, podía camiñar.
sábado, 25 de mayo de 2013
O BANULLO DO LADEAIRO (Cap. II)
Como as visións que tiña, alí no fondo do Navallo e da Burgoza, non acababan de deixarme tranquilo, pous todos aqueles personaxes que rondaban o bosque, según o meu recordo xa estaban mortos. Algúns xa levaban mais de un século producindo malvas.
Estaba seguro de que estaba diante da Estadea.
Andaba eu pensando neso, e atopeime cun home, xa morto tamén, que se acercou co ánimo de desenguedellarme aquelo que estaba a ver . Era o ti Carlos, un home de Lubián afincado en Sancibrao e casado cunha muller de Castrelos. Según os datos dos que dispoño esta familia era unha familia liberal e amiga de axudar os seus conveciños.
Despous de explicarme a diferencia entre a Estadea e a Santa Compaña, díxome que tódolos meses, no lugar no que estábamos, reuníase a Estadea, por eso eu os vía. Solo se deixaban ver por aqueles que coincidían alí naquela hora e que ademais estaban dispostos a difundilo.
Mira, vouche contar, en parte, quen está aiquí, quen eran, e algúns porqué están agora sufrindo. Non se te debe esquecer que un meu fillo que morreo no seminário de Ourense, contoume cousas e pareceres, que se tés tempo e ganas podo contarchas.,
Empecemos por aquel corro que está o lado das colmeas sentados o sol na parede da cerra. Son os cregos que foron, enterrados na comarca, mentres o resto dos mortos andan pescudando cousas e tratando de irse coñecendo, eles siguen tentando que les fagan caso nas súas teimas, pero aiquí parece que ninguén les fai caso.
Aquel que está a medio camiño entre eles e o resto, é o Germán,cura con raíces en Hermisende e familia tamén, que foi o que dixo que ía a Castromil a enterrar a cacheira. Este era o mote que a pobre difunta tiña. Este Don Germán ten varas anécdotas as súas costas. Unha das mais sonadas e que reflexa o seu carácter foi a da defensa de outro cura que tivera un rifi-rafe con un teniente de carabineros.
Parece que nunha discusión entre o teniente e o crego, crego este que era moi pequeniño, pous cando dicía misa tiñan que porle un talliño para que cheguera os libros cos latinaxos. Na discusión o crego enseñoule a tonsura o teniente para facerse valer, este aproveitando a pequena estatura do interlocutor, escupiule na tonsura. O escarnio trascendeu e enterouse toda a comarca.
Nunha ocasión o teniente, no camiño de Lubián a Hermisende,alá cerca de Rañalobos, cruzábase no camiño de Don Germán. Este o ver vir o teniente montado no seu cabalo, baixouse do del e acercouse andando o cabalo do teniente, e agarrando-o polas rendas, acercouse o beira do teniente, e sacando o sombreiro, ofreceule a súa tonsura decindolo: Eiqui a ten, escupame nela.Todo esto coa man dereita metida no bolso da sotana durante todo o momento. O teniente, non fixo absolutamente nada, solamente deixar-le o paso. Debeu de recordar a vez que un cura baixou escaleiras abaixa a un guardinha, que tentou chamar-le a atención, agarrado polos pés
Hai que decir que Don Germán tiña parentes en Lubián aparte de Hermisende.
Aqueles dous curas que tamén están separados do resto con cara de angustia, sempre están dandole voltas a idea da que inda no están seguros de se existe o ceo ou o inferno, nunca estiveron convencidos das bondades do que decian. Eran cregos porque daquela vivíase ben.
¿Ves aqueles que camiñan pola beira do regueiro de Belois? Son antergos falanxistas que non son capaces de acercarse a ninguén por que en vida fixeron grandes falcatruadas, deixando a algúns na miseria e mandando a outros os famosos paseos.
Disto falaremos noutra ocasión, se segues acercándote por aquí, nos tempos destas xuntanzas.
Foi a tempo a separación naquel momento, enriba de nos formouse unha soberana tormenta, que se non chega a ser pola choza que estaba no prado do ti Dario, acabariamos cunha molladura das que fan época.
Continuará….
miércoles, 22 de mayo de 2013
O BANDULLO DO LADEAIRO (Cap I)
Estaba pensando en escribir sobre a corte do Rei Artús. Estaba a pensar eu naqueles cabaleiros, Geofrey, Percebal, Lancelot e demais folladores a destra e sinistra, con aquelas “reinas” e damas mais belidas que as frores das primaveras e o mesmo tempo tan lixeiras de cascos, que, cada cabaleiro que polo seu castelo pasaba, sentíase con dereito a un fregue de unto metido inda dentro da barriga de cada un.
