Mostrando entradas con la etiqueta HISTÓRIA do CHIMPOSAVERDADEIRAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HISTÓRIA do CHIMPOSAVERDADEIRAS. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de julio de 2011

O CHIMPOSA COÑECENDO O CONDÓN



-         ¡Tiu!, ¿que é unha autarquia?. ¿É algo mau?.
-         Non. Non é algo mau. ¿A quen le escuteste eso?.
-         Foi o novo médico. Estaba a falar cun amigo del e díxole: A maneira de vida da xente d´aiquí é autarquica. Esto é unha autarquía no mellor senso do termo.
O amigo-tiu do Chimposa quedou coa cabeza gacha, cavilando no que o rapaz decia.
Endexamais se le ocorrera pensar naquelo.
 Efectivamente, nas aldeas dos montes baixos de León,( este como reino antergo), a xente traballaba os cachos de terra que o monte le deixaba. Os pequenos terruños laborados daban escasamente para comer. As poucas reses que tiñan, aparte do leite, tamén para o consumo própio, producián beneficios en forma de diñeiro, cando os vendian, non sempre, a prezo xusto.
 Chegou o amigo-tiu a conclusión de que aquelo era verdade. Autoabastecianse de case todo. O troque víñale polo cambio das reses por diñeiro, que o mesmo tempo trocaban por aquelo que a terra, alí no producia.
-         Mira, Chimposa, o que quixo decir, é que, aiqui gañamos pouco, mais ese pouco danos para seguir comendo durante todo o ano. Somos quen de gañar para nos, sen que naide nos dé nada. O revés, inda hai que pagar unha leria que chaman impostos.Eso levan-no aqueles que de cando en vez, veñen pola bisbarra, pistola en mao, a esixir algo que non temos.
-         ¡Veña, Chimposa, deixa o tiu coas túas preguntas, que imos a ver que trae de novo o quincalleiro. O mellor trae navallas.-Dixo o seu pai.-
-         Se mercas unha navalla, que sexa argola para atala. ¡Xa sabes...!- dixo o tiu.
Marcheron ó  lugar da xuntanza da aldea, onde estaban reunidos todolos rapaces, cos ollos remelados mirando aquelas navallas e algún que outro espello de libriño.
-         ¡Devuelvame mi dinero, es usted un tramposo y un estafador!
O que decia tal cousa dirixindose o quincalleiro,  era nin mais nin menos que o marido da nova maestra, que estaba todo alporizado, nervoso e cun enfado de mil pares de demos.
 - ¡A ver ho, bon home! ¿Que pasou?.
 - Ha pasado que lo que me ha vendido es una estafa.
 - A ver ho, expliquese, que pasou.
 - ¡Que ha pasado, que ha pasado. Pués ha pasado que la goma se salió, y quedó dentro, y ¿ahora que?.
 - Pous nada señor, agora toca metelos dedos, sacar o que queda dentro, e toca facer as cousas mellor.
 Devolveule o diñeiro do paquete que o home traia nas mans, o que se marchou todo enfurruñado, e o quincalleiro facia grands esforzos por manter a calma. Víase que a risa case o desleixaba o non poder soltala.
 Cuando o home da mestra marchou, o quincalleiro contoule ós homes vellos o sucedido co cabreo do maestro consorte:
-         Pola mañá, apareceu por aiqui, e mercoume un caixa de condois. O parecer non sabia como usalos. Deile  instrucións de cómo usalos, mais veise que non o fixo ben. Saíusele e deixono dentro. ¡Parece parvo!.
A gargallada dos presentes, foi de tal xeito, que caseque non deixou escoitar o trono dunha tormenta que se estaba aveciñando.
 Algún dos que riron, por non decir todos, nunca usaran tal trebello.Eso sí, sabian do que se falaba, por oidas, e naide quixo darse por non enterado do tema.




domingo, 3 de julio de 2011

O CHIMPOSA APRENDIZ DE HORTICULTOR


 O lugar do Chimposa era un lugar como outros mutos. Tiña a característica, tamen como outros mutos lugares espetados a media ladeira de lombeiros. Tal vez a característica da aldea do Chimposa, era aquel dudar de estar na marxe direita do riu ou na esquerda. O val era tan sumamente estreito, que a separación dos dous lombeiros, parecia case unha navallada mal dada nos montes.
 Vivia nunha casa como case todas as do lugar. Paredes de louxa mesturada con canterias e algún gogo de xeixo que outro. Louxadas con louxa do pais, piso de tablóns de castañeiro, portas e fiestras da mesma madeira. Duas plantas, unha baixa para os animais e a de arriba onde estaba a lareira os cuartos das camas, e o cuarto das maseiras. A escaleira, para subir as vivendas, estaba añadida pola parte de fóra, casi sempre ó final da escaleira estaba o balcon cunha balaustrada de madeira tamén, e que moitas veces era o paso a outros cuartos.
 Adosada a casa principal estaba a adega, na que había as tinas de facer o viño, as cubas onde se conservaba. Tamén había sitio para amontoar as patas, a touciñeira onde se colgaban as partes do porco que se conservaban, e algú outro produto necesário para a subsistencia diaria.
 Todalas casas tiñan o seu curral, que de algún xeito facía que non estiveran os veciños expostos directamente ó camiño, nos que andaban por él adiante as pitas, as veces os porcos, polo que entraban as cortes as vacas e as ovellas. Era, por tanto o curral, un sitio concurrido con frecuencia e cheo sempre de esterco, e un bon bulleiro cuando chovia.
 Vivia o Chimposa, co seu pai. Non conocera á súa mai. Morrera antes de que él cumplira un ano, cousa pola que era incapaz de acordarse dela. Coñecía-a por un retrato que le fixeran éla e ó seu pai o día da boda.
 Envidiaba moitísimo a todos os amigos e compañeiros que tiñan mai. Inda que seu pai facia todo o que podía para intentar sustituila, aqueles alomiños que as veces vislumbraba das mais dos seus amigos, él hachába-as muto de menos.
 Tiña un amigo, co que falaba muto e o que escutaba muto tamén. Vivía na casa do lado, compartindo escaleira. Era un tiu do seu pai que vivía solo, e que polo que sabia era irmau do seu avó. Este último él tampouco o conocera, ia muto que morrera. Según os seus cálculos o seu amigo, seguro que xa tiña cen anos. Un dia tiña que preguntarllelo.
 Polas mañanciñas, cuando se erguía da cama, despous pasar as maus molladas polos ollos, lavar lavabao o pai, acercábase a porta da casa do tiu-amigo, e esperaba pacientemente. O pouco tempo escutaba a voz do vello, que o chamaba decindole:
-         Veña, entra que o leite da ovella xa está preparado.
Entón, o Chimposa, agarraba unha vara larga, solapaba a raposeira para poder abrir a porta e dandole os bos días o seu amigo, sentábanse os dous arredor da lareira, no escano que a circundaba, sempre sentados un a carón do outro.
-         Hoxe vamos a plantar cousas na horta. ¡Xa verás que ben o pasamos!.
-         ¿Deixasme plantar a min algo?.
-         Sí. Terás o teu cacho de horta para que o cuides.
 Despous do xexún, foron os tres para a horta. Delimiteron, nunha esquina, un cacho de horta, que le adxudiqueron o Chimposa. Este plantou alí unha tomateira, tres chícharos, e dúas patatas.
 Cuando pasado un tempo, mais ou menos un mes, xa sairan as patatas e os chícharos, e a tomateira tiña algunhas flores e un tomate pequeniño.
 O rapaz quedou abraiado de que, todo aquelo que él fixera, se convertera naqueles prometedores frutos. Non daba crédito ó que via, e empezou a atosigar o pai e o tiu-avo con todas as preguntas que le viñan o caletre a raíz de todo aquello.
  - Co teu cariño, con sol e con auga, xa verás como todo crece. Teis que seguir cuidando do teu cacho de horta.
 Creo que temos un novo traballador da Terra, díxole o vello ó pai do Chimposa. Solo é cousa de que le colla carño, é que comprenda o significado de cuidar da Terra, para a súa vida e a futura..

jueves, 9 de junio de 2011

¡MENUDA SORPRESA!






 Era o dia da festa grande no lugar.
 Todos tiñan os traxes recien feitos. No era festa se non habia algo de estrena.
 O Chimposa, estrenera uns zapatiños, que malaxa sexa a cousa, xa antes de comer, tiñanle esfolado o calcaño. Veise que o contraforte era demasiado forte.
 Despous de comer como outro día calquera e gorentar un estupendo roscón feito no forno da cociña ,era o único que diferenciaba aquel día de festa con outro calquera, volveu ó baile que era nas airas que inda tiñan muiña despous das mallas, nos currunchos.
 Naquel ano a banda de música, era unha que nunca estivera a tocar pola bisbarra. Francamente era unha gran banda, según decian os mais vellos do lugar. Eran oito músicos sen contar os dous do bombo e o tambor. Na aldea consideraban músico a todo aquel que tocaba algún intrumento de aire. Os de percusión, decian, era solo cousa de ritmo.
 Aparecera, pola tardiña, un home moi ben vestido que o parecer coñeciao toda a xente. Era un home que emigrera a Arxentina, xa ia un montón de anos.
 Era a primeira vez que a banda de música, ou orquestra, como xa se empezaban a chamar, tiña altoparlantes. Como non habia inda electricidade, os músicos, para fecer funcionar os altoparlantes levaban unha bateria das que adoitaban levar os camións.
 A eira na que se facía o baile estaba ateigada de xente de toda a bisbarra. Os “altavoces”eran unha novidade grandísima.
 O Chimposa estaba diante dos músicos vendo e escoitando como tocaban. Estaba abraiado do ben que soaban as cantigas, algunhas da cuales coñecia.
 Aquel home que viñera da Arxentina, subiuse o carro onde estana os músicos e agarrou o micrófono, que era como le chamaban o trebello polo que mandaban os músicos ós  altofalantes o son, pedindo un unha atención, dixo que tiña que subir alí o Chimposa vello a tocar como él sabía.
 Despous de moito nsistir, o Chimposa vello subiu o carro. O Chimposa novo, morto de vergoña, agachouse detrás das lastras do fondo da aira.
 Pensou que seu pai estaba peneque, e non quería velo facendo o ridiculo. Que él soubera, non sabia tocar ningún instrumento, polo menos na casa non habia ningún .
 O único que tiña un instrumento na aldea era o gaiteiro, que coa súa gaita amenizaba as tardes dos mozos nos domingos.
 Cuando viu que o pai falaba cos músicos, primeiro pediu que le presteran a trompeta, sacoule unhas poucas notas, e dixo que xa non tiña “labio”. Devolveuna o seu dono e ia a baixarse, cando o arxentino díxole o músico do clarinete, que lo prestera, cousa que o Chimposa vello collendo-o dixo con admiración: “Carajo é de pau santo”.
 Díxole os musicos, despous de facer sonar o instrumento, que si o acompañaban, tocando ·Petite Fleur”. Solo se apunteron dous, un saxo e o da tambor.
 Arranqueron a tocar, e cando empezou a soar o clarinete tocado polo Chimposa, o silencio foi absoluto.
 O Chimposa pequeño foi asomando os fuciños por enriba das louxas, e sen saber moi ben porqué, as bágoas escomenceron a correrle polas fazulas, e cando le chegaban a boca sorbía-as. Nunca nada do que sorbera le soubera tan ben.
 Cuando acaberon de tocar os aplausos foron de tal calibre, que hasta os páxaros que andaban polos arredores levanteron o voo. Non se sabe moi ben se foi polo ruido dos aplausos ou porque querian demostrar a súa ledicia.
 O Chimposa vello nunca mais o sentiron tocar, mais prometeule o fillo enseñarle a facelo e contarle porqué tocaba varios instrumentos.¡A vida está chea de sorpresas!