Esta pedra está subindo a Mallada Grande, na veciña aldea de Montesinho
Desde un tempo atrás,
ando con arelas de falar sobre a aldea onde nacín: A TEIXEIRA.
Sempre que o quero
iniciar, sempre teño dúbidas de cómo empezar. ¿Fago unha reseña histórica?.
¿Defino o pobo?.
Non sei, sexa como
sexa, se un quere facer algo, o mellor é empezar. Se hai principio, polo
principio, se non o hai o mellor é empezar o chou, e que sexa o que Deus
queira.
Empezarei pola miña
aparición neste Planeta chamado Terra, que alguén bautizou como Planeta Azul, e
pódaque, de seguir así a humanidade, chegue a converterse en Planeta Negro, e o
que pode ser peor, Planeta Roxo.
Continuemos. Nacín un
día tres de Setembro do ano milnovecentos cuarenta e tres, en plena época da
fame. Acabérase a guerra incivil e estaba Europa metida de cheo na que foi,
hasta agora, a segunda guerra mundial.
Aparecin neste
planeta, nun curruncho Chamado A Teixeira, nunha casa pertencente a familia do
pai de miña nai, a casa chamábanle a Curralada. Inda vivia o avó de miña nai
que era polo tanto o meu bisavó. Teño entendido que nos coñecímos mais non nos
vimos ben. Él estaba cego e eu coido que inda non me fixaba ben no que via.
O avó de miña nai,
meu bisavó, chamábanle o ti estanqueiro. Algunha vez falarei del, coido que era
un verdadeiro persoaxe. En Puebla creo que o coñecian hasta os gatos.
A Teixeira está
ubicada ó norte da zona trasmontana portuguesa, pegada a aldea de Montesinho,
que le dá o nome o actual parque natural do mesmo.
Se mirades un mapa,
veredes que o terreno portugués entra no español pola banda da Moimenta e tamén
pola de Montesinho, deixando o axuntamento de Hermisende nunha espécie de cuna
na que a Teixeira esta na parte oriental, mais oriental está Montesinho, e
despous está outra vez terreo xabrés,
Calabor.
Os meus recordos da
Teixeira están sempre arredor das Moreiriñas, onde está a casa de miña tía e
case hirmá, Jesusa. Daquela era a casa da miña avoa Martina. Alí fixen a mor
parte das trasnadas que adoita facer un rapaz que viviu alí hasta os dez anos.
Recordos daquela
época teño dabondo, ireinos deitando por aiquí, falarei de todo aquelo que me
acorde, evidentemente poreino na escrita a miña meneira, cousa que estou
convencido que non le gusta a moita xente, mais é a miña forma de afrontar
certas cousas, entre elas esta de falar da Teixeira e dos Carqueixeiros.
De momento e para non
aburrir, diremos que o nome de Teixeira, fala por sí solo. Refírese a unha árbore
típicamente celta e do noroeste que está en vias de estinción: O TEIXO ou Tejo
en castelan. Queda, pegando a Serra da Gamoneda, cerquiña da Farrapada un
fermoso bosque destes enigmáticos árbores. O lugar chámase Teixedelo, está no
termo de Requeixo e pegado a “Serra”.
O patrón relixioso da
aldea que escollín para nacer é O Santo Estebo, e a patrona a Pilarica. Tiraban
poucos coetes os días de festa.
Tamén direi, que
cando os Condes de Benavente eran os chupadores de sangue de toda a Sanabria Xeabra para aqueles que adoitamos a falar no idioma de Rosalia de Castro,
inda que mal. Quería decir dos Condes de Benavente que a Teixeira entre outros
tributos, primicias e diezmos, os veciños da Teixeira estaban obligados e
entregarle trece perdices cada ano. O Catastro de Ensenada, dixit. Tamén
falaremos desto.
Agora quero deixar o
meu recordo para todos os meus parentes mais directos que xa morreron, desde os
meu avós e tios. Non os nomeo. Xa irán saindo os seus nomes en sucesivos posts.
Tamén falarei do ti “Inácio”,
do meu primo Santos e do meu amigo David Garrido.Tamén do Castelo do Mau Veciño
ou Bamba, e do Penedo Mourón igual que do despoblado de Ros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario