Mostrando entradas con la etiqueta PICHIRICHE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PICHIRICHE. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de enero de 2011

ESTANCIAS EN PICHIRICHE



 Xa estamos de novo en Vigo. Xusto, nese punto da autoestrada entre Benavente e Puebla de Sanabria desde o que se albisca o Teleno e Trevinca, desapareceume todo vestixio de gripe, que me amolou o que quixo en Magerit.
 Teño para min que, cando os nacidos pola Xeabra, ou quizabes mellor, polo fondo da Segundera, nesa zona onde o lobo resiste, como os galos de Asterix, onde o vento que ven deses cúmios fai a nosa pócima máxica. Quítanos todos os males, e rexuvenécemos, deixandonos  dispostos a arrollar a todolos romanos que nos mande Xulio César, cual Viriatos auténticos.
 Cando cheguemos a Puebla de Sanabria, desviémonos hacia a gasoliñeira para respostar . Por ésta entrada a Puebla, xa facía tempo que non circulaba. Desde a rotonda que leva o Lago, non pasaba desde moito tempo atrás.
 O entrar, no término de Puebla, pasei por un lugar de grandes recordos para min. Casi todos bós agás un. Un dia falerei del.
 Coido que no límite de Puebla e Otero de Sanabria, é onde está o lugar do que estou a falar: AS VENTAS DE PICHIRICHI.
 Eran, estas ventas, dos pais do meu amigo e primo Euloxio Martínez, fillo doutro Euloxio Martínez Fernández, curmán a súa vez de meu pai e un chisco mais vello. Foran colegas, aparte de parentes, nos seus tempos mozos. Coido que incluso trapaseron mais de unha vez o Muga, tentando gañar algún peso, cousa que non abundaba pola Xeabra, daquela.
 Na primeira vez que estiven en Puebla, levoume meu pai a durmir a casa do seu primo. Eu non o coñecia, nin él nin a súa familia. Vivia meu tiu Euloxio coa súa dona e tres fillos e dúas fillas. Os dous maiores de poco mais tempo ca min e o resto, unha filla do meu tempo eos dous rapaces pequenos mais xoves.
 Inicio aiqui, unha série de relatos que titularei :
                 AS MIÑAS ESTANCIAS EN PICHIRICHI
 Corria o ano de mil novecentos cincuenta e sete. Unha estupenda mestra, a primeira boa que coñecín, que pasou por San Ciprián, artellou a maneira de que eu fora a estudiar interno a un colexio de Benavente (Noutro momento falereri del), e cando chegou a hora da incorporación, escomenzou a primeira aventura real da miña vida.
 Tíñame que incorporar provisto de roupa de cama: mantas, sabas, almofadas, colcha etc. Miña nai xunto co meu pai fixeron un “paquete” no que estaba todo o necesário para a cama.
 O Resto levábao nunha “maleta” de madeira feita por meu pai. Era unha boa “maleta”, forte, rexa, segura, so tiña un problema ; casi pesaba mais valeira que chea.
 O dia que tocou, saimos de casa, meu pai e mais eu, co “fato” no alto de unha burra, camiñando pola Ladeira dirección a Castrelos, subindo o Rañalobos camiño de Lubián pobo que traspasariamos camiño da estación do ferrocarril, no que colleríamos o tren correo Orense- Zamora. A burra ficaba en Lubián en casa dalgún parente hasta a volta do pai. Chegábamos a Puebla pola tarde, esperando coller na mañanciña seguinte un autobús que ia a Zamora desde Puebla (Tiña a parada diante da casa das Moranas) do que nos tíñamos que baixar en Mombuey, pueblo no que collíamos outro, directo(e un decir) a Benavente. Este directo paraba absolutamente en todolos  pobos polos que pasaba, maís algún “apeadero” no intermedio.
 Habia que estar as sete da mañá nas Moranas para coller o autobús,e chegábase o campo da feira de Benavente despous das sete da tarde. (Xa se empezaba a aprender Xeografía).A estancia en Mombuey era longa, tamén
 Para non facer pesado todo esto, deixmolo aiqui hasta a próxima, coa imaxe de un servidor de ustedes e o meu santo pai, que´, como deixéramos a burra en Lubián, iamos cargados nos como a tal, por Benavente adiante.
 So pensade un par de cousas: desde a estación de Puebla o pobo, andando, o petate fica na Moranas, logar desde o que íamos andando a Pichiriche. O dia seguinte, andar desde Pichiriche as Moranas, e n Benavente outra camiñata de polo menos catro kilómetros.
 Por aqueles dias, conocer un estudiante interno na vila era sinxelo. Se vias alguén con roupo de cama o lombo, unha maletiña e poucos anos, xunto con un acompañante con boina e chaqueta de pana, xa o tiñas claro: Interno a vista.
 To be cont….