O medo, algo que os homes mais
aguerridos poden ter, é unha cousa espantosa, unha sensación
atroz. E como unha desconposición da alma, un espasmo tremendo do
pensamento e do corazón, o simple recordo produce escalofrios de
anguria. Solo sucede en determinadas circunstancias anormales, baixo
algúns influxos misteriosos diante de riscos indefinidos. O
verdadeiro medo e algo así como unha reminiscencia dos fantasticos
terrores do pasado. Un home que cree nos fantasmas, e que se imaxine
que vei un espectro na oscuridade , sentirá o medo en todo o seu
espantoso horror. (Cita de G. de Maupasant, aproximada)
Hai un pozo no rio Tuela, a un par de
kilometros antes de que éste chegue a ponte do Cunqueiro, xa nas
terras da Moimenta, alí onde apareceron os restos do ti Gonzalo,
home farruco e tirado pradiante, que un desaprensivo carabinero, por
vinganza, espetoulle un tiro a beira do caboco da Arrequeixiña, e,
que, gracias a unha tormenta oportuna para o asesino, que caeo por alí
no momento, o corpo foi arrastrado, regueiro abaixo hasta o Tuela e
este levouno hasta os fragaredos do Cunqueiro, donde foi atopado
pasado un tempo.
O pozo en cuestión chamanlle; O pozo dos Barbeiros.
O pozo en cuestión chamanlle; O pozo dos Barbeiros.
E un pozo, coma todos os do riu,
formado para que as augas remonten os desniveis do terreo, e que fai
un remanso pola marxe direita, hacia as leiras da Fervenza, e no
fondo do mesmo antes de chegar o Fervenzón esta o vello vado polo
que pasaban os carros hacia as leiras das Lameiras, e as vacas para o
couto. Tamén quedan os restos do camiño que transitaban os carros a
buscar a cal viva na caleira.
O nome ó pozo venlle dunha traxedia
ocurrida nel. Dice a tradición que unha vez andaban dous irmans
nadando e agarrando trutas nas cachoeiras do meandro do rio en
Chaguazais. No fondo do pozo hai unha laxe bituminosa en todo o ancho do
caudal. Nesta fraga adoitan meterse as trutas mais grandes. Mais a
avertura pola que se meten dentro é tramposa para as mans dos
pescadores, ten duas averturas que todos os que algunha vez cacheemos
alí sabemos. Por unha non se pode meter a man, solo tapar para que a
Salmo Fario, non escape, e a man metese pola outra. O noso amigo
parece que errou a hora de meter a man, equivocouse de buraco e non
puido sacala. O irman o ver que tardaba en sair chapuzou hasta alá e
atopouse co irman apreixoado. Tentou sacalo, mais o irman xa case nos
estertores aferrouse a él coa outra man e non puideron sair do fondo
vivos. Primeiro atoperon o cadavre de un e logo o do outro, que tiña
a mau entalada. Os irmans eran barbeiros.
A partir daquel momento, o pozo quedou
maldito para as xentes da comarca, e as lendas escomenceron a
circular. Unha das mais coñecidas era a que decia que se alguén se
metia no pozo, un dos irmans agarrarian-no polos pes e levariano o fondo
donde irremediablemente afogaria.
Dous amigos desafiaron a lenda e nunha
tarde do mes de agosto decidiron meterse no pozo a nadar, solo por
arriba, sen mergullar. Primeiro un, deu unha volta nadando, e cando
pasaba polo recanto onde afogaran os barbeiros o que estaba nadando
deu un berro decindolle o amigo que non o agarrera polos pés, mais
de repente deuse conta de que o amigo estaba inda fora da auga.
Nadando como se quixera bater o record do mundo de natación saiu
case sen folgos.
O amigo riuse del e díxole que era un
medroso, que seguro que acordera dos barbeiros e o medo deixouse sentir
no pe Para demostrale que todo era froito da sua imaxinación meteuse
él a nadar. Deu varias volta polo pozo, rindo e dando aturuxos
facendo de menos o medo do amigo. Este decidiu meterle medo, e as
escondidas meteuse na auga e cando o outro estaba cerca, mergullou e
acercandose agarrouno por un pé. O agarrado pegou un berro
horripilante e quedou teso na auga, cando o compañeiro sacou a
cabeza de debaixo da auga, pensou que estaba a xogar tamén e saiu a
borda da auga, decindole o amigo que se deixese de facer o parvo e
saise, mais o corpo xa empezaba a ser arrastrado pola auga, acercouse
a desfacer a broma, mais o amigo estaba morto. Sufrira unha parada do
corazón e non houbo maneira de reavivalo.Sentouse nunha pedra da
borda e empezou a cavilar na situación. Cada vez estaba mais
nervioso e non sabia moi ben que facer, cuando no medio do pozo viu a
un dos irmans barbeiros que le facia sinais de que se acerquera a él.
Antes de desaparecer no fondo do pozo para sempre, camiñando hacia o barbeiro, soltou unha
risotada, que denotaba o estado de loucura no quedera.
Logo, van catro mortes xa, non?
ResponderEliminarDin que o que ten cú ten medo.
Esta historia sería magnífica escoitala a carón da lareira, nonsi?
Bicos, querido Xabres.
Felices Festas e un Ventureiro Aninovo!
Non, Ohma, non van catro, os dous últimos defuncioneinos eu, por esixencias do guión. Non sei se algunha vez te metiste nun rio a bañarte, pero se é o sitio un pouco profundo e algo sinuoso, o medo ven sempre por detrás, seguro que é por ter cú.
ResponderEliminarFelices festas e que o ano novo non nos afogue moito mais. Bicos
O medo está aí espreitando por nós e é o pior conselleiro que pode haber.
ResponderEliminarBoas festas !.