- ¡Ei, Xe.!. ¿Imos
o palleiro?.
- ¡Vou xa. Deixame amalloar os zamancos ¡.
O Xe, acabou de
calzarse, e co carolo de pan torrado na man e na boca, saiu correndo a agarrarse da mau
do tiu Marcelino, que xa estaba no curral, cunha verga na mau.
O sair pola porta
carral, case van de costas contra o chao, pous o abrirla estableceuse unha
forte corrente de aire friu que viña do norte, e estaba acrescentado pola
diferencia de temperatura de un lado con relación o outro.
O Xe, agarrouse os pantalóns do tiu, aparte
de ir collido a sua mau, e asi e todo case e barrido o interior do curral,
decindo que casi era arrastrado polo vento.
- Casi te encarta o
aire, Xe.
- Si, pasoume polos
lados, se me chega a dar de cheo, vou voando hasta a corte da res.
Con estas lerias, a
parella chegou hasta o palleiro. Era inda cedo, e o chegar alí asusteron o León,
que esba a durmir nun minoco que fixera dentro do palleiro. Saiu rosmando con
mal talante, mais o descubrir a parella, acercouse a eles a lamberles, a mau o
vello e as fazulas o rapaz.
Empezou a chover a
ceo aberto, naquel momento, e para salvaguardarse da auga, meteronse os dous
dentro da pallarega.
-Tiu, ¿de onde sae a
palla esa que está no palleiro?.
- Sae das leiras,
filliño.
-¿Das leiras?. E
¡Como é que esta agora aiquí!.
- Pous porque a
seguemos nos. Teus pais e eu, trouxémola, desde as leiras da Cruz de Pedra e as
das Carbuizas.
-Tiu contame como é
eso.
- Pous é bastante
sinxelo. Sementase o centeo, e cando está maduro, ou seco que tamén así se le
chama, ségase, átase, acarréxase hasta a aira onde se malla. Unha vez mallado o
grau lçevase o Sitio, e a palla traese aiquí o palleiro.
- Tiu, ¿Por qué meus
pais non tein palleiro nin leiras?
- Pous porque vos
vivís nunha cidade, ainda que pequena, cidade o fin, e a maneira de vida que
artelleron teus pais, é distinta a de aiquí.
- Tiu, eu cuando
sexa grande quero vivir aiquí, contigo, cos avós e co León.
- ¡Ja, ja, ja ¡ eso
está moi ben, mais o mellor eu e os avós non teremos tempo de facelo , hasta aquela!
- Bueno tiu. cuntame
polo miudo como se fai a palla, e como se fan os palleiros.
- Cuando levemos a palla a corte da res,
subiremos a lareira, e cunha cunca de sopas de allo diante, contareite todo o
proceso. ¿Vale?.
- ¡Vale!
Continuará…….
Lémbrome daquelas seituras onde subía ao primeiro carro de bois que pasaba. Ven podería ser o do Sidro ou o do Xico e Isaura. Unha vez erreime de carrada e funme co do Xuíz, cando regresei ao xantar botáronme unha rifa tremenda, non polo erro senón a quen acompanara; seica era mal mirado.
ResponderEliminarMoitas veces había que botar polo carro nas costas rubindo e tamén baixando, diante, aparando os bois pra que non tolearan. Unha delas era a baixada a Faldarruda, na comba do Uzal, cara o muinho. Logo víase Varonceli, a santa Comba, e a súa xente pola xeitura nos eidos das cimas. Uns berridos pra os saúdos, uns aturuxos coma respostas...
Chegada a hora do almorzo, tudos entre pallas dábamos conta dunhas boas frebas, touciños e rixóns con pan de centeo e uns grolos de vinho que sentaban tan ben coma no millor dos mesóns.
As veces, a volta, era ao solpor, un pouco antes do lusco e fusco; un bo xeito pra saber das coores do ceo nas Cantarinhas, cara a Covelas e as Vendas ou Marcelín (entón ainda vivía xente nas Lapedas). Dende eiquí seica había unhas das millores, ou cara a Vilarinho e Progo.
Eu acadaba na casa dos meus abós, entón a primeira dende a entrada do Cousinho ou do Carabello.
Breves saúdos
Estupenda aportación d:D. Agradezoche os apuntes, pois se esto da rede non se voi o cara......, quedará algo por ahí, que polo menos servirá para coñecer algo do pasado.
ResponderEliminarSaúdos-
Fas ben en falar do pasado porque non sei se precisaremos no futuro deses saberes tal como vai este mundo.
ResponderEliminarÉ do pasado do que se pode falar con non demasiada seguridade.Do futuro, so podo decir que é algo negro. Solo se nos o queremos facer así. A volta a Terra, e ós oficios xa está a chamar a porta.
ResponderEliminarAperetas.