A xente non morre. Mentras esté na
lembranza de alguén,sigue viva. Para min siguen a vivir a maioria
daqueles que nun momento ou noutro fuxiron deste mundo.
Na miña xuventude gostaba moitode
falar cos chamados por a xente nova “os vellos”. Naqueles tempos
nos que inda non habia Tv., a radio escoitabase mal (aquelas radios
de galena). Digo esto para aqueles que nacisteis nunha sociedade
rebozada dentro das redes e a informática actual.
Igual hai quen pensa que, daquela, a
nosa vida era aburrida, e iso non é certo. Tíñamos os nosos medios
para non caer no aburrimento. Eso sí, en moitos casos habia que
estar en boa forma fisica, pous as veces a resistencia fisica era
imprescindible.
Eu pola miña parte gustaba moito de
escoitar a aqueles homes, xa ancians, e que tiñan detrás de si unha
larga e dilatada vida e experiencia. A maioria deles estiveran
emigrados, como eles decian, do outro lado do charco, e incluso
dentro da peninsula. A terra xabresa nunca foi escesivamente propicia
e abundante a hora de darlle de comer os seus fillos. Igual que a
terra de Tras os Montes, que para min son as mesmas, solo cambia un
chisquiño a fala, e esa raia imposta desde tempos moi atrás.
Falando cos interpretes daquela época,
nunha ocasión contoume o “ti” Alexandre, unha bonita história
das fames e a habilidade de algúns para paliala.
Como sabedes algúns, o “ti”
Alexandre era natural de Montouto, pertencente a zona de Vinhais,
estaba casado en Sancibrao, onde inda viven fillos e netos. Era unha
verdadeira enciclopedia chea de conocimentos empiricos, e cunha memoria
que creo que debia ser prodixiosa. Tamén penso que era analfabeto,
cousa que non era de extrañar, pous daquela, debia-o ser o noventa
por cento da poboación, cousa mais acentuada entre as mulleres.
Ensinoume él a facer o caldo de
pedra.
Naqueles tempos habia moita xente que
comia gracias a que habia persoas que, ainda que tiña pouco, era capaz
de dar de comer a algún necesitado.
Parece que nunha ocasión, apareceu por
unha daquelas aldeas, da o mesmo se era Xabresa ou Trasmontana, a
istória poderia ser en calquera das comarcas, apareceu, decia, un
home pedindo, e acercouse a unha das casas dos que mais tiñan
pedindo algo de comer, cousa que le foi denegada. Entoces o home
dixo, que xa ia tempo que non comia nada, e que se o deixaban faria un
caldiño de pedra, alí, no curral.
Dironlle permiso para facelo, e
mirando ao seu arredor, botou mau dunha pedra, que limpou con mimo e
moito agarimo. Unha vez limpa dixo que se le prestaban un potiño
poderia facer o seu caldo. Presteronle un pote no que meteu a pedra e
cubriuna de auga. Dixo entón que si le deixaban arrimar o pote o
lume, enton a auga ferveria cousa imprescindible para facer o caldo.
Deixeron-no arrimar o pote o lume, e toda a xente da casa estaba espectante e
arremolinada a ver no que quedaba a cousa. Escomenzou a ferver a
auga, e entón o moinante dixo: esto quedaria moito mellor cun
chisquiño de unto, cousa que a dona da casa le proporcionou.
Continuou a cocer o unto e maila pedra, e volveu a decir que cunhas
couves (Berzas), aquelo quedaría un pouco mellor. Enton a dona da
casa trouxole duas follas de berzas tenras que o pedigüeño labou e
partindoas afogounas na auga. Aquelo xa empezaba a ter un recendo moi
agradable, para todo o mundo presente, que fixo comentários de
aprobación, cousa que o famento aproveitou para deixar caer: Irialle
moi ben un cachiño de chourizo. Cousa que le puxeron o seu
alcance rápidamente.
Cuando todo estaba cocido o home sacou
do seu morral un cacho de pan duro, e metendo-o no pote, escomenzou a
comer aquelo e a lamberse, hasta que deu conta de toda a comida.
Os mirois, estaban esperando a ver que
ia facer coa pedra, pous non se decidira a comela. O preguntarle por
ese detalle, respondeu que a pedra guardaria- no macuto para outra
ocasión. Entonces a muller da casa, díxolle: Mire, vostede ten a
oportunidade de domeñar outra pedra, mais estes meus homes, seguro
que non o farian tan ben, Prégolle que me honre deixandoma para
facerlle o caldo nos dias sucesivos.
Deixola, si señora, e na proxima vez
que veña por esta aldea, pasarei pola sua casa, por si necesitan
que les amanse outra.
Coñecía a historia pero sempre apetece oíla.
ResponderEliminarCreo que o conto ten moito tempo. O meu amigo, xa vai mais de trinta anos que morreo.Hoxe atopei na rede o mesmo,mai referido a un frade,nunha paxina portuguesa..
ResponderEliminarO mundo quedasenos pequeno.
Aínda me fixeches rir oh! :)
ResponderEliminarEu non a coñecía.
Gracias por contala.
Aperta, Xabres.