¿DESVARIA EL OU AS AUTORIDADES?
Hoxe, que está
de moda nos medios de comunicación o caso dun rapaz que parece que,
ou ben fabula moito ou fan-no fabular, veume a cabeza a historia de
un paisano do noso concello alá polos anos da guerra incivil e na
posguerra.
Chámabase
Antonio pero era mais coñecido como o Capitan Araña.
A vida do noso
Capitan Araña mereceria que algun escritor amigo de investigar, analizara e se mergullera nela desde as suas orixes hasta a sua morte.
Seguro que merecia a pena, e ademais definiria unha época de este
noso pais, e do comportamento de moitos cidadans que se fixeron pasar
por honestos, e seguro que haberia moito que falar sobre iso.
Naceu nunha familia
pobre, e encima tiña unha subnormalidade, que non le serviu para
esquivar as cousas que nunca deberian acaecerle.
Non sei moi ben
porqué foi dado útil para ir o servicio militar daquela, e como
consecuencia ir a guerra.
Estando na guerra,
nunha esplosion enterrousele algo de metralla na cabeza, cousa que
seguramente o salvou, pous do hospital pasou a sua casa. Eso si
sin cobrar absolutamente nada, cuando bastantes paisanos, algúns sin
pasar polas filas, morreron con pensións boas e outros polo mero feito
de ser sraxentos durante uns meses e logo pasar a vida civil cobrando
solo por ser amigos do réxime.
O amigo Capitán
Araña, que fora creando no seu imaxinario un mundo de grandeza de si
mesmo, nunha ocasión, na festa da Teixeira, enfeitado cun gorro
militar e cunha chapa de latón grande votou fora do baile a un
guardiña portugués que estaba alí pasando o dia da festa, na casa
duns parentes.
O Capitán Araña
era de fala seca e rotunda, acompañada con un acento de verdadeiro
ordeno e mando, acollonaba a quen non o coñecera. Cando vislumbrou o
guardiña portugués acercouse a él
e coa sua voz
caracteristica espetoulle: ¡Camiño e fronteira, xa!. O pobre
guardiña non esperou a mais baixou pobo abaixo coa idea de marchar,
seguramente para O Paramio ou algúnha aldea dos arredores.
Menos mal que se
atopou co seu parente que le preguntou a donde ia, e desfixo o
entorto.
Noutra ocasión
estando de criado en San Ciprián, cousa que foi a sua profesión
sempre, tivo outro caso digno de mención e que pode ilustrar o caso
do paisano que mencionei o principio.
Estando de vaqueiro
en Lagoas, interrogaouno a guardia civil por mor dun incendio que
arrasara unhas cuantas hectáras polos montes, sufridos montes,
sempre queimados no transcurso dos tempos.
Fuiste tú el que
prendió fuego- prguntoulle un guardia.
Si. Respodeu o
Araña.
Y ¿Para que le
prendiste fuego?
Pra velo arder.
Deteñen-o, e
levan-o o xuzgado de Puebla de Sanabria.
O Xuiz interroga o
Capitan Araña, e a renglón seguido, chama os guardias e espetalles:
Devolvan este home a sua casa, e se me volven a trear algo igual,
deixo-os a ustedes encerrados.
O mellor unha cousa
similar iria ben, no chamado caso “del pequeño N.”