¡Xa choveu!
Baixábamos polas
Teixugueiras. A Lua xa estaba a media altura. Diante de nos ia a nosa sombra,
remedando todos os nosos movimentos, e a demais, denunciando aquelas cousas que
non queriamos que fosen vislumbradas.
As manxoeiras ian
agachadiñas nun saco de esparto para que non fosen vistas. Mais a lua, que non
entendia de agochamentos, reflexábaas en negativo, xusto diante dos nosos pés.
Eu,a medida que
camiñaba, xa nos eidos do Prado Grande, andaba case a brincos tentando pisar na
miña sombra, a ver se era capaz de deixala detrás de min. ¡Non o intentedes,
sempre é tempo perdido!
Meu pai, que ia a
carón de min, díxome que él xa intentera noutra ocasión acompañando o seu, e
non o conseguira. Sabia ben o que eu estaba tentando.
Eran tempo de
Nadal,.Habia que tentar ás camelas, pous dentro da frixideira serian a ledicia
de toda a familia. Os peixes nas serras dos montes baixos leoneses, que eran aqueles, non
por ser de mares de terra adentro eran peores que aqueles que viñan en camións,
camiño de Madrid, e que o pasar polas portelas deixaban o seu arrecendo nada mais.
Cheguemos a raia, no
fondo de Cancelada, e nos prados de Parada, xa deixemos a primeira manxoeira. Eu,
non deixei descalzar ó pai, crucei o Tuela a marxe esquerda e no fondo do prado
do ti Salvador, armei a manxoeira.
Cando íamos a cambiar
de postura, berrounos o ti Marceneiro da Moimenta, que o parecer tamén andaba no
mesmo. Charlemos un pouco de case todo. Fundamentalmente do mal que andaban as
cousas. A xente pasaba fame. O que habia e Tras os Montes faltaba polas
Frieiras e a Xeabra, e o revés. Encima os guardinhas e os carabineros tiñan
demasiado celo polas cousas dos governos, e non facían a vista gorda.
Se alguén queria que
fixeran a vista gorda, deberia ter algo do que acusalos, cousa non demasiado
dificil, pous eles tampouco nadaban na abundancia.¡Os que pasabas grandes cousas, nunca os collían!
Seguimos hacia
arriba, e a segunda, armémola no vello paso do fondo de Veigadiz a As
Mendreiras. Era un lugar abenzoado polos Fados do riu daquel recuncho, pous alí
como a sorte fose propicia é a primeira en entrar fora unha bácora, seguro que
a manxoeira se enchía.
No fondo das
Callostra de Veigadiz armémola terceira, a cuarta debaixo do prado do ti “Lias”
de Vilares, e hasta o Prado Grande non estaquemos a cuarta, que xunto coa da
preseira do fondo de Penacoba, foron as dúas últimas.
Cuando volviamos otra
vez para a casa, volveu a sombra a porse diante de nós. Según meu pai,
perderamos tanto tempo que le deramos tempo a lua a porse sobre as terras da
Moimenta, e polo tanto facia que a sombra se puxera o reves da ida.
O dia vintecatro pola
mañá, cando íamos a levantar as manxoeiras, o empezar na de Cancelada, xa
pensemos que nos levanteran a pescata, pous no fondo das leiras habia duas
persoas. Menos mal que era o ti Marceneiro e o Marcelino da Moimenta, que
estaban a guardar a nosa manxoeira. O parecer outro individuo xa quixera
levala. Eles non le deixeron. Como despous me dixo meu pai ¡Eran uns bós
amigos!
Cada manxoeira tiña catro ou cinco camelas, menos a do Pasadeiro. Aquela estaba totalmente chea. Tiña encerradas dentro, según o ollo do vello, unha arroba (@) de camelas.
Cada manxoeira tiña catro ou cinco camelas, menos a do Pasadeiro. Aquela estaba totalmente chea. Tiña encerradas dentro, según o ollo do vello, unha arroba (@) de camelas.
Aquel Nadal, polo
menos tres familias, celebremos con trutas as festas.
O menú foi, mais ou
menos: Caldiño de berzas. Alleiras. Chourizas. Trutas fritidas con pemento,
allo e ben salgadas. Esterroxas a esgalla e despous do café un bon grolo de
aguardente, despous dun bon café, pasado de contrabando desde Portugal.
¡Foi todo moi ben gorentado!
¡QUE APROVEITEN OS
MANXARES DESTE PRÓXIMO NADAL, AMIGOS!
¡Seguro que recuerdas aquella cena más que muchos otros banquetes posteriores! Una gran historia.
ResponderEliminarFelices fiestas y un abrazo, Xabres. A disfrutar lo que se pueda
Xibeliuss, los recuerdoS son importantes, pero no tanto como para pensar que cualquier tiempo pasado fué mejor. Hubo y Hay de todo en el transcurrir del tiempo de cada uno.
ResponderEliminarPor si acaso, FELICIDADES EN ESTA FIESTAS E UNHA FORTE APERTA.
He disfrutado con la lectura de tu relato, me has trasladado a una época en la que todo era más natural y el pescado muy fresquito. Me ha hecho mucha gracia lo de pisar la sombra...jajajaja eso no hay quién lo consiga, la sombra es muy lista.
ResponderEliminarUn abrazo y felices fiestas.
Gracias Isabel. Felices fiestas para ti y los tuyos. Un abrazo.
EliminarMiña nai! Disfrutei eu máis léndote que ti comendo aqueles manxares. Adoro o teu galego e teu estilo contando historias.
ResponderEliminarAs troitas de rio son ben ricas.
Unha aperta forte forte.
Bo Nadal,querido Xabres.
Pd.
A ver se quitas as letras e números que se poñen despois de deixar un comentario, que son un coñazo.
Ohma, esto non foi polas beiras do Sor (Non Sar), que o mellor coñeces. Foi no Tuela o mellor riu truteiro da peninsula, antes de que fixeran a desfeita medio ambiental das Rias Baixas(autovia), Desde que el "progreso" nos ha salvado del atraso, las cosas van de mal en peor. Como aquelo de Groucho: Imos de derrota en derrota hasta o desastre final.
ResponderEliminarFelices festas Ohma e unha aperta forte.
Boas festas !.
ResponderEliminar