Mostrando entradas con la etiqueta Histórias de Val dos Marcos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Histórias de Val dos Marcos. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de enero de 2014

APRENDENDO A FACER CALDO


 


A xente non morre. Mentras esté na lembranza de alguén,sigue viva. Para min siguen a vivir a maioria daqueles que nun momento ou noutro fuxiron deste mundo.
Na miña xuventude gostaba moitode falar cos chamados por a xente nova “os vellos”. Naqueles tempos nos que inda non habia Tv., a radio escoitabase mal (aquelas radios de galena). Digo esto para aqueles que nacisteis nunha sociedade rebozada dentro das redes e a informática actual.
Igual hai quen pensa que, daquela, a nosa vida era aburrida, e iso non é certo. Tíñamos os nosos medios para non caer no aburrimento. Eso sí, en moitos casos habia que estar en boa forma fisica, pous as veces a resistencia fisica era imprescindible.
Eu pola miña parte gustaba moito de escoitar a aqueles homes, xa ancians, e que tiñan detrás de si unha larga e dilatada vida e experiencia. A maioria deles estiveran emigrados, como eles decian, do outro lado do charco, e incluso dentro da peninsula. A terra xabresa nunca foi escesivamente propicia e abundante a hora de darlle de comer os seus fillos. Igual que a terra de Tras os Montes, que para min son as mesmas, solo cambia un chisquiño a fala, e esa raia imposta desde tempos moi atrás.
Falando cos interpretes daquela época, nunha ocasión contoume o “ti” Alexandre, unha bonita história das fames e a habilidade de algúns para paliala.
Como sabedes algúns, o “ti” Alexandre era natural de Montouto, pertencente a zona de Vinhais, estaba casado en Sancibrao, onde inda viven fillos e netos. Era unha verdadeira enciclopedia chea de conocimentos empiricos, e cunha memoria que creo que debia ser prodixiosa. Tamén penso que era analfabeto, cousa que non era de extrañar, pous daquela, debia-o ser o noventa por cento da poboación, cousa mais acentuada entre as mulleres.
Ensinoume él a facer o caldo de pedra.
Naqueles tempos habia moita xente que comia gracias a que habia persoas que, ainda que tiña pouco, era capaz de dar de comer a algún necesitado.
Parece que nunha ocasión, apareceu por unha daquelas aldeas, da o mesmo se era Xabresa ou Trasmontana, a istória poderia ser en calquera das comarcas, apareceu, decia, un home pedindo, e acercouse a unha das casas dos que mais tiñan pedindo algo de comer, cousa que le foi denegada. Entoces o home dixo, que xa ia tempo que non comia nada, e que se o deixaban faria un caldiño de pedra, alí, no curral.
Dironlle permiso para facelo, e mirando ao seu arredor, botou mau dunha pedra, que limpou con mimo e moito agarimo. Unha vez limpa dixo que se le prestaban un potiño poderia facer o seu caldo. Presteronle un pote no que meteu a pedra e cubriuna de auga. Dixo entón que si le deixaban arrimar o pote o lume, enton a auga ferveria cousa imprescindible para facer o caldo. Deixeron-no arrimar o pote o lume, e toda a xente da casa estaba espectante e arremolinada a ver no que quedaba a cousa. Escomenzou a ferver a auga, e entón o moinante dixo: esto quedaria moito mellor cun chisquiño de unto, cousa que a dona da casa le proporcionou. Continuou a cocer o unto e maila pedra, e volveu a decir que cunhas couves (Berzas), aquelo quedaría un pouco mellor. Enton a dona da casa trouxole duas follas de berzas tenras que o pedigüeño labou e partindoas afogounas na auga. Aquelo xa empezaba a ter un recendo moi agradable, para todo o mundo presente, que fixo comentários de aprobación, cousa que o famento aproveitou para deixar caer: Irialle moi ben un cachiño de chourizo. Cousa que le puxeron o seu alcance rápidamente.
Cuando todo estaba cocido o home sacou do seu morral un cacho de pan duro, e metendo-o no pote, escomenzou a comer aquelo e a lamberse, hasta que deu conta de toda a comida.
Os mirois, estaban esperando a ver que ia facer coa pedra, pous non se decidira a comela. O preguntarle por ese detalle, respondeu que a pedra guardaria- no macuto para outra ocasión. Entonces a muller da casa, díxolle: Mire, vostede ten a oportunidade de domeñar outra pedra, mais estes meus homes, seguro que non o farian tan ben, Prégolle que me honre deixandoma para facerlle o caldo nos dias sucesivos.
Deixola, si señora, e na proxima vez que veña por esta aldea, pasarei pola sua casa, por si necesitan que les amanse outra.

domingo, 5 de enero de 2014

TEMPOS DE REINADOS.(Dos de verdai)






    . Xa temos os torgos e os rachos de carballo na casa do reinado. Está o tempo frio e polomenos evitaremos quedar encarouxados.

Este ano non temos ningún vitelo (culpa da crise), apañarémonos polo que nos queiran dar mañá. Barrunto que non será moito, pois xa non hai matanzas, e o peor do asunto, xa case non vive niguén na aldea, e a metade liscan a casa dos fillos, nas cidades.

Outra carallada mais, xa non temos gaiteiros o Luis e o Tanasio xa vai un tempo que fixeron o pasamento, e ninguen colleo o oficio. Somos poucos e non temos cartos para traer un gaiteiro de fora, e a Banda de Gaitas das Portelas é demasiado grande, e o non ter vitela non temos nin con que mantela.

Pra cantar os reis esta noite apañarémonos co bombo e o tambor, esperando que ninguén se poña rouco (nin varela) a hora de cantar.

Sei dalgunha casa que nos teñen preparadas unhas copiñas de augardente. Coido que inda é da feita co bagazo das uvas de Vilares. Haberá que bebela de xeonllos e gorentala como se fose a última no mundo.

Como tampouco hai mozas, non poderemos facer baile o dia de reis nin os seguintes. Amolaremonos e ficaremos pensativos detrás da lareira, mirando como se consumen o trafugueiro e os tizois. Os torgos quedaran para outro ano, ou, por se no veran a xente quere, poder facer unha festiña comunal entre todos os que anden polo lugar.

Por se a cousa se da mal, irei a Hermisende a encargar unha comida e unha cea na casa do Crego, coido que a Ción e moi boa cociñeira.

Alí comeremos, beberemos, e estaremos de parola hasta que o corpo aguante ou nos boten fora. Espero que os dous Carlos se animen e participen, e a amiga Cristiana nos cante un Fado.

Estaba a pensar que a volta podia pasar o Tuela polas Poldras, mais debe traer un sorbo grande de auga, mellor iremos pola ponte e o pasar pola mina da Veiga tentaremos falar coa fada que engaiolaba o Ti Alexandre, igual nos fai un feitizo e nos transporta os tepos dos sete mozos de ferro que unha vez existiron en Val dos Marcos.

¡Tempos aqueles, nos que os que volteran das americas, neste tempo, eran quen de bailar un tangazo cun barredeiro, ou cunha baleadeira.!

Tamén tempos nos que se adoitaba facer a augardente, metidos nas cortes das vacas ou dos porcos, para evitar as miradas dos carabineros, que pensaban que por facer aguardente as agachadas, podíase fundir a facenda do pais.¿Como se daquela no houbera quen rapiñera dabondo!.

Sabedes o que vos digo; chegado a este punto, non quero pasar pola mina da Veiga, tampouco quero cantar os reis. Vou ir o mercado de Teis, comprar uns xurelaños, quentalos no forno, e zamparme uns centolos co recendo dos xurelos, meterme entre peito e espalda un caneco de vinho do Alentejo portugues dunha casta de uva que eles le chaman Trincadeira, un bon copo de aguardente vella, e durmir a mona.Se os reis queren que les canten, que paguen.¡QUE CARALLO!


domingo, 12 de mayo de 2013

O Tuela morre senon se pon traba.



 As trutas do riu Tuela.

 Cando eu era cativo, empecei a coñecer o Tuela da mau de meu pai e dun seu tiu político chamado Marcelino. A casa dos meus avós era coñecida como a casa dos Marcelinos. Non era por este Marcelino, senón polo primeiro que se afincou en Val dos Marcos, comprando un “capital” de terras, prados, leiras e cortiñas, que había que traballar, para sacar-le un rendimento, que, polo menos dera para comer os da familia que  o traballaban, con aixada, guincha, aixadón, e arado romano apoiado nas xuntas de vacas frieiresas que arrastraban aqueles carros, que según algúns, pesaban mais valeiros que cargados. (Ten explicación).
 Ben, volvendo o que nos atañe, o riu Tuela. Era este riu un aporte de vida e enerxía constante e sen flaqueza, para unha comarca deixada da mau de deus, e o que era pior da mau dos politicos. Cousa que inda segue a pasar, a pesar dos esforzos de algún político local, que solo por si mesmo non consigue nada, inda que o persiga. ¡Poderoso caballero es don dinero!, e este non abunda pola zona.
 Polos anos cuarenta do século pasado, unha das cousas que aportaba o Tuela as xentes da bisbarra era unha comida diferente a consuetudinaria: ¡Peixe!.Inda que fose de auga dóce. Solo había, para as xentes da comarca, as trutas había que collelas, e non era doado. Deica o mellor truteiro da comarca, o Gabriel de Hermisende, que as trutas non tiñan pestañas polo que collelas non resultaba doado pous bislumbraban a os que as querían coller.
 Empecei de moi pequeno a ir o riu con meu pai, gran coñecedor do mesmo e que tuvera un dos mellores conocedores no seu tiu político o tiu Marcelino.
 Creo que entre os dous eran capaces de, cos ollos cerrados, nomear as pedras, desde o Cunqueiro, hasta a Tuiza, de todas as pedras e arraigadas nas que podía haber escondida unha truta.
 Nunca fallaba, cuando decian: nesa balastreira o nesa arraigada ten que haber unha bácora. Outra cousa era collela.
 As trutas solo se collían nos meses de calor, pous había que meter o escroto na auga, e as veces arrigábase de tal xeito, que inda que fose para facer as necesidades fisiolóxicas había problemas de localización..
 Mai tarde, co gallo da vía do tren, apareceu a dinamita (sempre o progreso mal entendido fodendo), e cada temporada estival cada pozo, charca, e preseira, acababa recibindo unha media de tres ou catro cartuchos de dinamita. As trutas non se acababan, pous a dinamita solo mataba unha poucas nun radio de acción pequeno.
 O problema xurdiu polos anos sesenta. Os emigrantes que viñan de Francia, adoitaban traer “Unhas boliñas” que mataban a strutas. Eran bolas de cloruro cuxa finalidade non era matar trutas, mais o ser humano, ¡xa se sabe!.
 Apareceron outro tipo de velenos, que tamén desleixeron o Tuela. Morrían trutas, escalos bogas, barbos, vichas, ras, lontregas e dama-is seres vivos que andaban polas ribeiras. Así e todo, inda subsistían tódalas especies, mal que ben, e reproducíanse dalgunha maneira.
 Mais, ¡oh divino progreso a costa de calquer cousa!, chegou despous da vía do tren agora case inútil pola Sanabria, as autovías de conexión da Galicia co centralismo, ou sexa Magerit (a joderse señores politicos, que non vos gustan os árabes), e como tiñan que pasar por enriba do Tuela, ninguén fixo nada por preservar ese cauce limpo de augas baixadas das serras da Segundera, e emporqueron-nas hasta limites insospechados. Consecuencia: mortaldade enorme de trutas e todo tipo de vida no Tuela, e acusouse os incendios (Que por outra banda nunca foran de tal calibre). Os paisanos da zona, seguen as autoridades vixentes na época, queimaban para limar as fincas. (Nunca existiron nas Baliñas, nin en toda a ribeira dereita do riu,) polo que a falacia da queimadela por parte dos veciños cese por si sola. Era unha maneira de escurrir o bulto por parte da administración.
 Despous de feita a autovía das Rias Baixas o problema agravouse. Xa non hai trutas, desde o Padornela e a Tuiza para baixo.
 ¿Qué foi o que pasou?
 Sinxelamente, o sal deitado na estrada no inverno, mesturado con outros gradentes, para derreter o carouxo da autovía, feita na parte mais Umbria da zona, como se a propósito fose, e co engadido actual do famoso e inútil tramo do AVE, a  Ourense, Vigo e A Coruña, pous noutros lugares non parará, e será totalmente inviable economicamente antes de inaugurarse, desbarbando todo tipo de merdalladas entre as portelas, coa aquiececia de medio Ambiente de Castela León e, acaberon matando de maneira definitiva o Tuela.
 Os humanos somos estúpidos, a Natureza non, cando todo este progreso de pacotilla cabe, as augas volveran a caer desde as serras de Chaus e Lubián, igual que desde as de Padornelo e as estribacións do Marabón, farán que despous de limpo, as trutas es as lontregas volvan o riu.
 Levo dous anos sen sacar licencia de pesca. ¡O que queira diñeiro que molle o cú!. Refrán vello da zona.

miércoles, 26 de diciembre de 2012

ESTREANDO NOVOS CAMIÑOS




 Xa cheguera o progreso a Val dos Marcos. Ian facer unha atovia pola estrada nova, ou así.
 A estrada vella pasaba, no tramo das Portelas, pola soalleira. Cruzaba polo medio do Padornelo, Hedroso, e Lubian hasta chegar a Vilavella. Os lados quedaban lugares como Acibeiros, Chaos e As Hedradas. Un pouco mais alonxados estaban pola marxe direita camiño de Vigo pola vella estrada Villacastin- Vigo; O axuntamento de Pías e Porto e na outra banda o de Hermisende.
 Como aquela carretera traceran-na con moitas curvas, os politicos do momento decidiran facer unha nova. Seguramente sen tantas curvas.Mais curvas, mais tuneles; eu que adoito ser mal pensado digo, con mais comisións para arreglar a financiación dos partidos e de paso a dos dirixentes (vale, a de alguns).
 Fixose unha variante nova. Polo avesedo, por onde xea mais, con pendentes fortes, así de paso aqueles que teñan a má sorte de ter un accidente, ó mellor xa deixan de dar a tabarra, a aqueles que eles mesmos voteran.
 De súpeto alguen decidiu facer unha autovia. Viña diñeiro pola “jeró” da comunidade económica europea (fixadevos no nome, e o que quere dicir).
 A naide se le ocorreu arranxar o que habia, sacando tráfico por as dúas xa existentes, millorando a vida dos veciños das aldeas e que as vias de comunicación serviran para eso: COMUNICARSE.
 En Val dos Marcos tamén vivian persoas. Eran aquelas que por idade ou porque non quixeron, quedaran a vivir alí.
 Había un amigo meu que non emigrera. Seguia vivindo, daquel xeito no que se vive nas aldeas olvidadas da man de deus e o que é peor, dos politicos.
 Arrincábale todolos dias o sustento a aquelas terras ácidas, cheas de urces, xestas, bituminosa e graníto, con demasiado puco espazo para sacarle a terra algo que mellorera a vida dos que quedaban.
 Cando se enterou que viña a Autovia por aqueles lares ficou todo ledo. Por fin terian o mesmo que en Barcelona coa sua Autopista a Mataró. Igual que os de Madrid polo Guadarrama.
 Por fin xa cheguera o futuro a Alta Xeabra. A partir daquela xa vivirian mellor, pous  xa o decia a TV: As comunicación son fundamentais para a sociedade.(Nunca decian para cual).
 O meu amigo, que nunca usera nada do estado, pous o camiño hasta Lubián era da Diputación (así él estaba) pensou que agora xa eran chegados os tempos de ir mellorando.
 A capital da provincia quedaba, quedaba,…¡carajo!, práticamente a mesma distancia e percorrer esa distancia levaba o mesmo tempo.
 Bueno pensou, polo menos hasta Mombuey, hai Autovia. O mellor poñen unha delegación de todo en Puebla de Sanabria e hasta alí é a carreiriña dun can.(Xá).
 En definitiva él estaba convencido de que a autovia ia ser unha boa cousa para él e os seus veciños.
 Púxose maliño,un día a sangue con colesterol prodúxole un infarto de miocardio. O infarto foi pouco considerado con él. Atizoule un día de inverno cunha nevada daquelas que contaba os vellos. Donde menos neve habia, habia medio metro.
 Saqueron-no o hospital nun helicóptero. Era moi urxente.
 Os tres días, meu amigo estreonou a autovia. A neve xa remitira. A autovia estaba expedita. Desde Lubián a Val dos Marcos pasábase, con dificultad,pero pasabase.
 Así e todo o coche mortuorio era un todo terreno.



domingo, 23 de diciembre de 2012

UN BISPO NEGRO, NON É O MESMO QUE UN ARIO

      

    O BISPO NEGRO.

  Xa sabedes que en Val dos Marcos somos a reostia. Bailando, cantando, traballando pouco, criticando o veciño, axudando o veciño poucos, xogando ós paus en Hermisende, collendo bácoras no Tuela, facéndolle a pelota os “derriba”, e moitas cousa mais que agora non me dá a gana de enumerar, sobre todo aquelas que teñen que ver co “atajaná”, verba inventada polo meu amigo “Milio”, e que o parecer algunha vez fixo nas guindeiras da Costa.
 Nesta leria de inventar verbas, un especialista era o “ti Dario”. Aínda que este era mais amigo de facer frases novas que verbas.
 Sirva como exemplo, aquela vez que no mes de Agosto, baixaba do Camiño Novo, e o chegar a porta da tía Aurora, molladiño de arriba a baixo por mor de unha horrísona tormenta, ó decirle a veciña: ¿Qué Dario, ves mollado?. Ël respondeu: “mollóuseme hasta o mesmisimo Don Quixote”. Frase que non se deberia  despreciar polos lingüistas actuais, por aquelo que ten de recoñecemento do noso famoso “Escritor”. Senón sabedes do que vai, preguntade pola aldea de Cervantes de Sanabria e saberédelo por decir de calquera veciño dalí.
 Hoxe ésta léria vai adicada ó “TI” Dario.
 Nunha ocasión, naqueles días nos que era obligado ir á misa nas festas de guardar e “diomingos”, adoitaban no lugar , o saír de misa facer concello debaixo do balcón do ti Antoño.
 A min aquelas xuntanzas, ¿Qué queredes que vos diga?, gustábanme moito. Nelas podía coller a palabra calquer veciño, expor as súa ideas ou queixas e todo “quisque” escoitaba e debatíase sobre o asunto.Solo o referido a aldea,por suposto.
 Os que estaban e posesión da palabra, tentaban lucirse diante dos conveciños, e ás veces conseguianho. 
 Despous do concello quedaban corriños de homes (o concello era cousa de homes) falando de calquera cousa.
 Algún dia falaremos daquel matriarcado. Xa veremos.
 Debaixo do castañeiro, enfrente o raigame que o milenario árbore xa tiña o ventestate, e debaixo do meu sentalló, formouse un pequeno corro falando das cousas que se levaban daquela polas festas do Nadal. Había sete ou oito homes, o cura e un carabineiro, e tamén o famoso “ti” Dario.
 De todos é sabido que o cura e os carabineros non eran homes.Eran eso que os definia.
 Chegouse a conclusión de que todo aquelo das festas, era pros ricos das cidades, pous era demasiado caro, e enriba o turrón a hora de comelo facía que as encias boteran sangue. Aquelo era durísimo. Alguén dixo que era como unha pedra das de Rechouso.
 Entonces, o “ti” Dario criticando con moita razón o que pasaba mais alá das portelas e os que facían que todo aquelo dos precios fose como era, nun rauto de rabia forte, querendo criticar de maneira contundente ós, xa daquela, políticos inimigos do pobo, foi e soltou: “Mecago no Bispo, …..” e dándose conta de que o crego estaba diante, tratou de arreglar aquelo que podía ser ofensa e o peor motivo de querela polo representante do Bispado de Ourense, rectificou deste xeito:
 “Mecago no Bispo….Negro”.
 El quedou contente, e o crego tamén, notouse pola risotada que soltou.
 Non é o mesmo un Bispo ario que un Negro, ¡non Señor.!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS, POR ANTICIPADO.





 Llegan los tiempos de fin de año. Son tiempos, eran, en los que las familias acostumbraban e repartirse entre sí, la miseria en la que estaban inmersos.
 Eran años duros en algunos sentidos, no en todos. Salvo deshonrosas excepciones, la gente era solidaria con el vecino. Claro que ya de aquella había los falangistas y los que vendían a su padre por absolutamente nada, solo por quedar bien con las llamadas fuerzas vivas.
 Bien situados los amigos lectores, (como decía alguien, tú desocupado lector), vamos a lo que queríamos ir.
 Llegan estas fiestas, y pensando en aquellos tiempos, la memoria de un viejo que todavía la conserva y quiere hacer buen uso de la misma, pensando en aquello, recuerda:
 Día veinticuatro de Diciembre. En Val dos Marcos había caído una nevada en los días precedentes, que para caminar por “os camiños”, hiciese falta ponerse leguis o borceguíes como también les llamaban. Los Chavales cuando salíamos hasta “As Airas das Pirlas”, o a la “Escaleira da tia Inxinia”, debíamos ir pisando sobre las huellas de los mayores, enterrando nuestra piernas hasta un poco mas de las rodillas.
 Llegaba la noche de Navidad. Era noche de cena fuera de lo común. Se hablaba de algo llamado turrón que al parecer se comía en las mesas, algunas, de las grandes ciudades. Ya digo se hablaba de él, pero nadie sabia como era. Decían que lo había duro y blando, que era dulce y que era típico de la Navidad. Se nos llenaba la boca de agua pensando en él y en aquellas mesas pantagruélicas en las que había de todo.
 A la hora de cenar, nos conformábamos, y Dios nos las diera ahora, con unas buenas “chouriças” algún otro producto de aquellos cerdos cebados con castañas. y, sobre todo, con aquellas “esterroxas”, recién fritas por nuestras madres, normalmente con pan de “centeo” anormalmente con “pantrigo” y con el aditivo de aquellas gallinas que eran capaces de volar mas de cien metros seguidos. Cosa vista por un servidor, su progenitor y un tío. Cierto es que la “pita”, escapaba de las garras de una águila que la quería de aperitivo.
 ¡Nunca he comido ningún postre que hubiese satisfecha tanto mi paladar!
 Cuando llegaron las fechas de Reyes, la cosa también tenia su… aquello. Se hablaba siempre de lo que traerían, cosa fomentada por “las maestras” de la época.(Eran todas de la sección femenina)
 Todos los años, sin excepción, siempre pasaba lo mismo. Los hijos de los Guardias Civiles presumían de que le iban a traer esto y aquello, cosa que se quedaba siempre en lo mismo de cada año; una imitación de un camión de hojalata, que sus padres guardaban de un año para otro. A mi lo que más me gustaba eran un par de gallinas de latón pintadas con los colores de las plumas muy vivos, y puestas de una manera muy ingeniosa de forma que parecía que estaban picoteando sobre un recipiente con grano, y que gracias a un artilugio que las hacia moverse, parecía que comían, pero lo mas de los más, era que hacían el mismo ruido que una gallina cuando comía entre pasillos y sobre el piso de madera de castaño.
 Con aquellas cosas éramos felices y al día siguiente ya todo había sido olvidado. Volvíamos a nuestras rutinas.
 De aquello ha quedado una cosa; que éramos amigos. Estábamos dispuestos a cualquier cosa por los amigos y nosotros, de manera personal, no importábamos nada. El importante era el amigo.
 Con el tiempo eso se fue al carajo. Como decía alguien que yo me sé” el que tenga oídos para oir, que oiga”.
 Si se me olvida por aquellas fechas : QUE TENGAIS UN EXCELENTE SOLSTICIO DE INVIERNO Y QUE LOS REYES OS TRAIGAN “ESTERROXAS” DE LAS DE ANTES.

viernes, 19 de octubre de 2012

PATATAS "O MURRIO".




 Acabamos de comer. Hoxe foi un verdadeiro festín. Comemos o ti Alexandre e mais eu en Veigadiz. Nunca un cacho de touciño veteado e un pouquiño de xamón dera pra tanto.
 Xa estábamos a primeiros do mes de Santos. Tamén había castañas, naqueles castañeiros do cimo das leiras de Veigadiz dos que solo quedan os esqueletes.O fin asadas e de sobremesa.
 Eu fora de caza. Tiña unha escopeta do dezaseis, que le merquera a un guardia civil de Hermisende. Como podedes supoñer ben, estaba indocumentada como case tódalas espingardas daquela época. O trelo entre nos e os portugueses era daquel xeito. Cambio escopeta por can. Ou; cambio pana por café e xabrón, e así unha lista de produtos case inacabables. Naide tiña  diñeiro, mais o troco existía. ¿Queres a miña escopeta? dáme o teu can, unha mina de centeo e un día de xornal, e é túa.Así eran as cousas. Os únicos que tiñan un peso ou unha peseta eran os civís, o mestre e o tratande de gando.
 Deixeime caer polas gallas. Estábamos na comida e Veigadiz.
 Como decia, eu fora de caza "cara" A Cancelada. Non tiña can, pous aparte de que a Dolores non os quería porque acababa colléndolles cariño, e decia que cando morrían, sufría moito. Tampouco necesitaba can, según o meu amigo Horacio, a min no me facía falta , pous cando le tiraba a unha perdiz, según él, eu chegaba antes que a perdiz o chau onde se tiña que  estampanar. O mellor era certo, había mutas perdices, eu tiña menos de vinte anos e as corzas tiñan pouco que facer comigo.
 Cando cheguei a Lagoas de Baixo, alí estaba o ti Alexandre. Facía de vaqueiro, pitillos e fumaba destes últimos.
 Eu tamén fumaba, cuarterón como mandaban os cánones daquela. Nunca faltou do bolso do cú, a petaca, o "librito", e o chisqueiro de mecha e pedernal. Éramos dous bos fumadores de tabaco de picadura. Se facía falta tamén nos servían as follas secas de silva. O diñeiro non rolaba demasiado daquela, o que o tiña, atamangabao e aqueles billetes non volvían ver a lus do sol.
 Decidimos comer xuntos. Eu levaba unha bota de viño, daquel que se facía coas uvas de Vilares e das parreiras e das viñas das Mioquiñas.
 A hora de comer, púxemos as viandas sobre o poulo,e antes de empezar, o vello amigo, ergueuse e achegándose a torgueira dunha uz que xa solo soltaba fumo, pous ela xa se queimera, escarvou ó lado e sacou unhas patatas envolvidas nunha folla de verza, que estiveran enterradas debaixo do lume.
 Tróuxoas hasta a mesa campestre, inda fumegando, e díxome: Anda, rapaz, colle unha. Mais espera que enfrie un pouco. Vais comer as famosas patas "o murrio" portuguesas. Imos derreter un pouco de touciño, e cun chisco de viño, faremos unha salsa de chuparse os dedos.
 Así foi. Chupemos os dedos, uns cigarros, e a bota de viño, e cual "porquiños do rei", puxemos a panza hacia arriba aproveitando as últimas raioliñas de sol que o día nos regalaba.
 Daquela os carto non tiñan apena valor.
 

 Unha aperta ti Alexandre.

miércoles, 23 de mayo de 2012

As abrespas, o Modesto e o Pepe en Trasil



 No prado de Trasil do ti Antoño, habia un castañeiro. Era un castañeiro moi vello. Xa estaba trob, o castañeiro,  e a piques de encartarse.
 O castañeiro era do ti Aselmo, inda que estaba no prado do veciño.
 En varias ocasiois, o ti Antoño tentou de cambiarle o castañeiro o ti Anselmo por outro similar, inda que noutro lugar.
 O ti Anselmo negouse. A min escápaseme o porqué do asunto e cambio e mais a negativa, sobre o cambio.Tanto o Pepe coma o Modesto leveronse o segredo a tumba, ainda que algunha vez les fixe a pregunta, tanto estando xuntos, como por separado. Quedeime en “ albis” en relación co que nos ocupa.Eran homes de palabra, e sabian calar.
 Nunha ocasión o castañeiro apareceu incendiado, xustamente polo trobo. Era nun empardecer e xa non habia posibilidade de apagalo, habida conta de que a auga estaba na fonte do Souto, e a maneira de apagalo lume era caldeiro a caldeiro. Inda non se inventeran as mangueiras, e menos se sabía da auga sobre as paredes dos recipientes e a sua maneira de sair escupida por algunha mangueira.
 Toda a noite, estuveron alí o Modesto e o Pepe, para controlar que o fogo non se estendera os palleiros que estaban  ó lado. Eran os palleiros das Vichas, da tia Mariarrosa, e o do ti Antoño..
 O ti Antoño foise a durmir. Según él a perna solta.
  O amñecer do seguinte día, cando o personal que se deitera, se ergueu, o castañeiro xa caera. O lume fixera de  leñador.
 O Modesto e mais o Pepe, estaban esperando a aparición do ti Antoño por alí. Querian verla súa reación.
 Eles xa fixeran as suas cabalas o respecto. O ti Antoño pediriale disculpas o ti Anselmo, éste refunfuñaría, mais aceptaria-as e o conto quedaria neso.
 Cando o sol xa arraiaba polo Castro, apareceu o ti Antoño. Asomou o fuciño pola esquina da pallarega, e viu que o castañeiro estaba no chau casi consumido, con cara de coña acercouse o fillo del e o do ti Anselmo.
 Antes de decir o que él dixo, hai que comentar, para unha mellor comprensión, polo mundo lector deste blogue universal, que o ti Antoño vivíra na Arxentina, donde contraera nupcias cunha prima súa de Castrelos. Inda teño que averiguar se xa se conocian ou se coñeceron por aquelas lonxanas e fermosas terras.
 Polo tanto, parece que era bastante habitual nel, igual que noutros emigrados, o de falar unha mestura de galego-portugués-castelan-e gaucho.
 Chegado a este punto o ti Antoño (meu avó), dixo, entre afirmación e sentencia firme:
  ¿ Has visto!. Ardeu o abrespeiro.
  Tampouco me enterei a que se referia con aquelo de “abrespeiro”.
  Unha aperta a todos os nombrados, que xa vai tempo que  nos deixeron.













2

lunes, 9 de enero de 2012

CARALLADAS DE XENTE NOVA (E NON TANTO)


 Nunha das aldeas do axuntamento de Brumoso, aldea que como decía don Miguel, “de cuyo nombre no quiero acordarme”, acaeceu unha vez esta  história, que non foi conto falso nin rumor sen fundamento.
 Polos anos cincuenta do século pasado, a inxesta de carne que non fora de porco apenas a gorentaban as tragadeiras dos nosos antepasados, e de porco tampouco habia tanta como pra non botala de menos, sobretodo a finais do ano antes das matanzas. Nos dias sinalados e nas festas patronais, sempre habia un cacho de rixelo. Un bon cocido sen codo de xamón, boas chourizas e carne fresca de borrego, non é un bon cocido nin farrapos de gaita.
 Era por eso que normalmente lambreábase por un cacho de carne que non fora de “roncatudo”. Nas casas onde habia algún cazador, cando a sorte era propicia comíase algunha perdiz con moito arroz, algún coello con patatas, e as veces lebre guisada.Outra cousa era cando os cazadores tíñan a sorte de agarrar un corzo. Daquela habia festa rachada.
 Daquela as corzas solo estaban no mais lonxe das serras, e non en todolos lugares. Habias na Gamoneda e sobre todo nas Baliñas. Cazala era unha aventura, pous aparte de mallar o corpo coa andaina, se caia algunha, había que sortear a vixianza dos carabineros, e as veces esconderse de algún veciño, pous a xenreira era ma consellera, e podian irle co conto o comandante do posto. Para xeral conocimento; había un posto de carabineros en todolos pueblos da comarca, agás Castrelos.
 Na despedida anual da caza, adoitábase ir a buscar algún cérvido, entre todolos cazadores. As veces repartianse uns para un lado e outros para outro, co fin de ter mais posibilidades.
 Habia envexas entre os que comian a caza e os non cazadores, que moitas veces non eran invitados a pitanza.
 Naquel ano fixéranse dúas cuadrillas con rumbos distintos. Era un venres, e a idea era facer a comilona o domingo (diomingo nalgunha xerga). Houbo sorte, e os que foron pra serra arrastreron un corzo. A outra cuadrilla tamén agarrou algo: un porco teixo.
 Como naquela época non habia nin neveiras nin frigorífícos, e se os habia, pola nosa terra eran totalmente inútiles, pous non funcionaban con pilas. Coido que a “luz”, no apareceu pola comarca da Alta Xeabra hasta mediados dos sesenta, mais ou menos.Ter, daquela, un frigorífico era como agora ter os dous ollos de cristal e ir o cine, mais o revés. Entonces, antes de cociñar aqueles grandes bechos, adoitaban adobalos e polos o sereo unha ou dúas noites, para que se le fora o arrecendo a monte, ou o bravío.
 As comidas case sempre se facian na mesma casa.Había nela unha muller que sabía prepar ben a carne e logo facela de varios xeitos, que ante a escaseza  proteica arrastrada, sabía a gloria verdadeira.
 Preparouse ós dous animais, cadabres, e puxéronse o sereo un par de noites. No xaneiro as xeadas eran de sona, e as nevadas tamén. Neste caso coicidia unha nevada de mais de unha semana, xa dura polas xeada que tiña enriba. E aquelas dúas noites xeou a reo.
 Tres paisanos, decidiron na última noite, afanar a comida do alto do louxado en proveito própio. O patrón da casa onde se iban cociñar, maliciouse, e a media tarde, sacou a corza do alto e deixouna na andega.
 Os ratas, leveron a cabo a faena, e argalleron de que le cociñasen a quela carne que xa estaba adobada, penseron en invitar a algún do outro bando e facerle pagar o viño, cousa que non deu resultado. Negouse.
 Cada grupo cenou polo seu lado. Os da rapiña chufándose da sua fazaña, e os outros argallando unha vinganza.
 Unha vez artellada a vinganza, decidiron deixalos acabar de cenar, e cuando xa tiñan noticias delo, deixeronle un recado no cimo da escaleira, e bateron na porta o mesmo tempo que liscaban.
 Cuando sairon a ver que pasaba, atoperonse co recado ben postiño na escaleira. Ningún tivo tempo de baixar a escaleira. O primeiro que saiu, gulpiu ali mesmo, e os outros, cos restos soltados polo primeiro e o presente, casi botan os boches alí mesmo.
 No cimo da escaleira estaba a cabeza do teixugo con pel e todo e cos dentes regañados a rir cara a eles.
 O estómago, según as más linguas, tardou mais de unha semana en entonarsele de novo.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

¡SOLO CONJETURAS, MIAS!


Miércoles catorce de Septiembre de 2011, después de estar trabajando en la limpieza de la bodega, tinajas, pipas, estrujadores  y demás aperos necesarios para la transformación de los racimos de Tinta Madrid, Mencia, Merenzao, Tempranillo, Verdejo, Malvasía, y algo de Tinta Roiriz, me fui a comer.
 No hablo de los frutos de la tierra que he comido, porque no quiero que nadie sufra un exceso de jugos gástricos al leer los nombres de esos frutos cosechados en el Vergel de A Porteliña. Por menos a veces los infartos se ceban con el personal.
 Después de todo eso, me acerco a la antigua escuela, donde por gentileza del Ayuntamiento, mejor dicho, de su corporación, puede uno acceder a Internet.
 Estaba yo en esas, mirando la prensa, blogs de amigos, facebook y demás servicios de comunicación, y pensando en como la cosa ha evolucionado. En esta misma escuela que un servidor de ustedes ayudó a construir, haciendo de pinche para los albañiles que la levantaban, allá por los años sesenta del siglo pasado. ¿Quién nos iba a decir a todos nosotros que un día se podía ver aquí la TV.o navegar por eso que se llama la Red.
 Siempre he dicho que mi generación ha pasado sin solución de continuidad de la época del arado romano a la de los viajes a la luna y más.
 Siento un ruido, fuera de la escuela, me asomo y veo un coche de la G. Civil. Se baja un guardia, y se acerca a mí preguntándome si sé algo de los incendios que por aquí han sido. Le pregunto que si está ardiendo por algún sitio. Me dice que no, los de días pasados, dice.
 Le contesto que no sé nada, paro al miso tiempo pienso: “ A buenas horas mangas verdes”.
 De todas formas mas vale tarde que nunca, si la investigación es buena y descubren los incendiarios o incendiario, buena sea.
 Le digo que aquí ya no queda nadie con piernas, que ponga fuego. También digo mis sospechas sobre los mismos.
 Como le he dicho a él, en los incendios que yo tuve la oportunidad de sufrir, siempre, siempre, la aparición de los helicópteros y las avionetas contra incendios fueron de una rapidez rayana con lo increíble. Como si estuviesen con los motores en marcha, y dispuestos.
 Otra casualidad que descubrí fue la de observar una avioneta o helicóptero de reconocimiento ya antes de media hora descubrir humo. ¡Siempre detrás del humo suele haber fuego!.
 ¿Será la crisis que nos quiere achicharrar, antes de devorarnos?

miércoles, 1 de junio de 2011

ISTORIAS DE VAL DOS MARCOS


                                       A casa da tia "Iginia"
 Desde tempos inmemoriais, a porta da tia “Inginia”, fora o punto de reunión dos mozos, e non tan mozos do Barrio de San Ciprián.
 Hai que decir que a comarca, chmábase Hermisende, que se dividia en dous barrrios, o xa mencionado e o de Santa Maria. Co tempo acabaou todo chamandose Hermisende e San Ciprián de Hermisende. Cousas do centralismo.
 O motivo de esta nova entrada reside na idea de ir contando cousas da comarca a traves dos seus habitantes, das suas istórias, que recordo e aquelas que no seu momento me conteron.
 Contarei as cousas, tentando axustarme o mais posible a como eu as coñecín e tamén a como mas cunteron. Tamén tentarei de relatalas, dentro das miñas capacidades, no idioma que se fala por alí. Será dificil, mais por intentalo que non quede.
 Na porta da tia “Iginia”, desde os tempos que eu recordo vivian xentes, que espero non olvidarme de todas.
 Hai unha especie de plaza, na que por un lado está o chamado forno de arriba, no medio de dous camiños, o que sube hacia o Camiño Novo, e o que vai por detrás do mesmo hacia as airas do Souto. Na parte sur da plaza vivia a tia “Madalena”. O lado da súa casa, tiña o ti Xico a bodega e as Rafaelas un tear, diante deste e separada por o camiño que baixa a casa das Rafaelas, esta a casa do ti Xico que está o este na plaza. O norte a casa da tia “Iginia”,outra casa o lado dreito desta na que nunca conocí a nadie vivindo nela, e a parte de arriba a casa dunha muller que non recordo, pero sei que se chamaba a tia “Madalena”, que non tiña nada que ver coa outra Madalena. Aquela era da familia das bichas, e estaba casada cun home que se chamaba ti Gonzalo, que polo que escutei del, era un home de pelo en peito, cunha triste istória no seu final. A casa tamén se conocía como a casa da figueira.
 A casa da tia Iginia, tña na parte baixa unha corte, e no piso de arriba vivia ela.Para aceder a vivenda, a casa tiña unha escaleira, bastante alta que no cimo da mesma tiña a porta da cociña, e un corredor que levaba a outra habitación. Normalmente a comunicación entre distintos departamentos de unha casa facíase por un balcón.
 A reunión dos mozos era arredor da escaleira, a propia escaleira e a parte de abaixo do balcón que resguardaba o personal en caso de chuvia.
 A medida que vaia adentrandome nos relatos, tentarei describir todas as casas da aldea, e lembrar os seus habitantes.
 Neste primeiro, referirei unha istória, que xa relatei por aiqui, e quero empezar por ela porque a protagonizou un tiu meu e unha velliña que vivia, creo, na casa da tia Madalena, irmá do ti Xico. Coido que era unha tia deles.

                                        O forno d'arriba
 O meu tiu chmábase Isidro, e morreu e Valladolid, nos anos da guerra que eu chamareile incivil.
 Parece ser que a velliña, que vivia sola, tiña unha cabra, seguramente le proporcionaba leite para mezclar coa infusión de malta, que era un sucedáneo do café, pero moito mais barato, co que tomaba o xexún.
 A cabra levaba ó pescozo unha esquiliña, que a súa dona idenficaba polo tintineo.
 Unha noite de inverno, meu tiu Isidro subia para a sua casa, e o pasar diante da casa da vella señora, escoitou a esquiliña, e sen encomendarse a nadie nin a nada, entrou na corte, quitoulle a esquila a femia caprina, e saiu hasta a escaleira onde a fixo soar hasta  que a súa moradora se deu conta. Esta entonces pensou que a cabra se saira da corte, e en alpargatas saiu co ánimo de recollela, pois no camiño habia neve e no inverno os lobos rondaban por alí.
 O Isidro, como estaba bastante oscuro e a pobre muller xa non via moi  ben, liscou cara a Falgueiras, tocando a esquiliña de cuando en vez, incitando a muller, que a trancas e barrancas tentaba seguir a esquila  chamando amorosiñamente pola cabra, que cada vez se alonxaba mais.
 Nesta leria deronle a volta a todo o souto de Falgueiras e o Viñal, volvendo hacia a aldea. Cuando xa estaban cerca o mozo acelerou o paso hasta chegar a corte da cabra, onde por última vez fixo soar a equila. Púxola de novo o pescozo e saiu o camiño a esperar.
 Volveu a muller, foi a corte, viu que a cabra estaba alí, e dando gracias o ceo, amonestou a cabra de que nunca debia volver a sair de noute sola.
                              A plaza desde o oeste.

lunes, 30 de mayo de 2011

O CIPRIANILLO NON ENGAÑA



 Alí estaban. Inda eran grandes amigos. Co tempo a cousa cambiera bastante.
 Tiñan ferramentas. Picos, palas, barras de ferro, e demais trebellos para facer unha boa e grande excavación.
 As ferramentas estaban deitadas contra unha das grandes fragas do Castelo de Rechouso pola banda de Veiga de Chuces.
 Mireron un pro outro. Non sabian onde empezar a cabar. Despous de medir as sete varas que separaban a raposa do tesouro, deronse de conta de que, ou ben non entenderan o Ciprianillo ou fixeran mal os cálculos.
 Como podia ser. O libro deciao ben claro : sete varas medidas desde a pedra da raposa, no fondo do Castelo de Rechouso, en direccion da pedra no sur.
 De repente un deles, deuse conta de algo. Tomeran como o norte o alto do castelo, mais desde onde estaban na dirección errada. O sur quedaba uns cuarenta e cinco graos a direita. Descubrir aquelo non les solucionou nada, pous naquela dirección metianse nunha morEa de penedos moito mais grandes, nos que era imposible agachar tesouro algún.
 Penseron que as ferramentas que levaban alí non le servian pra nada. Penseron que a mellor ferramenta sería a dinamita. Solo tiñan un problema. Onde rebentala. Todo era unha inmensa morea de pedras.
 Recolleron as ferramentas, agocheronhas nos prados de Rechouso, nas fragas dos Caldeiros.
 Volvian a aldea, un pouco mohinos, cuando se cruceron con dous cazadores que subian pola banda das Carbuizas.
 Aceneronse coas mans, decindose adeus uns os outros. Unha vez que os buscatesouros trespuseron na purtela das Carbuizas, o cazador mais vello díxole o novo: Xógote o que queiras que estuveron buscando o famoso tesouro do castelo. Imos alá e xa veras como escarveron algo por alí. E o mesmo tempo voute ensinar a famosa raposa. Comemos a merenda a beira do castelo e logo baixamos desde o alto do Ladeairo hasta a purtela de Rebordelo.
 Subiron polos penedos dos Caldeiros, onde caceron un par de coellos de camiño.
 Chegueron a pedra onde estaba a raposa, que o vello tivo que mostrarle o seu compañeiro, pois este no se decataba dela.
 Asombrado o mozo, preguntoule o veterano, que como sabia da  raposa, o que este respondeu: ¡PORQUE A FIXEN EU!.
 Empeceron a rir de tal xeito que o fin xa non se sabia se rian ou choraban.
 Acamperon a comer a merenda, beberon a bota de viño, e o acabar deron conta de un termo de café quentiño.
 Como xa tiñan un par de coellos, decidiron que xa non irian a buscar mais. Se de camiño saia algo ben, e se non, xa tiñan dabondo.
 Estaban deitados enriba dunha pedra plana, coas mochilas debaixo da cabeza.
 De repente o mais novo díxo. Mira, os buscatesouros trabuqueronse de sitio. A raposa está alí, no cimo do castelo.
 Efectivamente desde onde estaban víase unha pedra grande, que desde alí viase o trasluz como unha perfecta raposa escarbando.
 Subirón hasta a pedra. Examineronha por todolos lados, dandose conta que solo tiña a apariencia desde abaixo.
 Calculando sete varas hacia o sur atoperon unha lastra plana, na que habia uns riscos.
O miralos ben viron que era unha fermosa pedra con un feixe de inscripcións. Estaba tan aproveitada a superficie que non cabia nin unha figura mais.
 Era e é un dos mais grandes e fermosos petroglifos da comarca. Algún día darémola a coñecer.

viernes, 8 de abril de 2011

TORMENTA NA SANTAMARIÑA (II)


 Co berro da muller, erguéronse todos para ir a socorrela. Entonces o forasteiro, cunha voz forte e autoritária, ordenoules qe fiqueran no escano. Colleo da man un rapaz de uns oito anos e díxole que fora con él. Acercouse o cuarto das maseiras onde a muller estaba perneando. Dixole ó rapaz que le collera a cabeza, mentras él metia unha mau dentro dun peto do capote, e sacou unha caixiña, branca. Colleo co dedo polegar  e furabolos unha pizquiña de algo que alí tiña e meteulo a muller debaixo da lingua. Casi instantaneamente a muller recuperouse, ergueuse e volveu a cocña. Dentro quederon o forasteiro e o rapaz.
-         ¿Cómo te chamas? – preguntou o forasteiro.
-         Chámome Agostiño – dixo o rapaz - ¿E vostede?
-         Podesme chamar Bienvenido. Agora volveremos a cociña, e non digas nada do que viste aiqui. Dí solo que me axudeste a dar masaxes a muller. ¿Vale, dasme a túa palabra?.
-         Si, dou. Non direi nada da caxiña. – Dixo o rapaz cun convencimento férreo.
Entreron de novo na cociña. Alí habia un novo rebumbio. Todos decian ver figuras a través dos cristais da fiestra.
 Habia un gran nerviosismo, e ademais cada vez chegaba mais xente a casa. Naide sabia porqué de repente tiñan a necesidade de entrar naquela casa. Era porque se decia que fora a primeira en construirse no lugar, outros decian que por que eran parentes e outros non sabian decir qué fora o que les impulsera a ir alí.
  Entonces o forasteiro, díxole o dono da casa que habia que cerrar as contrafiestras, para evitar os reflexos nos cristais, e cerrar todas as portas, con trancas por dentro. Se alguén viña xa chamaría e abríasele. Cousa que fixeron no momento.
 O Agostiño, non saia do lado do forasteiro. Este retirouse un momento, seguido do rapaz, o cuarto das maseiras, e sentouse nun pequeño tallo que alí habia. Meteu a caluga entre as mans, e o rapaz pareceule que saloucaba. O veloo mirou para él, e con cara triste, díxole: Estamos bastante desamparados, o que parece unha tormenta en realidade é unha especie de guerra. Vai morrer demasiada xente aiquí e hoxe. Non digas nada, e tés que axudarme. Ti e o teu avó, estais fora de peligro. Imos ver a cuantos somos capaces de salvar.
 O rapaz quedou abraiado, pois non entendia moi ben todo, e menos o que le decia o Bienvenido. Asi e todo sentíase importante de que aquel home le fixera aquelas confidencias e sobre todo de que o tratera como a un igual.
 A tormenta arreciou . As contrafiestras empeceron a moverse pesia os ferraduras que as suxetaban. O vento fíxose tan forte que non resistiron. Cuando caeron tanto fiestras como contras quedou todo a escáncara. O que había fora da casa era infernal. Lóstregos, tronos, todo sen solución de continuidade. E o peor de todo era que as figuras fantasmagóricas repetianse por todolos lados, e vían-as case todos.
 O terror apoderouse de toda a xente. Solo o forasteiro, o rapaz Agostiño e seu avó, conservaban a calma. Era como se a cousa non fora con eles.
 Caeu un raio na espadaña da igrexa. Foi de tal potencia que derrubou a espadaña, tirou coa metade igrexa, e automáticamente empezou a arder. Queimábase como se toda ela estivera feita de palla.
 Dentro da casa cada vez era mais grande o medo e a desesperación da xente. Quedaba xa pouca xente que non tivera un ataque como o da primeira muller. Había tres persoas mortas, e parecia que aquelo ia a mais.
 Entonces o forasteiro, chamou o rapaz a un lado e díxole que él ia a sair a calmar aquela tormenta. Deule a caixiña branca, e díxole que a fora usando tal como le vira facer a él. Que cuando quedera pouquiño po, que a deixera descansar unha media hora, e que ela mesma se rexeneraba de novo. Deule un libriño que le mandou agochar de todos, pedindole que non o intentera ler hasta que non tivera mais de vinte anos.
 Quitouse o capote que le entregou o avó do rapaz, espido de cintura para arriba, saiu o lugar onde a tormenta facia mais estragos. O chegar alí púxo os brazos en cruz, e mirando as néboas berrou que parese aquelo, que alí habia xente sinxela que non se merecia aquelo. Que a tormente se dirixira a él e deixera en paz os habitantes da aldea.
 Entonces os raios concentréronse todos nel, hasta que a tormenta agotou toda a súa forza. O vello quedou tirado no chao como un guiñapo mentras escampaba, e cando pasou un pequeno tempo o seu corpo desapareceu.
 Na casa xa non houbo mais dislates, e todo volveu a normalidade, salvo para o Agostiño, que de súpeto adquiriu a conciencia de un home de mais de oitenta anos.
 Xa nunca volveria a ser un rapaz.

Continuara…….






miércoles, 6 de abril de 2011

TORMENTA NA SANTAMARIÑA



 Empecera a formarse no medio dia. Facía un calor, que aplastaba contra o chao. Non se movia unha brizna, e os páxaros caleran todos. Incluso as pitas, arremolineranse, na entrada do poleiro  no cimo da escaleira.
  Os cumulonimbos cada vez eran mais grosos, parecía que uns xeraban outros, hasta que todo, por enriba de Val dos Marcos e aledaños quedou cuberto daquelas néboas que nada bon presaxiaban.
 Veu o primeiro alustro seguido dun estrondoso trono, que abanou todo. Un dos vellos dixo, xa están os touros de San Pedro correndo co carro sin ton ni son. Mesmo parecia que por enriba dos nubeiros andaban carros Xabreses e Trasmontanos, con rodas macizas de negrillo e ferradas con aros de ferro, como se fosen correndo por un lugar parecido as callostras de Vilares e Veigadiz xuntas.
 Xa pasará, dixo outro vello, neste tempo as tormentas son de moito ruido, mais duran pouco. Non era un bon oráculo, aquel home.
 Cando chegou a noute, a tormenta estaba instalada no mesmo sitio. Era como se os cumulonimbos estiveran anclados por enriba do Tuela. Uns “vientos” suxetaban-nos no Auguallal, outros no Montemuga, e os restantes na Escusaña e no cimo do Ladeairo.
 A xente que estaba na seitura pola parte das Carbuizas xa volvia pras casas, todos asustados, pois a auga alaguera todas a leiras, os mollos navegaban como gamelas camiño da Estante.
 Nunca naide vira algo semellante. A noute votábase encima e aquello non tiña trazas de parar. Volver a casa era o mellor.
 As campas da igrexa, que tiñan sona de afastar as tormentas, desta vez non fixeran nada. Alguén estivo tocandoas mais de media hora, mais parecía que en lugar de alonxar os lóstregos e tronos, mesmo os atraia como un imán o ferro.
 A auga escomenzou a correr por sitios inusuais facendo novas vias de desaugüe. Foi unha época na que se fixeron cabocos novos, tal cual como o de Trasil, e o do Carballal que baixa desde a Lama de Acebro.
 A casa era a primeira que habia, baixando do lombeiro. Estaba polo tanto rodeada de un par de rigueiros de auga da tromenta. Estaba orientada de Este a Oeste, era alargada neste sentido, tiña a vantaxe de estar o sotavento do norte. Era o edificio da Igrexa que a defendía.
 Na parte Oeste da casa estaba a cociña. Unha Lareira grande, cun escano corrido arredor, con uns tabiques de estuque que a circundaban, deixando unha entrada directa a lereira. Xusto na parede frontal habia unha sola fiestra, de dúas follas con dous cristais cada una. As medidas eran de uns sesenta centímetros de alta por cuarenta de ancha. O escurecer, xa non se via nada  dentro, se no era cunha candieira, posta no seu lugar.
 Arrimeronse arredor da lareira os vellos que non foran a seitura e os meninos, hasta que empeceron a chegar os segadores, que viñan mollados desde os pelos da cabeza, hasta as unllas dos pés.
 Todo era un arrepío, pois según decian, nin os mais vellos acordaban unha tormenta tal.
 Fíxose de noite. A lareira encheuse de xente mollada, e as mulleres vellas afanabanse enriba dos potes facendo o caldo.Os rapaces acurrucados casi debaixo dos escanos, pous o ruido dos tronos era de tal xeito que estaban todos a tremer.
 De repente, un fogonazo, clareou todo como se fora medio día. O trono foi casi instantáneo e fixo tremer os lizaces da casa  Fora sentiuse un estrondo errepiante con chirridos de cousas rotas. Un castiñeiro, fora derrubado por un raio. Todo indicaba que aquel non fora o único nin seria o último.
 Cuando estaban a baixala mesa para cear, chameron a porta. Era raro, pous a xente do lugar nunca chamaba, entraba e unha vez dentro decia o nome do patricio ou matricia como sinal de confianza. Volveron a chamar e ante insistencia saiu o pater familia a abrir a porta.
 Diante del estaba un home cuberto cun chapeu e tapado cun capote que casi le chegaba os pés.
 -Colleume a tormenta, estou empapado, ¿poderian axudarme?.- Dixo o forasteiro.
 - Pase.Axúdaremolo – Respondeu o amo da casa.
 Unha vez que o forasteiro estivo mais ou menois seco, escomenceron a cenar. Unha cunca de caldo de berzas, e uns cachos de touciño acompañados por unha codia de centeo, como aquel que quedera a nadar inda dentro das espigas e sin moer, nas Carbuizas.
 Xa estaban acabando a cena, cando de súpeto, un golpe de aire, apagou as candieiras quedando todo solo alumeado co rresplandor dos trafugueiros.
 Na fiestra dibuxouse una fazula extrana, con mirada burlona, que se movia co impulso do aire. Onde a maseira de facer o pan, unha das mulleres deu un berro, lastimeiro e ó mesmo tempo caeo de rabo estirado.
 Cantinuará, na proxima entrega…….

viernes, 11 de marzo de 2011

O PORCOPISCO



 Nesta semana que xa caseque está liquidada, volvi a atoparme cun amigo que xa facia un tempo que non ollaba.
 Estuve en Val dos Marcos, concretamente na Porteliña, lugar o que teño que revisar de vez en cando, por aquelo do que poda pasar no futuro. E decir fun a facer a decrúa, nalgún caso xa fixe decrúa e vima, pois o asunto do futuro está lixeiramente fodido, e hai que facer por ter algo na despensa, por se as fames chegan de sútaque.
 Como decia, andaba eu nas tareas da decrúa na cortiña, cunha piocha recien mercada, a cual cando fui a pagala o decirle o vendedor que me parecía cara, contestoume “ é que é Bellota”. Argumento importante e definitivo que fixo que me quedera con ela.
 Levaba xa un pouco alí, tentando conseguir que o meu lombo se axustera a situación, pous inda que pareza mentira, as bisagras lumbares rechiaban como se non estuveran ben engrasadas, en un deses momentos no que un se especa no mango da ferramenta tentando recuperar folgos e maquinando sobre esa carallada bíblica que manda ganar o pan co suor da testa, chegando a conclusión que o mellor era seguir enterrando a piocha no poulo.
 Mirei pra trás de min, para ver cantos centímetros cuadrados levaba  esbourados, cando alí estaba él. Tímido, ollando pra min cunha mirada algo recelosa, a unha distancia prudencial, supoño que por precaución. Unha piocha de mais de dous kilos de peso, acolloa a calquera. El non era unha excepción.
 Co mellor xeito do que fun capaz e cunha voz tamén o mais agarimosa que pude, saúdeino, e non debin de convencelo pois sen mais liscou.
 Seguín co meu traballo de decrúa-bima, e o pouco tempo escutei casí pegado ós meus talóns un cante rechouchiado, que me pareceu xa coñecido.
 Estaba alí mesmo, no alto do pequeno teixo que anos atrás plantera, era él sen dúbida ningunha.
 Xa me recoñecera, e atreviase a acercarse de novo. Levantou o voo, e plantouse no mango da machada que tiña alí o lado. Soltou dous estridentes rechouchios e como se a cousa non fora con él, empezou  a zamparse as miocas que a piocha ia deixando o descuberto.
 Era o Porcopisco, tamén chamado Porquiño do Rei, que seguro que nalgún brote de negrillo, os grandes morreran, tiña a compañeira aniñado.
 Coido que o “printemps”, xa case etá entre nos. Espero que os tirabeques que sementei no mes de Santos den unha boa colleita, e que o meu amigo poida comer algún.
  A volta para Vigo, columbrei desde O Canizo a Serra do Invernadeiro ben cuberta de neve,hasta a Cabeza Grande no alto de Manzaneda o mesmo que no abesedo da Gamoneda. Supoño que na Segundera, tamén haberá capa de neve, o que nos deparará abundante auga no estiaxe.Agora xa solo nos falta que a “Salmo Faria” retorne o Tuela.

sábado, 12 de febrero de 2011

¡SOLO CAMBIAN OS TEMPOS!


 Viron-o pasar no fondo das Fragas do Litro. Subiu caboco arriba hasta o Salgueiro, agachado para que ninguén o vise.
 As circunstancias eran as mesmas de cando se foran, pero o revés. Marcheran acuciados pola fame e volvian porque xa non eran capaces de quitala denriba.
 Él adiantábase, para limpar un pouco o pazo, a señora marquesa viria en dous días, acompañada pola fiel criada, gracias a cual inda subsitian.
 Entrou pola canada do Slgueiro hasta que chegou o pazo.Estaba o casón cheo de musgo, silvas e o portalón semellaba medio enterrado Tentou abrilo, cando se convenceu de que non era capaz de facelo, mirou para todolos lados, e o no ver a nadie saltou a horta e meteuse pola bufarda da escorrentía do que fora a corte dos porcos. Daquela estaba enxuta. Menos mal.
 Cando entrou no salón, inda atopou as botellas coas que brindera a última vez. Unha de Champagne que a trasegueran él e a marquesa e a de gaseoasa feita e Lubián, que se meteran o coleto coa criada.
 Púxose a limpar e adencentar un pouco o casón. Debería deixalo en perfecto estado de revista para cuando chegara a marquesa e a criada.
 Subiu a o que quedaba da torre do homenaxe. Esculcou o pobo de arriba a baixo e decatouse de que casi non saía fume de ningunha chimenea. So contou catro. Eso quería decir que a finais do outono xa casique non quedaba nadie do lugar.
 Terian difícil volver a súa antigua vida. A mau de obra debia escasear, se é que habia algunha, e o negocio da marquesa polo barruntado non teria moito futuro. Ainda que agora, aqueles menesteres correspondianle a criada. Era vinte anos mais nova que a marquesa.
 Logo se correo a voz entre os veciños, que cando non habia ningunha muller as vistas, relambianse dos recordos de cando o pazo inda estaba habitado, Todos tiñan bos recordos da marquesa, casi todos coñeceran a sua maneira garimosa, cando le pedia a algún que le axudera a pisar a herba da palleira. Antes de se marcharen sempre les enseñaba a escaseza que empezaba a ter ou ben de patacas, ou de castañas. Do viño non facia falla que dixera nada, recordábao o marqués a todos a saída.Aquelas carrioulas de homes con cestos e sacos o lombo, serian dificiles de esquecer.
 Cando chegou a marquesa, parecia o mundo o revés.Ia con roupa farrapenta, e a ben vestida era a criada.
 Nada mais chegar o pazo, a criada e a dona, o marqués deulle-la ma notícia. Alí non tiñan futuro. A xente migrera, quedaban poucos. O parecer enchíase o lugar no vrao, mais cara o inverno, solo quedaban os gatos que foran bos muradores, pois se non muraban morrian de fame.
 Como eles non sabia murar, a marquesa xa non podía traballar, pois era vella e pouco desexada, él non servia tampouco para aquelo que o fixera famoso outrora, a única que podia subsistir era criada a base de facer publicidade polos lugares dos arredores, mais tamén tería que esperar o vrao, que era cando haberia un chisco de sangue nova.
 Os tempos aqueles nos que as cartillas das racións as levaban as mulleres debaixo da faldriqueira, xa pasaran. Ademais agora, xa non se respetaba a nobleza.
 Fíxeron unha fogata cos libros, poucos, que quedaban, quentéronse e brinderon antes de volver a marchar. Esta vez os trres xuntos. Con auga da fonte do Souto, eso sí a marquesa e o marqué beberon a morro pola barrila, a criada na única copa que quedaba da vaixela de Sevres.
¡

jueves, 3 de febrero de 2011

¡COIDADO COS PAXARIÑOS!



 Queria contarvos unha história. Ocorreu algo co que non contaba. Deime conta que mesturaba duas histórias relacionadas con un mismo protagonista e coprotagonistas distintos, mais todo relacionados coa mesma familia.
 O inductor dos “delitos” era o Pepe, o carpinteiro, e os coprotagonistas duas rapazas, daquela,  filla e netas das Bichas.
 Como sei que algunha delas, as veces leeme as chorradas, espero que teña a ben aclararme quén foi quen.
 En dous momento distintos, e separados por uns cantos anos.
 No primeiro caso estaba o Pepe traballando, coido que era para o Elias do ti Constantino.
 Nunha das tardes, alguén trouxole a Francisca un paxariño desaniado que collera no monte. A rapaza estaba moi leda co seu tesouro nunha caixiña. Nun mal momento foilo ensinar o Pepe.
 ¡Que paxariño mais bonito tes!- dixo Pepe-. Sabes unha cousa tes que ensinarlo a gatiña para que le dé un bico.
Deben facerse amigos, pois van vivir na mesma casa.
 Pepe continuou co traballo. A rapaza saiu do lugar do traballo. Dalí a un pouco tempo, a rapaza volveu, toda mustia e coa cabeza ascondida entre os hombreiros. Levaba cara de haber chorado.
 O vela meu pai, acordouse do páxaro, e pensando no que podia haber sucedido díxole – ¿Que pasou, papouto?
¡ Non- respostou a rapaza- comeuno!.
                                                 ........................
 Noutra ocasión, neste caso creo que foi a Fernanda. Tamen le trouxeron un páxaro. Chegou a onde estaba o Pepe, ensinoulo, (Non sei se estaria por alí o Modesto). Díxole á rapaza que tiña que metelo nunha caixiña que fixera as veces de gaiola, mentras agenciaban unha.
 O parecer ninguen se deu conta, e rapaza agachou o paxariño debaixo dunha almofada que habia nun banco, no balcon, mentras buscaba unha caixa.
 Chegou a tia Josefa do monte, como sempre algo cansada, e sentouse no primeiro lugar que atopou. ¡O lugar elexido era a almofada onde estaba agochado o páxaro!.
 Ningué se deu conta do acaecido. Dali a un pouco, o Pepe deuse conta de que a rapaza estaba triste, e preguntoule polo páxaro.
 Entón ela respondeule. - ¡Esta con Dios!.

 Quero deixar constancia de dúas cousas: daquela os rapaces solo tiñan os xogos que les proporcionaba a natureza, un páxaro era un dos mellores.
 Segundo espero que a Fernanda e a Francisca non se mosqueen conmigo, non leva ma intención.
 Unha aperta para as duas.