Era un planeta como
casi todolos planetas; redondo, mais ou menos.
Neste planeta, entre
varios milleiros de seres vivos vivia unha raza que se consideraba supeior o
resto de todo xeito de vida.
Esta raza que se
consideraba superior o resto, tamén tiña escalons entre ela mesma. Habia en
cada curruncho onde se escanchaba esta raza, quen se consideraba superior ós
seus veciños, tribus que se consideraban superiores a outras e como
consecuencia delo tentaban mangonear os seus conxéners.
Dentro desta raza
habia unha espécie, que se arrogou a representación entre a raza e un Facedor
Total, con pinta de pertencer a mesma raza. Un espábilado, alá polos anos
precedentes a chamada Idade do Ferro, escribiu cinco libros, daquela chamábanse
de outra maneira (rollos) donde decia
como unha vez, estando soliño no alto dun monte, escoitou a unha silva falar e
decindole que falaba en nome do Gran Facedor.
Organizaou tal
zapatiesta, que inda hoxe en dia, despous de cinco ou sei mil anos despous
siguen dando a vara coas súas monsergas, mais adaptadas o que mais conven os
intereses desa casta.
Entre uns e os outros,
estan, desde o principio do tempo, dando por saco a aqueles que non son da sua
vara.
Eu teño un amigo que
ten a sospeita de que esa raza está aiquí, porque é unha raza que destroza todo
aquelo que roza. Meu amigo dí que viñeron este planeta, porque coa súa
avaricia xa fixeran deshabitables todolos lugares onde xa estiveran. Escolleronse
uns poucos, e cambiaron de planeta. Estarán no actual hasta que tamén o fagan
inhabitable, tempo en que tocará liscar a outro
Estou de acordo co
meu amigo.
Unha das cousas que
mais me doen desta situación é que esa raza que se cree superior, en realidade
non o é, solo é avara e insolidária. Ten unha ombigueira grandísima, que o único
que fai constantemente e mirala.
Outra das cousas que
mais doen é que esa raza, lévase o diñeiro de todos, e enriba non le deixa nin
o dereito o pataleo os seus conveciños. Despous de tantos anos seguen a pensar
que todo aquelo que os rodea, solo está para eles.
Para organizarse,
inventeron unha cousa que chameron “ a cousa pública”, cousa que eles determinan
como é e como non. Cuando les conven cambian as reglas do xogo que cuando as
puxeron a andar decián que eran inamovibles. ¡Pensan que o resto é gilipollas!.
¿Quén sabe? O mellor teñen razón.
Os que non están na “pomada”,
deben ter a esperanze de chegar a ela algunha vez, pous non intentan cambiar
demasiado ese estado de cousas.
Creo que a maioria
está amodorrada. É unha especie de magote de ovellas, que se non ten un pastor,
é capaz de nomear pastor a o primeiro lobo que por diante pase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario