- ¡Ei, Xe.!. ¿Imos
o palleiro?.
- ¡Vou xa. Deixame amalloar os zamancos ¡.
O Xe, acabou de
calzarse, e co carolo de pan torrado na man e na boca, saiu correndo a agarrarse da mau
do tiu Marcelino, que xa estaba no curral, cunha verga na mau.
O sair pola porta
carral, case van de costas contra o chao, pous o abrirla estableceuse unha
forte corrente de aire friu que viña do norte, e estaba acrescentado pola
diferencia de temperatura de un lado con relación o outro.
O Xe, agarrouse os pantalóns do tiu, aparte
de ir collido a sua mau, e asi e todo case e barrido o interior do curral,
decindo que casi era arrastrado polo vento.
- Casi te encarta o
aire, Xe.
- Si, pasoume polos
lados, se me chega a dar de cheo, vou voando hasta a corte da res.
Con estas lerias, a
parella chegou hasta o palleiro. Era inda cedo, e o chegar alí asusteron o León,
que esba a durmir nun minoco que fixera dentro do palleiro. Saiu rosmando con
mal talante, mais o descubrir a parella, acercouse a eles a lamberles, a mau o
vello e as fazulas o rapaz.
Empezou a chover a
ceo aberto, naquel momento, e para salvaguardarse da auga, meteronse os dous
dentro da pallarega.
-Tiu, ¿de onde sae a
palla esa que está no palleiro?.
- Sae das leiras,
filliño.
-¿Das leiras?. E
¡Como é que esta agora aiquí!.
- Pous porque a
seguemos nos. Teus pais e eu, trouxémola, desde as leiras da Cruz de Pedra e as
das Carbuizas.
-Tiu contame como é
eso.
- Pous é bastante
sinxelo. Sementase o centeo, e cando está maduro, ou seco que tamén así se le
chama, ségase, átase, acarréxase hasta a aira onde se malla. Unha vez mallado o
grau lçevase o Sitio, e a palla traese aiquí o palleiro.
- Tiu, ¿Por qué meus
pais non tein palleiro nin leiras?
- Pous porque vos
vivís nunha cidade, ainda que pequena, cidade o fin, e a maneira de vida que
artelleron teus pais, é distinta a de aiquí.
- Tiu, eu cuando
sexa grande quero vivir aiquí, contigo, cos avós e co León.
- ¡Ja, ja, ja ¡ eso
está moi ben, mais o mellor eu e os avós non teremos tempo de facelo , hasta aquela!
- Bueno tiu. cuntame
polo miudo como se fai a palla, e como se fan os palleiros.
- Cuando levemos a palla a corte da res,
subiremos a lareira, e cunha cunca de sopas de allo diante, contareite todo o
proceso. ¿Vale?.
- ¡Vale!
Continuará…….