Cando había un
enterro pola banda da moradía do meu sogro, unha vez que aquel acababa, sempre
preguntaba pola función. A pregunta era : ¿Qué tal a función?.
Pasado un pouco de
tempo entereime que a función, para o meu sogro dependía fundamentalmente do número
de cregos que oficieran. Unha boa función
para él tiña que ter por enriba de dezasete cregos. Nunca le preuntei o
porqué daquel número.
Hoxe lí na prensa que
a súa Don José, seguro que le oubera gustado moito o meu sogro; Catro
arcebispos, seis bispos e cento vintedous cregos. ¡Menuda función!
Nos oito días que
compartimos habitación no hospital, prometinle ir velo a residencia na que
estaba. Non fún. Nunca pensei que nos ia a deixar tan pronto.
Recordo as conversas
que tivemos. Tamén cando le preguntei como debía chamarle e vostede díxome que
José. Don José para min esto digo-o eu. A berba Monseñor non me gusta nada. Recorde que nunha
daquelas conversas díxenle que seguramente, ou ben vostede me levaría a o ceo ou
eu o inferno a vostede. Espero que suceda o primeiro, pois eu nin catégoria
teño para o segundo e ganas moito menos.
Quedoume de vostede
un agradable e garimoso recordo. Coido que debeu de ser vostede unha persoa
dialogante e amiga de axudar a xente. Polo menos eso e que deducín despous de
falar con xente que o tratou.
Espero que agora xa
non teña a necesidade de facer a homilía, e ir o seu despacho, cousa que, entre
medio adormilado as veces repetía.
Pregunteile que qué
le parecia Mendez Ferrín como personaxe das letras galegas a raiz dunha
conversa sobre él, e vostede díxome que era un bo escritor, mais que era pouco
piadoso. Prometole falar con él cando teña a oportunidade e decirlle-lo.
Tamén le pedín a
opinión sobre o jefe supremo da igrexa española, e respondeu que era un home
cunha moi boa cabeza e un grande organizador e dirixente. Non se estendeo mais.
Como le dixen, eu non
son católico practicante. Bauticéronme e formo parte dunha igrexa coa que non
estou de acordo. Non ven ó caso falar da miña posición o respecto xa o fíxemos. Solo le
quero decir que, tal como tamén le dixe inda sei rezar o Pater Noster, eso sí
en latín, un xa o recei por vostede, e espero que non sexa o último. Espero que
por facelo eu, non le sea contraproducente.
Desexole que todo aquelo
no que vostede creia, le sexa concedido..
Agora solo quero
pedirle u favor: Días atrás, morreu tamén na miña aldea de Sanabria, onde o
invitei a pasar algún día, morreu decía, o hirmán dun bon amigo meu. Pídole que
pregue por él, mellor dito, polos dous hirmáns. Tamén merecen unha mellor estadía
.
Perdoe o meu galego,
non é académico coma o de vostede, pois tento que sexa, sin moito acerto, como
o que falaban os meus antepasados na Sanabria Alta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario