Os gradecidos comensais algo atareados.
Quería deixar constancia dun lugar onde comer, e comer ben, no veciño Portugal.
Non podo falar de tódolos sitios onde se come ben no pais veciño. Seguramente hai moitos. Comer ben, o mellor, hai mutos lugares onde facelo. Mais comer ben, estar a gusto, ter as consideracións dos propietarios, e sobor de todo da "XEFA" e cociñeira, eso non pasa en moitos sitios.
A XEFA, é a alma mater deste pequeniño restaurante, e cociña como solo na zona de Tras os Montes, as Frieiras e a Sanabria, sabían facer as nosas avoas, que solo pensaban en que os estómagos quedaran contentes, e nunca pensaban no "custo" dos materiais empregados nin nos beneficios.
Coido que fai de comer ben, porque o que le importa é que os comensais fiquen contentes, satisfeitos e teñan ganas de voltar por alí.
Nos xa repetimos tres ou catro veces.
Por se alguén ten curiosidade, e prezo e moi, pero que moi razoable.
A vitela, posta de vitela, é do mellor. Vitela das afamadas vacas portuguesas da raza mirandesa. Tomates ecolóxicos da zona, cebola con sabor e con zume, e "alface" tenra e saborosa. Era no verán.
O viño, ese viño que en Galicia se chama viño da casa, un estupendo viño maduro dos colleiteiros da zona.
Unha sobremesa, de produtos da terra, elaborados agarimosamente pola XEFA, e como base principal o afamado queixo da Serra, portugués.
Bicas de café, como solo os portugueses saben facer, acabando todo con un copo de aguardente vella ou un estupendo porto de dez anos, mínimo.A gusto do comensal.
Xa sei que estaredes preguntando onde era, e como se chama o restaurante. Direino: é na marxe direita do Tuela, nunha terra con un microclima especial, e cunha xente agarimosa e faladora que inda non ten presa por ir a ningures.
Solo teño un pero que dicir: Polo medio da vila pasa unha estrada que vai de Bragança a Chaves, e teñen case todos un código de circulación adaptado para cada un deles. Se eles teñen o obstáculo na súa direita, eres ti quen ten que ceder o paso.
Todo isto e moito mais, sucede na bonita, alargada e quente vila de VINHAIS.
O pequeno restaurante chámase VASCO DA GAMA. Se ides a comer alí, pedile que vos poñan os canecos de barro que teñen para o viño da casa. Nada de cristal. E o enxebre.
Se vos gusta, e queredes voltar o lugar, pensai que se ides na época estival, xusto debaixo da estrada hai un minigolf, parade alí e disfrutade.
Aparte de darlle as gracias a "XEFA", podedes deixar pagada unha "bica", para este pobre "larpeiro".
Mostrando entradas con la etiqueta XENTE DA MIÑA TERRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XENTE DA MIÑA TERRA. Mostrar todas las entradas
viernes, 26 de octubre de 2012
martes, 20 de diciembre de 2011
O TÍ ADOLFO. (O Gaucho)
¡La gran siete, carajo!. A piel, non pode quedar ahí.
Estaba o ti Adolfo, especado nas dúas pernas, como podía esta Jhon Waine, diante dun cuatrero dos peores de Rio Bravo. A diferencia estaba en que, neste caso, a ación desarrollábase na Allande ou Aillande, que inda non sei como é o nome,(pido axuda) no fondo do prado do ti Elias, cerca do rigueiro.
Caera nun barranco que fixera un corremento de terra por mor das chuvias. O barranco tería uns catro metros de fondo. A auga acabera de escabar xusto o deixar o astro o descuberto.
Era altura suficienta para que a pobre vaca quebrera dúas patas, cousa que facía que non se puidera levantar. Tampouco habia posibilidade de sacala dalí. Dixeron que o mellor era sacrificala, e tentar aproveitar parte da carne.
Era a finais do Nadal. O ti “Lias”, dixo que o mellor era que se quederan coa vaca os mozos para o reinado.
Daquela a festa dos Reis, en xaneiro, era unha das festas mais sonadas e apetecidas polos homes solteiros e recien casados de Val do Marcos.
Adoitábase matar un becerro, a festa duraba mentras habia carne que era o que compuña as comidas, naqueles días, xunto cós aguinaldos que daban os veciños despous de que se le canteran os reis.
Volvendo ó comenzo, vemos o ti Adolfo, alí como un vedadeiro gaucho da pampa arxentina.
Él como a maioria dos vellos e moitas vellas daquela, fora emigrante na Arxentina, e como todolos emigrantes da comarca honrados, marchera cunha mau diante e outra detrás e volveran cunha mau detrás e outra de diante. (Da xente que eu recordo, que vivía na Teixeira, En Castrelos e Sancibrao, non me lembro de nadie volvera rico) O ti Adolfo, polo menos trouxo pantalóns e chaleque vaqueiros, e tamén un coitelo (fierro) de uns cuarenta centímetros de largo, cunha funda de coiro.
Con aquel fermoso e grande coitelo, sacrificou a vaca (unha novela de un par de anos) e cuando outro participante xa tentaba separar un zanco do corpo do bóvido, o ti Adolfo con aquela mezcla de galego e arxentino, díxo: “la gran siete, quieto aí, hai que sacarle la piel”. Cousa que fixo cunha rapidez que denotaba que non era a primeira vez que o facia. Por certo, mais tarde, un cacharreiro daqueles que viñan vendendo útiles de cociña, e o mesmo tempo compraban lá e pieles de animais, tales como coellos, raposas, cabritos e outros, deu pola piel cento cincuenta pesetas, que chegueron para o viño do reinado e algo mais.
Aquel ano os reis dureron casi dúas semanas, pous coa carne da vitela, e os chourizos e entrecostos donados polos veciños, deron de sí dabondo.
Nauqel reinado, o ti Adolfo inda estaba solteiro, nunha noite pillou unha cantusana desas que fan época. Co serio que era, e coa súa imponente fachenda, parecia que o mundo estaba o revés. Máis o revés inda, cuando no medio da casa do reinado, arrancouse, cantando un tango e bailando-o de xeito acaramelado cunha vasoira que alí estaba.
Coido que a vasoira, tal como a fixera bailar o gaucho, inda debe andar hoxe buscando a maneira de converterse en muller.
Un recordo, ti Adolfo.
miércoles, 23 de noviembre de 2011
O TI ALEXANDRE
En Val dos Marcos, sempre houbo personaxes fantásticos, deses que un dice que non deberian morrer nunca, merecentes de que un Plutarco novo que os biografiera, ou polo menos nos deixera un bon panexírico deles.
Un deses personaxes, polo que eu sinto unha verdadeira admiración, tanto pola súa persona como polas suas ocurrencias, que non eran cousas nimias. Creo que tiña unha grande intelixencia, sabia-a usar e era tremendamente ocurrente. Neste último sentido creo que o seu neto Xetoño, non le vai a zaga. Estou a falar do ti Alexandre.
Xa por aiquí contei o seu encontro coa bruxa da Veiga, contada por él mesmo e polo seu fillo Agustín.
Cuando se atopou con ela, unha vez que se cruceron, él volveuse a mirala por detrás, e foi daquela cuando se decatou de que tiña patas de cabra. Maís, unha das cousas que mais le maravillou, foi que a susodicha, levaba postos uns zapatos con un tacón moi alto, que le facian un chusco andar pola lama e carrizos da Veiga.
Según o ti Alexandre, por levar aqueles “zancos”, facía que a fermosa bruxa por diante, fixera unhas verdadeiras extremonías por detrás. O parecer o movimento das cachas da individua era parecido a roda dun muiño que non fora redonda de todo.
Nunha ocasión, estando na seitura, ou na acarrexa, xa non o recordo moi ben, sentados no cimo das leiras da Cruz de Pedra, na beira do camiño de Rechouso estabanse a comentar cousas das cidades.
Eramos sete ou oito, e él estaba alí tamen. Falouse de cousas que pasaban nas cidades e que nin polo asomo se coñecian pola nosa bisbarra. Incluso dauqela difíciles de imaxinar.
Alguén sacou a colación os zapatos de tacón alto que estaban de moda. A conversa subiu e baixou de tonos, cada quen fixo o seu comentário o respecto, falando do dificil que deberia ser camiñar empioladas no alto daquelas agullas sen caerse etc., etc. .
Colleu a palabra o ti Alexandre, e todos guardamos un silencio respetuoso, pois esperabamos unha boa sentencia del.
Co seu deixe e voz caracteristica, dixo; A min gustariame ver a unha desas señoritas, con tacón alto e medias de plexiglas, apañando mollos polas leiras, e esquivando as bostaregas das vacas.
O rastrollo seguro que pasaba de dez centímetros de cañotos. Polo menos a nos que escoitabamos deunos un bon ataque de risa. A imaxe mental que a min me quedou, foi a de unha moza lizgaira coas canelas cheas de picaduras dos cañotos da palla, coas medias de plexiglas esgazadas e con sucos de sangue entrandole dentro dos zapatos., con un tacón medio esnaquizado, e os dedos asomando por un lado.
Seria bastante peligroso, sobre todo na Cruz de Pedra, lugar onde abundan os viviróns, coñecidos polos cientifícos como vivora bastarda. Ainda que ó mellor a hora de morder, o zapato salvaba a sua portadora.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)