Mostrando entradas con la etiqueta CANTOS CON ENCANTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CANTOS CON ENCANTO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de diciembre de 2013

COUSAS DO MEDO


 

O medo, algo que os homes mais aguerridos poden ter, é unha cousa espantosa, unha sensación atroz. E como unha desconposición da alma, un espasmo tremendo do pensamento e do corazón, o simple recordo produce escalofrios de anguria. Solo sucede en determinadas circunstancias anormales, baixo algúns influxos misteriosos diante de riscos indefinidos. O verdadeiro medo e algo así como unha reminiscencia dos fantasticos terrores do pasado. Un home que cree nos fantasmas, e que se imaxine que vei un espectro na oscuridade , sentirá o medo en todo o seu espantoso horror. (Cita de G. de Maupasant, aproximada)
Hai un pozo no rio Tuela, a un par de kilometros antes de que éste chegue a ponte do Cunqueiro, xa nas terras da Moimenta, alí onde apareceron os restos do ti Gonzalo, home farruco e tirado pradiante, que un desaprensivo carabinero, por vinganza, espetoulle un tiro a beira do caboco da Arrequeixiña, e, que, gracias a unha tormenta oportuna para o asesino, que caeo por alí no momento, o corpo foi arrastrado, regueiro abaixo hasta o Tuela e este levouno hasta os fragaredos do Cunqueiro, donde foi atopado pasado un tempo.
 O pozo en cuestión chamanlle; O pozo dos Barbeiros.
E un pozo, coma todos os do riu, formado para que as augas remonten os desniveis do terreo, e que fai un remanso pola marxe direita, hacia as leiras da Fervenza, e no fondo do mesmo antes de chegar o Fervenzón esta o vello vado polo que pasaban os carros hacia as leiras das Lameiras, e as vacas para o couto. Tamén quedan os restos do camiño que transitaban os carros a buscar a cal viva na caleira.
O nome ó pozo venlle dunha traxedia ocurrida nel. Dice a tradición que unha vez andaban dous irmans nadando e agarrando trutas nas cachoeiras do meandro do rio en Chaguazais. No fondo do pozo hai unha laxe bituminosa en  todo o ancho do caudal. Nesta fraga adoitan meterse as trutas mais grandes. Mais a avertura pola que se meten dentro é tramposa para as mans dos pescadores, ten duas averturas que todos os que algunha vez cacheemos alí sabemos. Por unha non se pode meter a man, solo tapar para que a Salmo Fario, non escape, e a man metese pola outra. O noso amigo parece que errou a hora de meter a man, equivocouse de buraco e non puido sacala. O irman o ver que tardaba en sair chapuzou hasta alá e atopouse co irman apreixoado. Tentou sacalo, mais o irman xa case nos estertores aferrouse a él coa outra man e non puideron sair do fondo vivos. Primeiro atoperon o cadavre de un e logo o do outro, que tiña a mau entalada. Os irmans eran barbeiros.
A partir daquel momento, o pozo quedou maldito para as xentes da comarca, e as lendas escomenceron a circular. Unha das mais coñecidas era a que decia que se alguén se metia no pozo, un dos irmans agarrarian-no polos pes e levariano o fondo donde irremediablemente afogaria.
Dous amigos desafiaron a lenda e nunha tarde do mes de agosto decidiron meterse no pozo a nadar, solo por arriba, sen mergullar. Primeiro un, deu unha volta nadando, e cando pasaba polo recanto onde afogaran os barbeiros o que estaba nadando deu un berro decindolle o amigo que non o agarrera polos pés, mais de repente deuse conta de que o amigo estaba inda fora da auga. Nadando como se quixera bater o record do mundo de natación saiu case sen folgos.
O amigo riuse del e díxole que era un medroso, que seguro que acordera dos barbeiros e o medo deixouse sentir no pe Para demostrale que todo era froito da sua imaxinación meteuse él a nadar. Deu varias volta polo pozo, rindo e dando aturuxos facendo de menos o medo do amigo. Este decidiu meterle medo, e as escondidas meteuse na auga e cando o outro estaba cerca, mergullou e acercandose agarrouno por un pé. O agarrado pegou un berro horripilante e quedou teso na auga, cando o compañeiro sacou a cabeza de debaixo da auga, pensou que estaba a xogar tamén e saiu a borda da auga, decindole o amigo que se deixese de facer o parvo e saise, mais o corpo xa empezaba a ser arrastrado pola auga, acercouse a desfacer a broma, mais o amigo estaba morto. Sufrira unha parada do corazón e non houbo maneira de reavivalo.Sentouse nunha pedra da borda e empezou a cavilar na situación. Cada vez estaba mais nervioso e non sabia moi ben que facer, cuando no medio do pozo viu a un dos irmans barbeiros que le facia sinais de que se acerquera a él. Antes de desaparecer no fondo do pozo para sempre, camiñando hacia o barbeiro, soltou unha risotada, que denotaba o estado de loucura no quedera.

miércoles, 19 de enero de 2011

OS QUE NON SON COMA NOS ¡QUE NON MOLESTEN!

Foi na miña época de relacións co mundo editorial. Nunha ocasión estábamos dando unha volta pola zona do nautico de Vigo, o editor Luis Mariño e mais eu. Quedéramos en vernos para comer xuntos, nun restaurante da zona, con un autor. Tratábase de convencelo de que nos deixera traducir o galego unha das súas obras, e editala.
 Cheguemos antes de tempo a nosa cita, e puxémonos a pasear polos arredores do Nautico. Estando nestas, acercouse a nos un cativiño, que teria uns cinco ou seis anos, e pediunos diñeiro. O preguntarle para que queria o diñeiro díxonos que era para mercar comida.
 O rapaz tiña trazas de non estar demasiado ben alimentado, e deducimos que era de raza Cigana.
 Entonces díxemosle que, se queria comprábamosle un bocadillo. Dixo que bueno, mais que tiñan que ser dous, pois o seu irmán tamén tiña fame. Luis e mais eu miremos un para o outro, e murmuremos, é listo o rapaz, quérenos tangar.
 Entonces dixémosle que trouxera o irmán e que le mercabamos dous bocatas. Saiu correndo e en menos do que canta un galo apareceu con outro rapaz de dez ou unce anos. A vestiementa era como a del, menos mal que era vrao, e non facia frio.
 O rapaz mais vello estaba bastante receloso, e non paraba de mirar para todolos lados, pensemos que tiña medo de que viñera a policia ou algo parecido. Entonces o mais pequeno díxonos que era mellor que le déramos os dous bocadillos él, e que seu irman quedaba fora do bar.
 Era un bar que estaba, non sei se inda está, na cabeceira do pantalán onde os donos das embarcacións de recreo as atracaban. Dentro do bar daba a sensación de estar dentro dun barco, había ollos de boi, un astrolabio grande na parede, e o mostrador de madeira, aparentemente noble, e uns camareiros uniformados e moi elegantes, supoño que de acordo coa clientela que entraba por alí, ainda que non debian ser demasiado esixentes pois deixabanos entrar a Luis e a min, e por outra banda non tiñan ningún letreiro que reservera o direito de admisión.
 O rapaz entrou de xeito tímido, un chisco detrás de nos, e entonces un dos camareiros moi digno, berroule que saíra para o camiño que alí él non podia entrar.
 O rapaz xa ia a sair cuando nos agarrémolo por un brazo, e dixémosle o camareiro que estaba con nos.
 O camareiro dixo que alí non podian entra ciganos, que o prohibia a dirección. Nos puxémonos teimudos decindo que solo queriamos mercar un par de bocadillos, e como non atendian a razons, tivemos que ameazalos con chamar a policia.
 Acepteron facer un par de bocadillos, démoslos o rapaz  e saimos con él. Entonces chamou polo irmán e meteronse nun calexón o lado da piscina do naútico. Chamounos a atención aquelo, e preguntémosle o pequeno, que era o que se prestaba a conversa, e díxonos que o pai deles estaba cerca vixilando-os, que solo podian coller diñeiro e levarlo a él, que si ahora os via comendo un bocadillo, bateriale ó mais grande, pois solo debian levarle diñeiro.
 Aquelo deixounos co corpo mal, e pensado que qué tipo de sociedade era a deixaba que uns cativo como aqueles, xa tiveran problemas como se fosen maiores, e que enriba houbera xente racista que le negaba todo.
 Antes de despedirnos dos rapaces, díxemosle que se fixeran ben en nos, e que cada vez que nos viran pola cidade, se querian e tiñana gana dun bocata, que se acerqueran a nos e nolo díxeran.
 O peuqeno vin-no unha vez pola zona da doblada, andaba cun carretillo recollendo ferros pola rua e esculcando nos caixons da basura. Coñeceume, pregunteile se queria un bocadillo e dixome que non, polo que deduxe que o pai non deberia estar lexos.
 Non o volví a ver.
                        Non está bébedo. ë un sin teito 

Por certo, comimos co autor que nos deixou editar o galego un dos seus libros, e o mais bonito a favor del; renunciou os dereitos de autor.

viernes, 17 de diciembre de 2010

¡Peligro!, deriva peligrosa


 Hoy, a las trece horas, he entrado en el bar de costumbre a tomar el vino de costumbre.
 Entro, me pongo en la parte final del mostrador, solicito un vino de los Arribes del Duero y un platito de jamón ibérico curado en la sierra cerca de Peña Trevinca. Por si alguien no lo sabe, siguiendo el sendero de la Laguna de los Peces, en dirección al pico mencionado, hay un viejo casón que engaña mucho. Parece una casa de vaqueiros de alzada, pero en realidad es un curadero de jamones ibéricos.Si pasáis por allí, no se os ocurra intentar entrar; hay mastines leoneses con ganas hincar el diente.
 Como decía me pongo en mi esquina favorita, desde la que domino todo el bar Metropol, y saboreo el estupendo jamón y el vino.
 Está la mujer del propietario, que es la encargada de sellar las quinielas y vender lotería, su marido, cuatro parroquianos. La tele dice cosas.
 En la TV, hablan de la reforma de la ley de pensiones. 65 años, 67, se acaba la pasta, en el 2040 no habrá pensiones si no hay reforma, etc., etc., etc..
 Un líder sindical protesta, más o menos dice que para aprobar la ley, tendrán que pasar por el cadáver de sus afiliados. La oposición que ella lo haría mejor, quitaría las pensiones y dari el dinero del fondo y de las ongs a la patronal, pués son los que crean trabajo. Otro partido que tururú que te vi que si es por ellos reparten todo y que trabajen los inmigrantes, les llega con la comida y agua porque en su tierra no hay.
 Dice la mujer del cantinero: lo que pasa es que estamos mal acostumbrados, queríamos vivir sin trabajar, todos a vivir del cuento y eso se ha acabado.
 Otro dice que hay que sacarle la pasta a los patronos, pués se la llevan cruda y viven de las subvenciones y de los dineros que sueltan los gobierno autónomos para formación de trabajadores y se queda en fornicación de los que no trabajan.
 La culpa la tienen los trabajadores, dice otro, trabajan poco, se dan de baja, y buscan otro choyo encubierto, no cotizan y otros que han ido al paro no quieren trabajo, pués hacen lo mismo.
 Que no, carajo, dice otro, lo que pasa es que los gobiernos han permitido las jubilaciones anticipadas y eso es una sangría, pués nadie quiere volver a trabajar, pués con el subsidio y la huerta, viven como agricultores franceses.
 ¡Haría falta una mayor concienciación en la gente, y que nadie abusara de los fondos sociales, pués al final perjudica a todos, dice mi amigo el que piensa que con conciencia y hablando se arreglan las cosas.
 De una mesa en el rincón mas oscuro se levanta un elemento desconocido, lleva corbata a rayas, traje de modisto de moda, camisa de “popelín”, zapatos italianos, y una pequeña afectación en toda su estampa y con voz alta y aflautada dice: lo que hace falta es un caudillo. Como Franco, que desde que se marchó se le echa de menos.Todo el mundo calló.
 ¡DEMASIADO CALDO DE CULTIVO!. Digo yo, y que Zeus nos coja confesados, esta monserga la estoy escuchando con demasiada frecuencia, a gente que por su edad no tiene ni puta idea de quién era el marido de “La Collares”.

martes, 28 de septiembre de 2010

¿ULOS TESTIGOS?



Eran outras épocas, outros modos de entender a vida, mais os comportamentos das xentes coido que non evolucioneron a mellor. Non quero decir que foran a peor, ainda que,¡quén sabe!.
Eran tempos de mallas. Xa sabeis, un daqueles traballos nos que todos necesitaban de todos para facelo no menor tempo posible.
Nas mallas podian suceder casi todo tipo de cousas, sen que pasara nada: Un gaveleiro podia meter no medio da gavela de palla a unha moza e levala ó palleiro, e todos contentos. Incluidos os pais da moza, e ela non digamos. O gaveleiro tamén, e seguro que tiña léria para o resto do ano.
O viño andaba polas airas en cabazas, en garrafas, é noutros recipientes. Éstes solo tiñan que ter unha característica única, que non verteran e que a capacidade fora superior a cuartilla.
Tamén, ainda que menos, as veces, circulaba algunha “caneca” de augardente, e se viña con noces do ano anterior, mellor que mellor.
Nomalmente, as inibicións personais desaparecian, e as veces agromaban as renxeiras.
Nunha daquela mallas, sucedeu que un home, recibiu unha media malleira de outro mais novo, que le xuntou a chaqueta de pana coa súa própia pel dun estacazo cun engazo.
O porqué da agresión non ven a conto. O agresor atizoule co engazo ó que despous sería seu sogro. Tal vex o torgo do problema fora ese.
O home agredido, sen pensalo mais, no medio da malla, decidiu denunciar a seu agresor.
O tempo, o Xuiz de Paz estaba en Val dos Marcos, lugar no que acaeceron os feitos.
Por se alguén quere detalles, o Xuiz era o ti Carlos. Tamén, daquela, o Segredario do xulgado era do Barrio de San Cibrao. Era o ti Germán.
Presentouse o home agredido, na casa do xuiz decindo que queria denunciar os feitos. Tiña a cara chea de sangue, e moratóns nas costas, todo ben visible e subliñado por él mesmo.
O ti Carlos, o velo, e antes de chamar o Segredario, díxole o home agredido: ¿Tes terstigos?. ¿E non vou ter?-díxo o agredido- ¡Era no medio da malla!.
Mira,- dixo o ti Carlos- antes de chamar o Segredario para que tome nota da denuncia, é mellor que veñas cun par de testemuñas. Así xa non perdémolo tempo, nin lo facemos perder o Germán.
O home marchou outra vez a aira na que se estaba a mallar, pero, ¿Oh, mistérios das parcas!.Naide vira nada, nadie se enterera de nada. Algún díxole, que era mellor que non se metera en problemas.
En definitiva, quedouse coas pancadas, non foi vingado, e co tempo tivo que aguantalo como xenro.
¡Porca vita! E por outro lado, ¡Pouca honestidade xuntada con medo!
Non creo que na actualidade, o desenlace fora distinto. Cambian os tempos, cambia a educación mais a xente non.

lunes, 17 de mayo de 2010

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2010



Fumos a terras de Celanva a celebrar o dia da Letras Galegas.
Uns a Vilanova dos Infantes de troula. Eu soliño a Castromao a renderle tributo os antepasados.
Digo eu soliño, pois ali so estaba eu, uns merlos e uns ferreiriños, que xa estaba coa leria das novas xeracións de páxaros.
Columbriele o nIño os ferreiriños, as merlos non fun quen.
TaméN descubrin queN estivera alí antes que eu, sen contar os castrexos, : O porco montés, estivera por alí fozando. Na coroa mesma do castro deixou a súa arada.
Estando alí, e matinando no asunto das letras e do nome da nosa terra veume a caluga a maneira como Estrabón xa nomeaba estas terras : Kalikoe, que despous voltouse Galaecia, e eis ahí o nome actual.
Esto fíxome pensar, mais de forma romantica que cientÍfica, aceptando a estadía dos Celtas polos nosos lares, seguramente os kalikoe estaban antes e de sempre foron os primeiros poboadores. ¡Que carallo, galegos toda a vida!.
Lástima que aquela Galeciae, que o parecer era desde o rio Douro para acá, se olvidera do asunto. ¡Que mais dá! ¡Sempre será Galicia se os galegos queren, e coido que os galegos queren!
Como xa non queria estar mais alí decidin ir a Bande a ver a capela visigotica, e de paso o campamento romano de Aqua Querquenis.
Valame Zeus, para que eu iria ali!, so para levarme un bon cabreo. Todo o reconstruido estaba asulagado polo encoro, apenas se ve parte de campamento.
Dos nacementos de auga quente, nin ren. Todo debaixo da auga. Así e todo a entrada está o centro de interpretación. Pechado, seguramente polo dia festivo.
Xente pola zona ningunha, agás uns rapaces collendo carpas. Por certo ben grandes.
Volta a Vilanova, donde a xente estaba a bailar. O pobre solitário non le fixeron nin puto caso.
Está claro que as cousas culturais se non se fan ver, parece que non le gustan a ninguén.

viernes, 14 de mayo de 2010

PRIMEIRA CARTA DESDE O FUTURO



Hola, que tal?.
Oxe escribote despous de vir de Rochouso, onde estivemos arando nas leiras, fecendo a decrúa.
A Cachorra parece que xa empeza a acostumarse o xugo. Oxe arou sen dar ningún problema. Dicen que será unha das mellores vacas da comarca.
Un día destes colleremos os arreos da mula, porémoslos enriba e iremos a buscarte. Xa temos arreglado aquel cuarto que tanto te gustaba. Espero que te guste e estés comodo nel.
Un día destes pasados, entereime de que cando tu eras novo, desde aiqui, da aldea, a o lugar onde ti vives, habia unha cousa que se chamaba carretera, e que todos tiñais coches, como ese que hai na aira. Inda non entendo como podian camiñar eses bichos e andar vinte leguas nunha hora. Este que está na aira creo que non anda nin costa abaixo.
Tamén me dixeron que tíñais unha cousa que chamábais diñeiro, que non servia para nada, mais que todos andábais loucos por él.
Non entendo como alguén podia vir aiqui, e a cambio duns papeis, levarse os nosos tomates ou patacas.
Eso no era nada xusto nin intelixente, pois ¿acaso se pode comer ese papel?
Dicen que habia mais de dous tercios que comian o que o resto producia, a cambio deses papeles, que despois deron en deixalos por números nunhas contas corrientes, e que o fin acabou todo de ma maneira. Nunca entendín eso.
Menos mal que nos non vendéramos as leiras dos nosos antepasados.
Agora traballamos plantando e recollendo os nosos produtos que nos chegan ben, e despois do traballo, todalas tardes temos baile de gaiteiro nas airas.
Non te preocupes, dentro de catro ou cinco días imos a buscarte, e cando veñas, dixo o abó que abririamos unha nova pipa de viño das viñas de Vilares, xa verás que bon está.
Bueno deixote, pois chega a hora na que cortan a electricidade, e non poderia mandarte este correo electrónico que é o único que quedou sano da túa época.
Un grande abrazo, e xa veras que pronto disfrutarás da Natureza na beiras do Tuela.

sábado, 24 de abril de 2010

NAS POLDRAS


Hoxe, escoitando “charade”, a través de internet, veume as mentes un lugar onde, nos vraos dos anos cincuenta e tantos, soiamos ir a beira do Tuela a parolar.

O lugar está na marxen esquerda do Tuela no fondo da Charca Negra, xusto por donde pasaban as primeira poldra entre Hermisende e Sancibrao.
Digo as primeiras, porque cambieron de sitio tres veces, hasta que definitivamente desapareceron. Ahora xa no fan falla, aparte de que non hai xente, a carretera é moito mais comoda para transitar dunha aldea a outra.

Para chegar as poldras, habia un carreirón que baixaba desde o Outeiro, pola borda do prado dos Tomés que tamén levaba o Muiño do Freixoeiro. Uns cen metros antes de chegar o muiño, o carreirón adentrábase no salgueiral que ainda existe, entre o riu e as caldeiras do muiño do Carrizal e a do propio muiño, que creo que tamén le chamaban da Veiga.

Inda existian as paredes de outro muiño un chisco mais arriba, enfrente do que, na caldeira da Veiga as muleresiban a lavar a roupa, a facer a barrela como elas decian.

Por certo a barrela era unha forma de blanquexar a roupa a base de mollar, fundamengtalmente as prendas de liño, e despois de tendelas botarle cinza do lume enriba para que ampleceran, despois vavian a lavalas e xa está. Mais ou meno coido que era así.

Ben, pasábamos as poldras e no prado que creo que era dos Pitos, a sobra de un chopo e unpar de afreixos, xuntábamos-nos uns chavalotes de Hermisende, unhas chavalotas e eu, as veces a Marisa da Nélida, e a Amparito.

Eramos todos menores de vinte anos, excepto un par de mozos de Hermisende, entre os que se atopaba Don Paco, a aszón médico da zona.

Debaixo daqueles altos amieiros, proxectábamos o noso futuro, facíamos cábalas e quedabamos para o dia seguinte sempre esperando a que cheguera a festa do dia quince de agosto.

Este dia tíñamosle todos bastante medo, pois unha vez que pasaba, xa escomenzaba o éxodo. Avolta de un mes xa non quedaba nadie da pandilla pola zona, e entonces, pouco a pouco, a medida da falta de algún, a nostálxia caaba cada vez mais fondo en cada un de nós.

Daquela estaba en boga a música “charade” do gran compositor Mancini, por eso oxe o escoitala, veume as mentes, aquel curruncho, que podiamos considerar un dos lugares que co paso do tempo se botan de menos, xunto cunha xuventude, falta de mopitas cousas, mais chea demoi bon “rollo”.

jueves, 11 de marzo de 2010

¡EN VAL DOS MARCOS HAI OPIO!


Rebuscando nas alacenas daquela casa, alacenas nas que, non sei porqué, so habia códices e pergaminos, nun estado bastante dificultoso de atopar pois so nos anaqueis das mentes estan, achei este pergamino que agoraquero referir.
Este pergamino estaba no anaquel codificado co número IX, da fila III, relativa as aventuras dos santos da época.
Coido que o santo, debe estar enterrado no sagrado da Igrexa, é adicado a Nosa Sñª do Rosario.
Como non teño ganas de trancribilo tal cual, pois entre outras cousas, inda está en latín, fiareime, e teredes que fiarvos da miña memoria, que as veces fai trouladas.
No Castrro da Centinela, a man esquerda según se baixa, inda quedan os restos daquel cenobio, famoso polos que foron os seus moradores, e consultores, tempo hai.
Vivian na época referida uns eremitas, adicados a contemplación, oración e flagelación do corpo, para mais honra do espiritu, e mellor entrada triunfante no paraiso.
Vivian ben, pois aparte de seren os donos da comarca, tamén tiñan por costume ameazar os aparceiros que traballaban, con mandalos o inferno. Podian ir o ceo, se no último momento se arrepentian, confesaban e deixaban as pertencias que puideran ter o devandito cenobio.
Non hai mellor cousa que vender intaxibles da outra vida e cobralos nesta.
Os penitentes cenobitas, eran donos de unha finca,¿Qué digo, unha finca?, eran donos absolutos dun lugar chamado Freixoeiro, no que aparte de freixons, tamén habia cicutas, afreixos, negrillos e unha opiácea endémica.
Era un lugar, no que adoitaban moito ir alí, pois aparte de ter muiños para moer o centeo e aas castañas, tamén agarraban algunha truta, e na época dos frutos, habia cuasi de todo.
Nunha ocasión o abade baixou alí coa idea de relaxarse e orar.Era na primavera cando o sangue está en sintonia coa savia das plantas. Na súa mellor e mais forte circulación.
Chegou o Freixoeiro, púxose a sombra dun olmo grande daqueles que medran na beira do rio, e deixou correr a súa imaxinación por todolos lugares onde ésta quixo ir.
Cantaban os ruxinois, as carrixas, e os zorzais, páxaros estes últimos que imitan todo canto escoitan.
A crónica di que quedou extasiado escoitando os páxaros e o marmurio do rio Tuela. Tamén di que cando levantou e voltou o cenobio, ali xa non existía tal, en realidade chegou a conclusión de que pasaran trescentos anos; según o autor da crónica, que era nin mais nin menos que o propio abade.
Igualiño que o Abade de Armenteira, na zona do Salnés en Pontevedra.
Cando lin aquelo, eu non puiden menos de acordarme das opiáceas que se dan na zona, e nos bós viños da zona de Vinhais que por alí circulaban.
¡Non hai mellor cousa que chutarse!
¡Cantas histórias hai destas, baixo os efectos lisérgicos!
Problema: O ceo ten que ser outra cousa!.

viernes, 4 de septiembre de 2009

VIAXE AS SERRAS

<

Ainda que un non está convencido, de que o que fai sexa correcto, moitas veces facemolo.
Esto foi o que me pasou a min e a miña dona, cando columbremos unha pista asfaltada que leva ó alto da serra de Lubían e Hedroso, creo que feita por mor dos inumenerabeis muiños de vento que na nosa terra hai. A tentación foi enorme, é agora non estou nada arrepentido. So direi que a polución, será posible, se os que van por alí son irresponsables. Supoño que haberá de todo.
Unha das pirmeiras cousas que me chamou a atención, foi a cantidade de voadoras rapaces que por alí andaban en perfecta armonía cos monstruos.
Como non hai nada mellor que unha imaxen, na cabeceira, téndeis un fermoso milano negro, zampandose o que supoño é un ratiño.
Tamen tivemos a oportunidade de descubrir, bastante cerca dun muiño, de un grupo de pedras nas que hai unha cazoletas bastante chulas. Teño que averiguar se por alí cerca pasa algunha división territorial ou a que obedecen.

Creo que a orden de fotos é o reves. Está claro que ainda non
domino ben estes aparellos.
Outra das cousas foi o poder ver a Fraga da Osa desde o alto
bastante de cerca.
Por aquela banda veise o nacemento do rio Pedro, e as escorren-
tías que o van conformando.
Pola banda do nacemento do Tuela, pasa o mesmo, é o mais curioso é que nacendo caseque no mesmo punto,arredanse un do outro, e volvense a xuntar na Tuiza.
Deixovos tamén unha foto da Fraga da Osa e outra da parte do nacemento do Tuela.
Seguirei contando cousas daquela andada, parte en coche e parte a pé. Creo que paga a pena, mais eso sí, pregolle a todo aquel que suba, que deixe aquelo, se pode mellor que antes de subir, é cos páxaros que non se meta, pois hai falcons peregrinos, bastardos, tecelans, aguias, cernícalos e demais, que é unha delicia contemplalos



Espero que os gusten, e que doña Angela non interpoña unha reclamación, por dereitos de imaxen.

lunes, 10 de agosto de 2009

¡VACACIOOOONS!

LISCO A FACER O MANDRÁN NO QUE QUEDA DE MES.

SEGUIREI DANDO A PALIZA A VOLTA.

ORDENOLLE A TODO QUISQUE QUE DISFRUTE BEN AS VACACIÓNS.