Findou a semana mais patética e triste, baixo o meu punto de vsita, de toda a era cristiá. Eso de estar todolos anos rememorando e matando a alguén que o parecer non quixo mais que axudar, pareceme ,cando menos unha falta de respeto a Esa persoa.(E).
Coido que solo hai que seguir as súas ensinanzas, tal cual, e deixarse de interpretacións que solo busacan acalar conciencias e encher petos. (E mais dífil que un camelo entre polo ollo de unha agulla, que un rico no ceo). (Se non e vero e ben trovatto) .
Como decía, findou a semana, estiven en Val dos Marcos e alí pasou por diante dos meus ollos a vida mesma. Non hai outra, que eu sepa.
O concello encheuse de “turistas”. Achegémonos case todos por alí.
O tempo non axudou demasiado, ainda que eu e Anxela, tivemos tempo para decruar a Porteliña, estercar e sementar e plantar productos da horta. Veremos que dá de sí o asunto. Os novos Kiwis, mazás, figos, zreixas e demais, falaran do ben feito o non tan ben.
Viñeron os membros da familia afincados en Madrid, conoceron de primeira man as novas técnicas agrícolas, e o noso novo amigo Miguel, creo que marchou convencido de que ten que axudarme a reformar o “cuarto”. (Criptica queda a cousa).
Para que a vida por alí non perda o seu senso tívemos tamén un enterro. Esto, baixo o meu punto de vista, é a cousa mais natural do mundo .
Ainda que sexa a cousa mais natural do mundo, ós que quedamos, non deixa de arrepiarnos. A morte de un veciño sempre é fodida para os que quedan, mais non por elo deixa de ser natural.
Morreu a Otilia, muller dun “amigo” de meu irman Xería, e nai de tres mozas e un mozo.
Foise xuntar co seu home o Ramiroró, nome que le tiña meu irmán , naquela época de vacas fracas e xente noble.
Desde aiqui, os meus desexos de superación dos fillos, e unha aperta amiga.
Volvimos a Vigo, e atopámonos con que o mundo segue nas súas teimas. Esta mañá voteile un vistazo a prensa, e o que lin foi denigrante. As guerras democrátizadoras siguen jodendo xente, alí onde hai petróleo (niade se acorda xa de Haiti, nin do Corno de Africa)
Os corruptos siguen campando e votándole a culpa os que investigan e os xuices(algúns tñen-na).
Creo que vou volver, non a Val dos Marco, senon a algún lugar ignoto e no medio dunha daquelas serras.
¡Benvidos-as, espero que o pasérais ben, nesta semana!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario