XUSTICIA DA ÉPOCA
Chegou a noute e, a carón das brasas
da borralleira, mais pola luz que desprendian que pola calor, pous xa
parecia que esta última sensación non a sufrian.
Verás, dixo o “Ti Inácio”, esta
aldea non foi diferente a outras. Naquela época de guerra, donde
parecia que todas as envexas se convertiran nunha especie de andacio
que enchía o aire, e o respiralo, moita da xente toleaba. Bueno
esto, ou unha ambición desmedida por parte de algúns.
Naquela guerra e durante a mesma, xa
no chamado frente, morreran mozos dabondo, quedando sen sangue nova a
aldea, parecia que despous de acabada a guerra, tocaballe a quenda os
mais vellos.
O Santos estaba casado cunha muller
portuguesa, que ti xa coñeces en espirito, e tiñan unha filla. Foi
denunciado por “roxo” por un veciño, fálase de varios, mais foi
solo un. Non te direi nomes, pous xa non existe ningún, coido que
solo quedan descendentes en segundo ou terceiro grao.
Daquela cunha simple denuncia era
suficiente para ser considerado un delincuente en grao máximo, e
calquer chisgarabis, con unha gorra azul, convertiase, en autoridad,
xuiz e verdugo. Eran tempos moi obscuros. Igual que estas noites
que estamos a padecer.
Aviseron a Santos, con tempo
suficiente pra que liscase fora da aldea. Ir a Portugal a aldea da
muller podia haber sido unha solución, pero o bon do home sempre
dixo que él non fixera nada, que non tiña por que escapar. ¡Gran
erro!
Veu un día unha parella armada e
diante de todos os veciños, puxeronle grilletes, leveron-o a praza
do concello, deixando-o alí atado como unha besta, mentras eles ian
a beber un cuartillo de viño a cantina. Unha man amiga deulle ó preso u
cacho de pan e de chourizo, mentras os rapaces contemplaban todo
aquelo.
Cuando a parella, acabou de beber o
viño, inicieron o camiño para trasladalo a Puebla, según decian o
castelo, onde seria xuzgado.
Acompañounos unha muller, que daquela
estaba a servir nunha casa de Padornelo. Foron xuntos hasta o Prado
Floxo, na serra, donde a muller seguiu o camiño hacia a aldea
referida, e a parella e o detido desvieronse hacia a portela, onde,
decian que collerian a carretera camiño de Puebla.
Cuando a muller iniciou a baixada
hacia Padornelo, e xa cando non se vian, ésta sentiu un par de
disparos. Pensou que seguramente le dispareran a algún lobo, que
daquela habia mutos por aquele montes.
Non se volveu a saber mais de Santos,
nuns días. Pensaban que chegaria a Puebla, e xa se saberia del.
Un veciño, que subiu a serra a facer
traballos nun prado, atopouse co corpo, o cabo de uns días. Volveu a
aldea a contalo, e foron a buscalo, cuando as autoridades o
dispuxeron.
Cuando a muller que ia a Padornelo, e
que sentira os disparos se enterou, non tivo que pensar muto para chegar a
conclusións certas.
Era tanto o medo, mellor dito, o terror
da xente que naide protestou en público. Non fose que a acusación
chegara a eles.
Esa foi a historia daquel home, Mais a
traxedia continuou coa familia.
Como te dixe, Santos tiña unha
filla, que cuando a muller se volveu a casar quedou cunha hirmá do
pai.
Nas aldeas a xente viva moi
precariamente, Comer algo cada dia era algo que non todos conseguian,
de ahí que a muller se casera con un compatriota, e ganabanse un
pouco a vida facendo carbón cos torgos de urz, carbón que levaban a vender a
Braganza.
Nun inverno que os dous estaban
facendo carbón nos montes da serra cerquiña da raia, quederonse a
dormir alí mesmo.
Pola noite caeo unha nevada forte, e
morreron encarouxados, e abrazados un o outro.
Dicen que morte por frio e doce. Polo
menos tiñan cara de satisfación, cando foron encontrados.
Xa é tarde, por hoxe, mañá
contareite outra represalia do mesmo cariz, mais un chisco diferente.
Eran uns asasinos que contaban co benéplácito dos que gañaran a guerra. E agora, aos seus cachorros, se lles enche a boca falando de democracia.
ResponderEliminarSí, Ohma.
ResponderEliminar