Mostrando entradas con la etiqueta Mitoloxia Celta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mitoloxia Celta. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de diciembre de 2011

AS CAMPÁS DA IGREXA DE SANCIBRAO



  A finais do vrao pasado, tiveron que arranxar a campá da igresa de San Ciprian adicada o Bispo  Cipriano. En realidade o que había que arreglar era a cadea, pous xa era demasiado vella e ameazaba con escalabrar a quen a toquera.
  O caso é que tiveron que baixala da espadaña, pous tamén había que meterle man a estrutura de madeira que suxetaba a campá e onde estaba tamén amarrada a cadea. Para facela operación, tivo que vir unha grua, pous a escaleira interior que habia antes xa non está.
  Cando sentín o ruido que facián tanto a grúa como o camión acerqueime a ver, como o facian.
  Unha vez que se leveron a campá, coido que a Verín, eu funme sentar no alto da coroa do Castro. Estaba mirando o oco que deixera o abandono temporal da campá, e pensando que a espadaña da igrexa, estaba un pouco fanada sen a súa campá.
  Caseque me quedo dormido, dandole voltas a imaxinación con relación as histórias que oira contar das bondades da campá. Estaba consagrada a Santa Barbara, e sé se tocaba cando se acercaba unha tormenta, facia que ésta se alonxera, e non fixera mal no pobo.
  Na media modorra que tiña, albisquei cerca de min a figura de un home con un grande chapeu, e un capote pardo e remendado con remendos bastantes grandes e postos o chou polo vello pano adiante.
  Recoñecin-no de inmediato. Xa ia tempo que non tiña noticias del. Saludeino cunha inclinación de cabeza, el fixo o mesmo, e acercouse a carón meu. Colleu unha pedra redonda que sacou do medio das xestas e sentou nela.
         Esa campá ten moito que decir, se algún día fala. Leva cerca de douscentos cincuenta anos metida nesa furna. O pouco tempo de estar posta ahí, pasou unha cousa que trouxo de cabeza as autoridades eclesiásticas e ós veciños cheos de medo.Era tanto o medo que tiñan, que desde que se puña o sol nadie pasaba por diante da igrexa, e nadie se atrevia a entrar no Sagrado.
         Todolos anos, desde o vintecinco de Outubro hasta o dez de Santos, todalas noites, xusto a media noite, soaba a campá tocando á misa coma se Domingo fose.
         Os homes mais valentes fixeron guardia arredor da igrexa, e algúns, os mais atrevidos, subian á parede do Sagrado. Non vian entrar na igrexa a ninguén, mais o chegar a media noite a campá soaba. Todos os vixiantes desaparecian correndo cada un para onde o levaban as pernas. O cerebro tiñan-no semiparalizado.
         Así ano tras ano. Dezaseis días  consecutivos a campá soaba, as mulleres rezaban os rosarios xunto cos vellos e rapaces, e os valentes acababan  esparexidos polos soutos e touzas dos arredores.
         Un ano veu a Bispo de Ourense a abenzoar de novo a igrexa. Eso sí non o fixo nas datas nas que a campá soaba. A disculpa foi que como xa facia moito frio, podía caer unha nevada e  quedaría atrapado pola neve. Son cousas das eminencias.
         No sétimo ano, eu xa era un mozo, xa servira o rei. Estando xa perto das datas do vintecinco de Outubro, nun concello da autarquía, estaba tamén o crego. O final do concello, no que se tratou de arreglar algúns camiños e limpar as canadas, subiuse o crego as raices do castiñeiro e chamou a atención dos parroquianos. Temos que tentar averiguar por qué tocan a campá de noite.- dixo- Se o asunto é como outros anos, xa empezará a soar mañá. Se houbese alguén que fose capaz de vixiar, o mellor poderiamos acabar con esto.
         Ofrecinme eu. Mais púxenles unha condición. Se se acababa coas badaladas, tíñan que darme unha parella de vacas, e unha burra nova. O cura e o alcalde comprometeronse diante de todo o concello a facelo. Supoño que pensaban mais no meu fracaso que noutra cousa. Tamén pedín que non queria a naide conmigo. Tamén pedí que me deran a chave da igrexa, pous queria velo desde dentro.
         Na noite do día vintecinco, media hora antes da media noite, entrei na igrexa, e pecheime por dentro.Levaba un tapabocas por mor do friu, e debaixo unha “lafusier” de dous tiros. Solo era precaución.
          Unha vez  dentro da igrexa, senteime no banco que habia na entrada da sancristía, evitando que a luz da lúa que se filtraba pola pequena fiestra, me dese. Era mellor estar a oscuras.
         Faltando un minuto para as doce, diante de min e nas taboas que hai diante do Altar mor, abriuse e saiu un crego, que nin se fixou en min. Marchou igrexa abaixo, saiu pola porta grande e escomenzou a soar a campá. Eu pensei se estaría a soñar, pois aquelo non o esperaba. Sempre pensera que podía ser unha broma.
         Deixou de tocar, volveu a entrar, e dirixiuse a sancristía. O pasar dinte de min, díxome que xa que estaba alí tiña que axudalo decila misa. Non esperou resposta entrou na sancristía e empezou a vestise coas roupas própias do acto. Cando puxo a Alba, ordeoume que le pasera o Cingulo, cousa que fixen acercandome con certo reparo. Entoces díxome, que durante a misa, oira o que oira, non debía volver a cabeza para atrás. Saímos o altar, acendeu as velas, e empezou co Introibo ab altare Dei, e así continuou a misa. Eu esforzabame por non virar a cabeza, tal como me pedira. Chegou o momento da Consagración, e o crego pasouna por alto. Entonces eu malicieime. Cuando o celebrante ia a decir o Ite, misa est, volvinvin a cabeza, e entonces vin a igrexa chea de xente. Eran casi todolos mortos enterrados no sagrado. O mesmo tempo todos desapareceron, menos o crego, que con voz débil díxome: “manda decir sete misas por todos nos. Ten que ser en San Andrés de Teixido”. O acabar de falar tamén desapareceu.Non soeron mais as campás
         Costoume bastante traballo cobrarle o crego e alcalde, a parexa de vacas e burra, solo o fixeron cando ameazei con decirles a verdade do que pasera.
         Unha parella de recien casados, que eran pobres, quederon moi contentes cos tres animais.
Cuando, quixe preguntar algo que se me ocorrera, o meu interlocutor, sen saber como, xa desaparecera.

 

lunes, 12 de diciembre de 2011

DE CUANDO HABIA LAVANDEIRAS NO RIU PEQUENO


 A cintura da estufa estaba o roxo vivo.Os parroquianos do Caxera, rodeaban aquel ferro ardendo e cheo de cachos de carballo e torgo.Aquela noite de inverno, mentras no camiño caia a neve, estaban todos atentos as lendas e acaecidos que os mais vellos contaban. Todalas historias daban voltas sobre o mesmo: A MORTE.
 Nunha esquina xunto o mostrador, sentado diante dunha mesa, habia un home xa vello, mais inda cunha grande vitálidade na faciana, cun grande chapeu negro de grande ala que apenas deixaba verle os ollos. Dixo cunha voz forte e potente, que él naquela noite vira unha LAVANDEIRA. Dixo que, con toda a seguridade era unha washer-woman at the ford, que alí, en Irlanda, son coñecidas como mulleres sobrenaturais que anuncian mortes tamén son coñecidas dos antiguos Celtas.
 Volveuse toda a parroquia do café Caxera hacia aquel home que ninguén coñecía nin naide vira entrar. Entonces o ti Eduardo o “molinero”, erguendose, dirixiuse a él e díxole, despous de invitalo a un grolo de aguardente, que les referira o caso e onde le sucedera.
 Entonces o descoñecido, póndose en pé no medio do corro, despous de gorentar un bon grolo de aguardente, e escorrexendo a gorxa daquela voz profunda e un pouco lúgubre, dispúxose a contarle o caso ós veciños da miña aldea, remelando os ollos.
 Todolos que estábamos alí, quedemos abraiados o velo de pé. Daba coa copa do chapeu nas vigas do local.Tña que aacharse.
 Viña eu do outro lado da raia, dun pobo chamado Cova de Lua.  Xa saira un pouco tarde.  No alto da Escusaña fíxoseme a noite.
 A neve inda  non era moita, apenas me daba no contraforte dos zamancos, mais seguia a nevar con ganas. Xa vedes como neva agora. O chegar a ese regacho que hai antes de chegar a Hermisende, cando pasaba por un pequeno pontón de madeira, sentin cantar no fondo dun prado. Parei a escoitar e sentín un canto acompasado co bater de roupa contra unha pedra, tal como fan as mulleres que lavan no riu, mazando as sabas contra unha pedra que teñen diante dos xeonllos, que chaman lavadeiro .
 Acerqueime a ela, que se ergueu cunha saba mollada  na man e pedindome que a axudera a torcela para enxugala.
 Axudeile collendo pola punta contrária á dela aquel farrapo, que me mandou torcer hacia direita como facía ela. Eu que coñecía da existencia daquelas mulleres, retorcin o trapo no senso contrario o que ela me dixo.
 Entonces ela dando un gran berro, pasou por tres estados distintos. Estaba como unha vella de pelo branco, cara  engurrada a converteuse nunha fermosa e frescachona muller de media idade, e sen solución de continuidade ó estado de unha fermosa moza de vinte anos.
 Todo eso sen deixar de berrar, e foise esvaecenda hasta desaprecer no aire a medida que se ia elevando. Non  volví   vela. O farrapo esvaceuse tamén, e no seu lugar quedou un charco de sangue.
 Eu podovos decir que esta noite, antes das tres,  vai morrer na contorna unha persoa. Non sei quen  é nin onde vive. Xa me crucei mais veces con esas mulleres LAVANDEIRAS.
 Preparouse un pequeno rebumbio na cantina, todos levantados discutian. Uns decian que era un conto do vello, outros que era verdade, e outros que, o tomeron de xeito humorístico, falaban de confesarse todos aquela noite, que había que ir a despertar o cura, e a cousa derivou nunha baraunda na que cada quen decía o que le petaba.
 Cando quixeron preguntarle ó vello mais cousas este xa desaparecera, sen que ninguén se houbera decatado.
 A mañá seguinte, escutéronse as campás de Hermisende tocar a sinos. Pola noite morrera na casa do cura un home que o parecer se fora a confesar as tres da madrugada.
 Era un veciño deste pobo que estaba en casa do Caxera, cando o mistérioso vello.
 Tiña unha saba de bufanda, bastante grasenta.