Esculcaba e farexaba
dentro do souto de castañeiros, na follarasca. Os castañeiros, xunto cos
carballos, afreixos e nogueiras xa estaban totalmente espidos.
Non era doado achar
os fungos. Estaban agochados entre as follas, polo que habia que remexelas, se
se queria dar neles.
Levaba desde a alba
alí, remexendo nas follas e nos guizos que o paso do tempo esparexía polo chau.
Aquelo era a verdadeira vida da capa da terra. Todo o que se depósitaba nela,
acababa formando parte da mesma. En realidade xa era a mesma terra, pous dela
saíra, dela se alimentera e a ela volvia.
Mentras ia buscando,
pensaba neso, solo por que se le viñera a cabeza, Pensou tamén no traxecto dos
seres humans, neste planeta; era o mesmo.
Todos éramos froito
da terra. Comíamos terra transformada pola enerxía do sol en diferentes
manxares, tales como patacas, pementos, tomátes e demais cousas comestibles
polos humans, así como as carnes dos animais e peixes, que en definitiva tiñan
o mesmo proceso de crecemento.
¡Era a famosa
Alquimia Natural!.
Estando nesas,
chegousele a cabeza a idea do equivocado que vivira hasta entonces.
Saíra polo que se
chamaba o mundo, a ganarse a vida, sen pensar, que alí, no eido onde naceran os
seus antepasados e él mesmo, era o mellor lugar para fecelo.
Certo era que o
arrancarle o sustento a terra poñía problemas, non sempre daba o que se queria,
e as veces era tacaña. Mais tamén era certo que non pedía nada. Solo traballo,
e bastante ben dosificado a todo o largo do ano.
Saíra da aldea.
Busquera traballos, tentera formarse dacordo cos tempos. Merquera coches, piso,
comera en famosos restaurantes, visitera cidades, cando o traballo o deixaba.
Como cada vez tiña
mais necesidades, tiña que traballar mais para obter o suficiente para
satisfacer esas estúpidas necesidades, que non eran tales, senon que estaban de
moda. Todo o mundo o facía. Él non quería ser menos.
En definitiva xa non
le quedaba tempo para disfrutar de todo aquelo que compraba, pous, se quería
acabar de pagalas tiña que traballar cada vez mais.
Tiña a espáda de Damócles
de non poder pagar algunha cuota a tempo, e de que le quiteran parte ou todo o que
fora mercando. Bueno o de mercar solo era unha maneira de decilo. En realidade
debiao todo.
Unha pequena entrada,
levábase o trebello, e o resto a pagalo todolos meses.
Absolutamente todo,
piso, coche,tv, mobles. Incluso roupa e as veces a comida, pous os arteiros
centros comercias, co ánimo de quedarse en monopolio, daban tarxetas de crédito
que te sacaban proporcinalmente unha parte cada vez mais grande do que gañabas
cada mes.
Últimamente, empezaba
a ter problemas, pous non controlera ben e había meses que non le quedaba nada.
Nin tiña tempo de cheirar o diñeiro. Saia da conta con mais velocidade da que
entraba.
Xa tiña tres ou catro
avisos de embargos. Enterouse que podía quedar sen casa, sen coche e sen o
resto de cousas, pous os que tan lixeiramente las venderan, inda eran mais
lixeiros para sacarlas. Quedou abraiado cando se enterou que le podian quitar a
casa, e así todo o que tiña e que seguia pagando.
Cuando lo conteron, e
o protestar, dixéronle que era legal.
¡Ser será legal, mais
que me leve o demo se é xusto!, dixo él.
Agora estaba alí
buscando “cocomelos”, na zona onde mais había. Despous dunhas tormentas de
outono, abrollaban os fungos debaixo das arbores.
Metido naqueles
pensamentos, empezou a pensar que suguramente a súa vida nin servira para nada,
e o que era peor, xa nunca serviria. Cada día aquelo da cidade era mais
complicado. No medio dunha grande cidade non se achaban fungos, nin tanxiquera
abelotas de carballo que puderan quitarle a un unha pequena fame.
O día de anes
acababan de enterrar o último parente que le quedaba.Por eso estba alí.
A vida xa non tiña
nngún sentido na cidade. Oproblema era que na aldea, pasaría o mesmo. Nesta
sociedade, xa naide pode agocharse en ningures. Estamos todos supercontrolados
e vixiados.
Con eses pensamentos
ia enchendo a cesta de cacaborros, cacavinas, cocomelos e demais.
Achou dúas clases de
fungos, que él ben coñecía, dúas amanitas. Unha averdosada e a outra con
puntiños alaranxados. Tiñan un bon tamaño. Meteunas na cesta.
De repente, quel ser
humano, cambiou de talante. Aledouse, empezou a cantar, a asubiar e dar bricos
polo souto abaixo, Acababa de encontrar a solución ós seus problemas.
Pasou por diante do
cemiterio, entrou hasta as lápidas dos seus. Cun grande sorriso nos beizos, diante
da cova da súa nai, díxole:
Mamae, acabo de
atopar a solución a todos os meus problemas. Xa non tés que preocuparte por min.
Dous días mais tarde
estaba alí, volvendo a terra que o vira nacer. Naide se esplicaba a súa morte
repentina.
Na mesa da cociña
habia unha cestiña chea de cogumelos. Todos comestibles.
Padriño!!! guau!! non teño nin palabras...
ResponderEliminar