Xa cheguera o progreso
a Val dos Marcos. Ian facer unha atovia pola estrada nova, ou así.
A estrada vella
pasaba, no tramo das Portelas, pola soalleira. Cruzaba polo medio do Padornelo,
Hedroso, e Lubian hasta chegar a Vilavella. Os lados quedaban lugares como
Acibeiros, Chaos e As Hedradas. Un pouco mais alonxados estaban pola marxe
direita camiño de Vigo pola vella estrada Villacastin- Vigo; O axuntamento de
Pías e Porto e na outra banda o de Hermisende.
Como aquela carretera
traceran-na con moitas curvas, os politicos do momento decidiran facer unha
nova. Seguramente sen tantas curvas.Mais curvas, mais tuneles; eu que adoito
ser mal pensado digo, con mais comisións para arreglar a financiación dos
partidos e de paso a dos dirixentes (vale, a de alguns).
Fixose unha variante
nova. Polo avesedo, por onde xea mais, con pendentes fortes, así de paso
aqueles que teñan a má sorte de ter un accidente, ó mellor xa deixan de dar a
tabarra, a aqueles que eles mesmos voteran.
De súpeto alguen
decidiu facer unha autovia. Viña diñeiro pola “jeró” da comunidade económica
europea (fixadevos no nome, e o que quere dicir).
A naide se le ocorreu
arranxar o que habia, sacando tráfico por as dúas xa existentes, millorando a
vida dos veciños das aldeas e que as vias de comunicación serviran para eso:
COMUNICARSE.
En Val dos Marcos
tamén vivian persoas. Eran aquelas que por idade ou porque non quixeron,
quedaran a vivir alí.
Había un amigo meu
que non emigrera. Seguia vivindo, daquel xeito no que se vive nas aldeas olvidadas
da man de deus e o que é peor, dos politicos.
Arrincábale todolos
dias o sustento a aquelas terras ácidas, cheas de urces, xestas, bituminosa e
graníto, con demasiado puco espazo para sacarle a terra algo que mellorera a
vida dos que quedaban.
Cando se enterou que
viña a Autovia por aqueles lares ficou todo ledo. Por fin terian o mesmo que en
Barcelona coa sua Autopista a Mataró. Igual que os de Madrid polo Guadarrama.
Por fin xa cheguera o
futuro a Alta Xeabra. A partir daquela xa vivirian mellor, pous xa o decia a
TV: As comunicación son fundamentais para a sociedade.(Nunca decian para cual).
O meu amigo, que
nunca usera nada do estado, pous o camiño hasta Lubián era da Diputación (así
él estaba) pensou que agora xa eran chegados os tempos de ir mellorando.
A capital da
provincia quedaba, quedaba,…¡carajo!, práticamente a mesma distancia e percorrer
esa distancia levaba o mesmo tempo.
Bueno pensou, polo menos
hasta Mombuey, hai Autovia. O mellor poñen unha delegación de todo en Puebla de
Sanabria e hasta alí é a carreiriña dun can.(Xá).
En definitiva él estaba
convencido de que a autovia ia ser unha boa cousa para él e os seus veciños.
Púxose maliño,un día a sangue con colesterol prodúxole un infarto
de miocardio. O infarto foi pouco considerado con él. Atizoule un día de inverno cunha
nevada daquelas que contaba os vellos. Donde menos neve habia, habia medio metro.
Saqueron-no o hospital
nun helicóptero. Era moi urxente.
Os tres días, meu amigo
estreonou a autovia. A neve xa remitira. A autovia estaba expedita. Desde Lubián
a Val dos Marcos pasábase, con dificultad,pero pasabase.
Así e todo o coche mortuorio
era un todo terreno.
Boeno amigo Xabres coma non coñezo a túa bisbarra pois quedo a velas vir jejeje pero mais ou menos entendo o que queres dicir.
ResponderEliminarQué os lambeconas fan e desfan sen contar cos viciños. Así che é todo!
Seguro que os dous governábamos millor,ou non? jejeje
Agarimos e unha aperta forte.