Deixei de pensar en todo o anterior, e puxen todo o meu empeño no que estaba a facer. Hai cousas que é mellor facelas ben, sobre todo se do que se faga depende a vida do “facedor”. Eu estaba cargando cartuchos do calibre dezaseis, iso xa marca unha maneira de estar e de ser.
Debiamos ir a desencovar dos seus cubiles a aqueles bichos detectados pola bisbarra, que ultimamente andaban facendo das súas.
Tiña que empezar a miña espreita e investigación pola zona de Belois.
É a comarca de Belois, unha comarca deitada cara o nacente do sol e regada polo famoso regueiro do mesmo nome, que baixa desde o seu nacemento en Val dos Arcos, pasando por Val de Cabritos, A Illande, e Belois con destino final no Tuela.
Aproveitando que o Tuela pasa por Penascada, diremos que, xusto diante da desembocadura do mesmo, hai un penedo campaneado, debaixo do cual as bácoras de mais de tres kilos adoitan acubillarse cando son perseguidas nas bicadas da preseira do Muiño da Maquila. Agarrábanse coa a mau, se esta tiña uns bons callos.
Para ir a Belois hai catro camiños: o que vai por Penascada, o que leva a Castrelos, o que desembocaba no prado do meu amigo Céfiro, e o que chegaba a Burgoza (Gurgoza, según o meu amigo Loro).
Escollí o último, un pouco por pereza, pous era o que me quedaba mai a mau. Acompañado do meu can Sagardúa escomencemos a andaina camiño do descoñecido e coñecido o mesmo tempo. Coñecido porque aqueles camiños foron transitados durante moito tempo e suficientemente coñecidos por os moradores de Val dos Marcos nas épocas en que inda se vivía dos recursos que a Nai Terra, axudada por os homes de boa vontade, que daquela inda eran moitos e bos.
Saímos pola Canadicha, pasando pola Porteliña e Rozas, deixando atrás as pequenas cortiñas cos chícharos en flor, e os tomates e pementos empezando a abrollar, xunto coas zreixas, guindas e demais froitos da época.
Co primeiro que nos atopamos foi cun enxamio pendurado no Zreixal do Pepe de A Cancela, no prado da Lavandeira. Aquel enxamio era enorme, pous facía que a galla na que estaba colgado se doblera e case chegaba o chau. Acerqueime a él, e descubrin que tiña dúas reinas, as que, de sútaque, separeronse e cada unha marchou hacia un lugar diferente coa súa cohorte de obreiras, zanganos e demais. Era como unha desbandada que se producía nas Cortes Españolas.
As lavandeiras en Penelas, estaban lavando. O dia chegaba a albiscar a sombra de todo o que a facía, moi pequeniña. A miña sombra quedaba sempre debaixo dos zamancos.
Reiniciei o camiño, pasando por debaixo das colmeas da casa dos Marcelinos na Ladeira, e escomencei a subir hacia a Cova de Frade seguindo o camiño da Louxeira e da Burgoza.
Desde o alto da Ladeira, xa dando cara os avesedos, descubrimos, o can e mais eu, que o noso traballo ia ser árduo. Abaixohabia, coma na Lavandeira, varios enxamios, mais neste caso non eran de abellas.
Iniciemos a baixada con tento. Primeiro para no roullar e segundo para non espantar a bichuria
O fixarme no enxamio, que estaba no fondo do Navallo, decateime do meu erro. Aquello non era o que andabamos pescudando. Alí había xente coñecida. Unha coñecida, outra sacábase pola pinta e polas referencias escoitadas nas lareiras nas noites de fiadeiro e arredor da xa famosa estufa do Ti Caxera.
No medio daquela barafunda estaba Don Germán, cura rexo alí onde os houbera. Estaba tentando explicar o enterro da Cacheira que él fixera en Castromil, tratando de aplacar o regodeo que os conveciños tiñan sobre o asunto. Os tempos artúricos xa eran idos.
O Sagardúa e mais eu, tíñamos que vadear o regueiro que baixa de Rebordelo, nese interin, perdiámosnos o resto. Eu estaba seguro que aquelo acabaría sabéndose.
..Continuará……..
Suscribirse a:
Entradas (Atom)