¿Terá remedio esta humanidade, que creou esta sociedade na que vivimos, e da que non pode decir que le é allea?.
Ven a conto esto porque hoxe, nas miñas andainas a pé por Vigo, atopeime con un amigo negro, que coñezo desde fai un feixe de anos.
Traballaba nun sitio no que le pagaban, mais ou menos, a fin de mes. É un home comprometido coa xente da súa terra, e amigo de traballar todo o que sexa necesário e sobor de todo, se é para axudar ós demais.
Hoxe, cando me atopei con él, díxome que o asunto estaba “chungo”. Traballa un día e espera a que o volvan a chamar. Sempre coa incerteza de sí ou non. Esto tenho asumido e non pide mais.
Está preocupado porque agora ten medo. Ten medo a que o boten fora do pais, que o repatrien para o seu país: Somalia.
É un home con unha boa formación, nunca le preguntei, mais polo que se desprende estou convencido de que ésta és superior.
Pregunteile por qué estaba tan desanimado, e díxome que, se non hai traballo para os españois, ¿Qué nos queda a nós?.
A miña pregunta de si tiña a documentación e regla díxome que sí.Dixenle que entonces non debia ter medo, nadie o pode botar fora. ¡Está legal!.
Si, dixome él, mais agora tendeis elecións, e parece que van ganar os que non nos queren por aiquí.
Tratei de darle ánimos, decindole que, gane quen gane, eso non o poden facer. Él non está tan seguro.
Somos emigrantes e por añadidura negros. Explícole que eso non debe pasar nun país eminentemente emigrante,(e presuntamente demacrático) que sabe do que vai o asunto, e é comprensiva a súa xente (seran-no tamén os polítcos).
Dígole que tres dos meus avós, foron emigrantes, que a maioría dos vellos das aldeas de meu pai, miña nai e avós, estiveron emigrados.
Foron dos que marcheron cunha mau por diante e outra por tras e volteron cunha mau por tras e outra por diante.
Coido que non o convencín. Deume a razón, mais con cara de non creelo.
A min no seu lugar pasaríame o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario