No prado de Trasil do
ti Antoño, habia un castañeiro. Era un castañeiro moi vello. Xa estaba trob, o castañeiro, e a
piques de encartarse.
O castañeiro era do
ti Aselmo, inda que estaba no prado do veciño.
En varias ocasiois, o
ti Antoño tentou de cambiarle o castañeiro o ti Anselmo por outro similar, inda
que noutro lugar.
O ti Anselmo negouse.
A min escápaseme o porqué do asunto e cambio e mais a negativa, sobre o cambio.Tanto
o Pepe coma o Modesto leveronse o segredo a tumba, ainda que algunha vez les
fixe a pregunta, tanto estando xuntos, como por separado. Quedeime en “ albis”
en relación co que nos ocupa.Eran homes de palabra, e sabian calar.
Nunha ocasión o
castañeiro apareceu incendiado, xustamente polo trobo. Era nun empardecer e xa
non habia posibilidade de apagalo, habida conta de que a auga estaba na fonte
do Souto, e a maneira de apagalo lume era caldeiro a caldeiro. Inda non se
inventeran as mangueiras, e menos se sabía da auga sobre as paredes dos
recipientes e a sua maneira de sair escupida por algunha mangueira.
Toda a noite,
estuveron alí o Modesto e o Pepe, para controlar que o fogo non se estendera os
palleiros que estaban ó lado. Eran os
palleiros das Vichas, da tia Mariarrosa, e o do ti Antoño..
O ti Antoño foise a
durmir. Según él a perna solta.
O amñecer do
seguinte día, cando o personal que se deitera, se ergueu, o castañeiro xa
caera. O lume fixera de leñador.
O Modesto e mais o
Pepe, estaban esperando a aparición do ti Antoño por alí. Querian verla súa
reación.
Eles xa fixeran as
suas cabalas o respecto. O ti Antoño pediriale disculpas o ti Anselmo, éste
refunfuñaría, mais aceptaria-as e o conto quedaria neso.
Cando o sol xa
arraiaba polo Castro, apareceu o ti Antoño. Asomou o fuciño pola esquina da
pallarega, e viu que o castañeiro estaba no chau casi consumido, con cara de
coña acercouse o fillo del e o do ti Anselmo.
Antes de decir o que él
dixo, hai que comentar, para unha mellor comprensión, polo mundo lector deste
blogue universal, que o ti Antoño vivíra na Arxentina, donde contraera nupcias
cunha prima súa de Castrelos. Inda teño que averiguar se xa se conocian ou se
coñeceron por aquelas lonxanas e fermosas terras.
Polo tanto, parece
que era bastante habitual nel, igual que noutros emigrados, o de falar unha
mestura de galego-portugués-castelan-e gaucho.
Chegado a este punto
o ti Antoño (meu avó), dixo, entre afirmación e sentencia firme:
¿ Has visto!. Ardeu
o abrespeiro.
Tampouco me enterei
a que se referia con aquelo de “abrespeiro”.
Unha aperta a todos
os nombrados, que xa vai tempo que nos
deixeron.
2
Eu sigo sen saber que pasa co castiñeiro... non vas facer unha suposición ou algo?? polo menos para sacarnos un pouco a curiosidade!!
ResponderEliminarbicos
Non sei se non terás contado xa esta interesante historia, Xabrés; con todo, mellor dúas veces ca ningunha. Saúdos.
ResponderEliminar¡Carballo, Paula!. O castiñeiro foi ó inferno.Eso sí a fogueira estaba en Trasil.
ResponderEliminarJavier, pode ser o que dís. Penso que te podes trabucar con outro incendio en Trasil, no que o Modesto e o Pepe,tamén tiveron que loitar. Aquel fora unha trasnada miña e do Pepín, e tamén cos palleiros recien feitos e a pallarega chea de herba seca.
ResponderEliminar