Decian que non
avisaba .Parece que é certo. Veu de repente e sen demasiado esforzo separoume
da pesada carga dun corpo de terra.
Non fora nada
dificil, incluso foi algo bastante agradable. Aquelo de deixar o corpo era
agradable. Desaparecía a peasadez, e sentíase ún liberado de todo.
Aquel acidente, nun
primeiro momento produciume unha grande dor. Mais ó sentirme separado do corpo
sentin un pracer enorme. Todo estaba ben.
Todo indicaba que
acababa de morrer. Xa escomenzaba a facerme a pregunta de por qué non acaecera
aquelo antes.
Estaba un pouco, mais
ben un muto, desorientado. Non sabia que facer, nin hacia onde marchar.
Decidí alonxarme da
terra, como decian que o ceo estaba “arriba”, pensei en ir hacia alí. Pronto
descubrí que o de ir hacia arriba era complicado. Simplemente non sabía onde
era arriba, abaixo, esquerda e direita. Estaba noutra dimensión.Non tiña referencias polas que guiarme. Hasta que descubrí que o de ir de un sitio a
outro solo era cuestión de pensalo, pasou un pouco de tempo.
Pensei en ir o ceo, e
de sútaque atopeime nas portas. Alí estaba un home cun feixe de chaves, que
abrian as portas.
Díxenle que quería
entrar alí, e él pediume o certificado de boa conduta. Pregunteile que qué era
aquelo, e dixo que sin él non podia entrar. Mirou nun ordenador pequeniño, mais
de unha rapidez instantánea, viuse a miña vida relixiosa, e díxome que o tiña
crú, nunca pagara nada a igrexa, e as veces falara mal dos cregos, o que era un
grande impedimento. Deberia volver, pagar todo e entonces os representantes
eclesiasticos darianme un certificado co que, unha vez abonadas a taxas
correspondentes xa podía entrar.
Decidí marchar a
outro lado. Iria o inferno, pensei. Atopeime na porta e ó meu carón estaba un
home ben vestido, con chapeu de copa, chaqué, unha enorme gravata e moitos
aneis nos dedos. Debia ser o demo, ou un deles. Díxenle que quería entrar alí e él respostoume decindo que tiña que abonar a miña parte alícuota da hipoteca
que os politicos en nome de todos os homes fixeran sobre a estadía no inferno. Habia que pagar as
infraestruturas. Eu non sabia nada daquelo, mais non me chamou demasiado a
atención aquelo. Estaba acostumado as estupideces dos politicos e as súas
maneiras de enguedellar ,os demais e sobre todo ás cousas.
Dixen que non.
Quedei un pouco, alí
no medio da nada, pensativo. Decidín ver a Deus. Automáticamente estaba o seu
carón. Mellor dito, sentíao cerca, vélo non o vía, so cambiu o meu entorno,
decidin que era alí onde quería quedarme.
Sonou a voz de Deus:
¿Qué queres?
Quero quedarme aiquí
con vostede, nun currunchiño pequeno onde
non estorbarei nadiña.
¡Non te deixeron
entrar no ceo nin no inferno ¿Non sí?!. Amiguiño ahí, eu pouco teño que facer,
deile liberdade e agora usanha so no seu proveito. Por min poderias quedar aiquí,
mais terías demasiados problemas, o contacto coa miña enerxia, nun momento de
descuido serias eliminado, e non foi esa a idea da creación.
¿Qué podo facer
logo?- preguntei.
¡Tomar unha decisión!- Respondeu
Decidin quedarme alí.
Preferia desaparecer por un golpe de ENERXIA nun decuido antes que darle
satisfación a demos, banqueiros, politicos e cregos.
¡Qué carallo, a fin
de contas fóra a enerxía quen me creara ¡ Mal seria que non se me pegara algo, e
se non era posible, sempre me quedaba a posibilidade de reencarnarme, nalgunha
galaxia perdida nalgún lugar do universo futuro.
A pantasmiña de Xabres tan coñera como o Xabres real jaja, así que un golpe de enerxía eh!
ResponderEliminarForte aperta.
¡Mira tú que a lo mejor tenemos aquí un origen alternativo de A Santa Compaña! jejejeje
ResponderEliminarAbrazos, Xabres
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarAcabo de volver de uns días de mandra, atopome co teu cambio de enderezo, mais, non me furrula. ¿Está ben posto?
EliminarApertas.