Hoxe, no blog dun amigo, puxo una trasnada que él fixera cando neno, o que me deu pé para pensar que, na miña vida de neno e non tan neno, habia falcatruadas bastantes para encher una artesa de aquelas grandes coas que se facian os mondongos.
Vou tentar darle unha orde cronolóxica. A ver que pasa,
De pequeno, vivin moito tempo na casa da miña avoa materna. Lugar que, por moitos anos que pasen, endexamais esquecerei. Alí a liberdade era case absoluta. A mamá Martina e a Susa, facian que á miña vida trancurrira sempre como se estivese no paraiso, entendendo o tal como un lugar no que o tempo solo era para xogos e divertimento.
Coido que eso solo o pensaba eu. Tanto a avoa como á miña tia, de cando en vez dáballe, motivos para desexar que me marchera para o Barrio.
O Barrio era como le chamaban os veciños de Hermisende (Santa Maria de) e os de Hermisende (San Cibrán), aclaración que, para os mais versados, supoño innecesária.
Pegada a casa da miña voa, pola parte de atrás, vivía o ti Inacio, é a súa muller. (Mais tarde entereime que era a súa criada, ¡nin que fora crego! Veise que ferreiros e cregos batian ben o cobre).
Debaixo das vivendas das persoas, daquela, a xente vivía no segundo andar, no primeiro eran as cortes das vacas, das ovellas, e dos porcos. Por alí habia tamén un sitio para as galiñas.
Para situarvos, direi que a casa da avoa era no barrio das Moreiriña no lugar da Teixeira. Por certo o único pobo que ben nos mapas mais antergos desta peninsula, e que pertenceu a provincia de Valladolid, hasta a nova división provincial actual.
Imos deixarnos de rodeos e caralladas, e ir o que de verdai interesa.
A corte das ovellas da miña avoa, comunicábase cunha corte do ti Inácio, o Ferreiro. Visto desde a miña perspectiva, era un home moi grande, moi forte, e cunhas mans enormes. Non en van movian aquele mazos e martelos que estreitaban, ablandaban, e facian dos cachos fe ferro informe, ferramentas e cousa uteis para o traballo dos veciños da Teixeira. Era a forxa do ti Inácio un lugar mistérioso para os rapaces, pous aparte de domeñar o ferro, tiña un fuelle enorme para avivar o lume, e ademais era a unica casa pola que pasaba un rego de auga, onde de candoen vez o mestre do ferro, metía os trebellos que facía, roxos e caseque facian ferver a auga.Era como o sol cando se apagaba na noite.
Hai que decir que era un home moi respetado, polos outros homes, e que moitas mulleres les decian os seus fillos, que sí se portaban mal, dirianlo o ferreiro e éste queimariaos na forxa.
Eu descubrin que por unha bufarda, na corte de miña voa, podia furar hasta o curral do ti Inácio. Tamén descubrin que no curral daquel home, as pitas puñan os ovos nun poleiro, que era un cesto de bimbio con herba e palla dentro que facía un niño, no que o parecer as pitas gustaban de por os seus ovos.
Un día metín o fuciño dentro do nieiro, e descubrin que había un montón de ovos. Era unha lambetada, os ovos en ponche co sucre o que miña avoa me tiña avizado. Habia tanto ovo, que pensei que, como eles eran dous solos, non os darian comidos, e a min dosificabanmos, cousa non demasiado xusta, según o meu punto de vista.
De dúas veces, trasladei sete ou oito ovos, desde o curral hasta a corte das ovellas, e desde alí a cesta dos ovos da avoa.
Deus na súa infinda omnipresencia, deuse conta da miña fechoría, e decidiu correxila, usando a miña voa como instrumento.
Naquel mesmo día, a avoa chamoume e dandome unha cestiña con oito ovos. Díxome qe los tiña que entregar o ti Inácio en persoa, pous necesitábaos. Eu todo ledo collín a cesta e leveila. Deume as “gratias”, o ferreiro e díxome que gracias a miña avoa el e a sua compañeira xa non pasarián fame naqueles días, pois un lerchán raposo, roubérales os ovos das pitas, que tiñan de comida para todo o mes.
Ante aquelo decidín non volver a collerle os ovos nunca mais.
¡Menos mal que non se entereran que fora eu quen le collera a nieirada!.
¿Seria certo que o ti Inácio tiña ollos no cachazo?