Estábamos cavando as
viñas. Era esa época na que xa as cepas tiñan gromos con tenriños acios, que querian
decir que unha boa colleita estaba en camiño.
Daquela xa os días
eran longos. Era necesário e saludable, levar unha merendiña, para que o corpo
non se viñera a menos co esforzo da guincha.
A medio día decidimos
comer as viandas que nos foran preparadas. Subimos o cimo das viñas, a buscar a
sombra dun castañeiro. Cando estábamos dando conta dunha tortilla moi saborosa,
e a pundo de repartirnos un cacho de chourizo daqueles que as nosas nais
adoitaban conservar en graxa derretida, que facía que estiveran tenriños e
xugosos, estalou o primeiro trono.
Case sen saber como,
o ceo foise encapotando, e aquelo colleo a pinta de unha boa tormenta.
Como xa case tíñamos
acabada a xeira nas viñas, convencín o pai de que lisquera para a casa antes de
que viñera o forte da tormenta. Eu quedariame a acabar a xeira e baixaria
despous o riu a tentar coller algunha bácora, pous de todos é ben sabido que
despous dunha tormenta as salmofario entran moi ben a mosca afogada.
Acabou a tormenta, eu
acabai de cavar, e baixei o fondo dos prados de Vilares a tentar ás pintonas.
Subin riu arriba
mandando o engano as correntes do Tuela. Pasei polo pozo dos Barbeiros, e metinme
na marañade amieiros que hai arredor da Rabudeira. Non sei se algún de vostedes
estaria alí algunha vez. Os amieiros estan mestos, e na maioria dos casos as súas
raíces forman na auga unha estupenda maraña na que se esconden as bogas,
escalos, barbos e trutas, tamén esconden os ovos dos parrulos e das pitas d'auga.
Nalgúns lugares, hai
que pasar entre dous ou mais árbores e porse de lado, tal é a sua espesura.
Senteime a fumar un
Celtas corto, contemplando a beleza dos raios solares traspasando polo medio
das arbores, das suas follas e chegando a estampanarse nos gogos da beira do
riu, tamén vendo como o fume do cigarro as debuxaba, alí por onde pasaba.
Mirando aquelo, que
parecia unha cousa do outromundo, tiven a sensación de que a auga deixera de
correr riu abaixo, os paxaros cantaban con mais forza e non se sentía ningún outro son, que
non fora o trino dos alconchois, e o canto de algunha vazcuallada mesturado co
dalgunha miorla truteira.
Metido naquel
momento, no que o tempo parecia que se houbera detido, foi cando, de sútaque, me
atopei conmigo mesmo.
Quedei abraiado de
encontrarme a min mesmo, mais cando me fun a saudar, desfixose o feitizo, volvín
a meterme outra vez dentro de min, e endexamais me volvín a encontrar.
Se algunha vez me volvo a
encontrar conmigo mesmo seguramente xa non me coñecerei. Un faise vello, as
neuronas flaquean e a pereza fai estragos.
Hai que estar ben só e tranquilo para toparse cun mesmo.
ResponderEliminarEu topeimeun par de ocasións pero xa hai anos que non me topo; xa sabes como é a vida familiar.
Gustgoume esa sensación do río Tuela.