A Igrexa estaba ateigada. Non cabia
nin unha agulla. Estaban esperando todos que o cura e mailo sacristán
sairan da sacristía para celebrar a misa do galo.
Todos estaban engalanados-as, a
maioria fachendosos, e algún que outro ben agarrado as columnas da
tribuna, para non deixala caer. O viño e mailo cava fora trasegado
por varias golas de maneira de canle de muiño, con buracos.
Ali, en primeira fila, sacando peito e
coas medallas postas no peito, estaban as forzas vivas, coma sempre,
diante e case decindo : eiquí estou eu.
Prometía ser unha boa función, coa
igrexa “Mayor”, ateigada esperando a novidade da famosa misa.
Pous todo quisque escoitara falar da famosa misa do galo, pero ninguén
estivera nela nunca, casi estaba en desuso.
Este ano habia cura novo, según
decian pertencente a unha organización relixiosa con apelido de galo
pequeno, ou seguidor, según outros do pequeno cura aragonés.
Por fin saiu a comitiva, cura
sacristán e dous “monaguillos” con roquete posto, que en
realidade eran os que le daban frescura a función, e o mesmo tempo
algo de seriedade, eles inda non entendian mais que ó final, terian
unhas monedas para si, e uns dulces no convite do fin.
Empezou a misa e chegou o momento da
homilia, subindose o crego o estradiño, chamado púlpito. Escomenzou
decindo que estaban alí a celebrar o nacimento dun Neno, e que agora
parecia que todos os que camiñan polo mal camiño, querian que non
naceran, “incluso por ley”, dixo o charlatán.
De sutaque, abriuse a porta “grande”
e entrou un home cunha caixa moi ben embolicada, que deixou no medio
do medio da igrexa, e coa mesma celeridade con que entrou saiu
desaparecendo.
Produxose unha pequena estampida arredor da caixa, pous o que mais e o que menos pensou se seria un
acto terrorista.
A máxima autoridade ordenoulle o xefe
dos axentes que retiraran aquelo, e este transmitiu a orden que por
fin chegou o ultimo numero, que estaba alí de paisano. Como o
ordeneran non tivo mais remedio que acercarse, temblando pous o
pensamento era o de todo o personal.
A maioria da xente xa estaba fora da
igrexa, autoridades e crego incluidos, solo quedaban dentro o pobre
guarda e uns rapaces que na súa sencillez non acertaban a saber o que
pasaba.
Polas portas a xente espereitaba e
cuchicheaba. O guarda acercandose tremia, cuando de dentro da caixa
saiu un berro de unha criatura.
Volveu toda a xente a meterse na
igrexa, pous a situación dera un xiro de 180 graos. Aquelo era unha
novidade, dentro da caixa o parecer habia un neno. ¿Seria o neno do
que falaba o cura?
Os primeiros en botarle man a caixa
foron os rapaces, que a desfixeron, colleron un neno case, recien
nacido, cunha cariña de anxo que abraiaba, mais o collelo deronse conta de que
non tiña pernas.
Un dos rapaces apartou a caixa para un
cantiño, e cando a deixaba, atopou un sobre entre os restos.No sobre
habia unha inscripción: “Para os pais da criatura” Engadindo por
debaixo, O Sr. Cura, O Sr. Xuiz, e o Presidente temporal.
Leuno en alto, e sonou unha estrondosa
risotada dos que oiron, e tanto os mencionados como algúns outros
tenteron facerse coa carta, mais o rapaz entregoulla o xefe dos
axentes.
Dentro habia unha pequena misiva :
Dado que vostedes non deixeron que eu abortara, supoño que é polo grande cariño que le teñen os nenos, polo que os considero os seus pais, pous eu non podo mantelo e sobretodo sabendo desde sempre que era un minusválido, e que non teño recursos nin axudas para sacalo adiante. Espero que ustedes o fagan mellor ca min . Non me busquen pous no me atoparan endexamais.
De súpeto alí na igrexa solo
quedaba a criatura, os rapaces e unha velliña, que estaba estasiada
mirando o neno e facendose cruces. O resto dos feligreses
desapareceran igual que a mai do que xa deixera de ser un
“nascituro”.
Continuará.................
Moi boa historia, Xabres. E así sería se isto fose real. Ninguén, e menos os que non queren o aborto, se faría cargo da criatura. Habería que mandarllo ao Gallardón hipócrita e sinverguenza.
ResponderEliminarBicos.
Feliz Aninovo, querido amigo!!
Así tería que ser pero, na realidade, tócalle aos pais apandar coa criatura.
ResponderEliminarEstes políticos fan cousas sen pensar.