"Competencias
impropias."
Hoxe acabo de
enterarme de que os axuntamentos, hasta agora, e supoño que no futuro se non
cambiamos esto, gastaban un montón de cartos nunha cousa chamada competencias
impropias.
A min so se me
ocorren unhas poucas cousas con relación a isto. Se tiñan competencias impropias
seria por necesidade, ou por gastar mais cartos para poder arrebuñar algo para
o peto própio, ou porque os que tiñan as competencia propias non as exercian,
ou.. ou.., así hasta todas as competencias impropias habidas e por haber.
De sútaque, eu que xa
teño anos, e por iso recordo cousas (Deus siga conservando a nosa memória),
acordome daquelas mañás de domingo, nas que despous da obligatória misa,
fiscalizada ás veces polos carabineros, despous da misa digo, soaban as campas
con dúas ou tres badaladas que anunciaban reunión do concello.
O concello era a
xuntanza de todos os veciños da aldea, un por cada casa; a poder ser o “pater” ou
“mater” familae con poder de decisión e que a sua decisión fora vinculante para
o resto da casa. Non se admitian xentes menores de idade e xentes sen “siso”.
O Alcalde Pedáneo,
que era o que chamaba a concello, espuña o que había que facer, en función da época
do ano.
Arreglar camiños
nunha época. Arreglar a traida das augas para o rego noutras. Facer calquera
cousa necesaria para a aldea, en calquer caso. Sempre sen contar con axuda
externa, solo se contaba cos veciños para as cousas da aldea.
Era o que se chama
unha verdadeira autocrácia. Inda ten este nome nas aldeas veciñas de Portugal.
O axuntamento chamado
oficial, donde o alcalde maior saia dunha terna que o secretário do mesmo
mandaba a Zamora ó goberno civil.
A famosa terna tiña
truco. Sempre, sempre, de xeito inveterado, o elexido como alcalde era o
primeiro da famosa terna.
Está claro que na
terna, para cubrir as costas do secretário, entraban xentes díscolas ou
proclives a denostar o reximen.
Como pode ser ben
entendido, o segundo e o terceiro da lista nunca eran elexidos. Para decilo con
mais claridade, o alcalde maior xa o elexía o secretário, que era o que levaba
a voz cantante.
Todo esto do chamado
axuntamento, non tiña efecto no devir da marcha da aldea. Nesta os veciños eran
os que tiñan a voz cantante. Esta voz cantante era forte, porque os veciños, en
primeiro lugar non cobraban, en segundo lugar traballaban na cousa común de
maneira grátis, e era obligatório cumplir con as medidas adoptadas na
AUDIENCIA.
A politica
profesionalizouse tamén nas aldeas. Os concellos moven presupostos. Algúns,
rara avis, nunca se empeñan. Solo gastaban o que ingresaban. Podese saber os que
eran. Os que algún paisano crecía demasiado, ou non tiñan infraestucturas minimas, eran os que se
destacaban por ter dirixentes, honestos, ou aproveitados.
Agora chegou o tempo
das vacas flacas, e tanto o estado como a comunidade europea, tentan arreglalo.
A pregunta é ¿Por qué teñen o mesmo trato os que se empeñeron e temos que pagar
as suas debedas entre todos, e aqueles outros que están como fai cincuenta
anos?.
Partindo da premisa
anterior, `poderiase colexir que, se a prtir de agora, os CIDADANS actuáramos
como nas aldeas de vai cincuenta anos, ó mellor os politicos sobraban, pous
agora non faría falla unha terna, e os elexidos non terian postestad para
manexar diñeiro publico, para eso estarian os tecnicos con poderes limitados
polos CIDADANS.
En definitiva,
haberia que decirle a politicos como a presidenta da Comunidade Autónoma do
centro da Peninsula, que eles, os politico, son os criados dos CIDADANS e nunca os AMOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario