O sábado día nove
deste mes celebrouse o XXIX Premio Xerais de novela e o Merlín .
Xa ian arredor de
vinte e algún ano, que eu non asistía a ningún deles, a pesar de que durante a
miña estadía na editorial, durante o primeiro ou segundo ano de ser contratado,
foi cando se iniciou, sendo o editor o amigo Luis Mariño. Recordo que o primeiro premio, dotado con 500.000 pts., (o actual
é de 15000..- €) foi concedido a Carlos Reigosa, perodista, que daquela traballaba
na axencia Efe. Teño que decir que
daquela, Reigosa convidounos a cear en Madrid a Luis e a min, estando a piques
o día seguinte, os dous últimos, de perder o avión de volta a Vigo, despous de
facer case famosos os nosos nomes polos altofalantes do aeroporto de Barajas.
Como decía, xa
choveo dende a miña estadía nun premio Xerais. Este ano asistín despous de
aceptar unha invitación da amiga Celia para asistir.
Celebrouse o evento
na illa de San Simón, no fondo da ría de Vigo, a carón de Redondela e moi pertiño de Rande onde repousa, según os ditos,
un grande tesouro que os ingleses afundiron xunto cos galeóns que o
transportaban desde as américas.
Un día destes teño
que ir a mergullarme por alí, a ver se o atopo, e así arreglo os problemas
deste país que leva moitos seculos espoliado, e nunca escarallado
definitivamente. Sempre dixen que o noso país debía ser moi rico. Sempre rouban
e nunca se acaba. ¿Ou será que nos rouban a nos e non o pais?.
A Illa de San Simón,
e pequeniña. Para ir éla hai que facer a travesía de menos de dez minutos, nun
pequeño barco, que se colle no peirao de San Adrián de Cobres. Nunca estivera, como
dixen alí.
É un sitio fermoso, coido que polo pequeniño. Desde
1842, que se fundou, foi un lazareto, dos primeiros que houbo na península. A primeiros
do século XX, deixou de selo, e durante a guerra civil franquista e na postguerra,
foi un lugar no que levaban ós represaliados e defensores da República, igual que
a todos aqueles que algún dos gañadores le tiña xenreira.
Hai na illa uns xardíns,
con arbores case todos de importación, mais no medio hai un paseo que leva o nome
dun fermoso e case totémico especimen endémico do país, en vías de estinción nestes
nefasto nosos días. Estou a falar do BUXO, do que tiñan sona as gaitas que de él
se facian e coido que inda se fan.
Neste paseo dos Buxos de cerca de cen metros de
longo, hai dúas filas de buxos a ambolos dous lados. Son buxos de uns cinco metros
de altura e uns vinte centímetros de diámetro, de unha fermosura inesquecible.
Recomendole a todo aquel
que poda, que non deixe de visitar esta illa. Aparte dos recordos que suscita, tamén
ten unha boa vista da ria, da ponte de Rande e de Redondela.
Unha das cousas mais bonitas do premio Xerais deste
ano é que foi concedido por unanimidade a dous autores. Un pai e unha filla.
Non vos fago unha reseña
dos autores e das obras premiadas, pois non tedes mais que pinchar na rede as verbas
“premio Xerais 2012”
e alí xa hai sobrada información, eu non podo decir nada de ningunha das obras porque
ainda non as lín.
Deixovos unha fotografías
da zona, inda que a tarde estaba un pouco chiviosa e con pouca luz natural.
A ver se vos gustan.
Paseo dos buxos
Estátua de Xules Verne, en homenaxe a súa mención na obra 100.000 léguas de viaxe submarino.
Video da saida da illa e regreso a Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario