Fai pouco tempo, unha
semana, mais ou menos, morreu en Vigo unha paisana nosa. Nacera na provincia de
León (Castrotierra de la
Valduerna). Non sei se algunha vez se gavou de ser leonesa,
pous o parecer empezou a vivir e Vigo cando tiña cinco anos.
Tivo unha vida, según
as crónicas actuais, que seguramente envidiarán moitas mulleres desacougadas e
donas de homes noxentos e demais, moitos homes de pouca vivencia quixeran
habela coñecido no senso biblico da verba. O mellor merecia a pena, pensan.
Non era destas cousas,
mais ou menos morais das que queria falar, senón da estupidez humana, e dentro
desta a mais grande estupidez: A dos
politicos.
Esta muller, foi a
propietária de dúas casas das denominadas, daquela, Centro Social. Unha na saída
de Vigo hacia Pontevedra e outra na praia de Samil, desde a que acadou o título
de alcaldesa do Atlántico.
Estivo afiliada o
partido popular, hasta que se convenceu que aquelo non era o que le contaban,
despous de comprobalo. Estaba alí, polo que estaba, non porque contasen con ela
para cousas relacionadas coa politica. Ela estaba por enriba deso.Algunhas veces.
Anécdotas da súa
estadia como alcaldesa do Atlántico, hay para dar e tomar, incluida a de un par
de burros que adoptou. Un de catro patas.
Nunha ocasión, na que
os próceres da “city” e do partido reinante, cando vivia o faraón do Gaiás,
decidiron ter unha xuntanza no seu condominio de Samil. Daquela os politicos,
como agora, non eran tontos, alí podian matar dous paxaros de tiro. Invitación
gratis segura, e podia caer algo mais, pagando, seguro.
Cando os politicos se
presenteron alí, tíñales preparada unha boa sorpresa. Xunto con ela estaba alí
unha señora, excelentemente vestida con vestidos aoccidentais e colares de
madeira e osos, coa pel negra e cun pano de colores na alto da cabeza, e
presentoullela os politicos como unha das mulleres de un presidente africano.
Entre os politicos
asistentes estaban: Manuel Fraga, Xosé Cuiña, Manuel Perez, e algún mais que
non me recordo agora.
Tragueron todos, e
fixeronle o “rendevous” a negriña aquela, que como mor título tiña o de
vendedora ambulante de manufacturas da súa tribu de Africa nos areais de Samil.
Como afiliada,
daquela ó PP, decia que os concellais do partido eran mellores, pero os de
esquerdas “facian-no mellor” , na cama.
Noutra ocasión
contaremos o do burro, porque aqueles outros burros xa quedan retratados na anécdota. Grandes
políticos e con cargo “gordos”, non se entereron que, cuando algún membro dunha
familia de algún xerarca viaxa, contan-no ainda que nada mais sexa para darle
cobertura de seguridade.
Siguen a ser tan
burros agora como antes. Contal de sair nunha “foto”, fan o que faga falta,
menos o que deben.
Lástima que a boa de
Karina, non fose da Xeabra.
Que a terra le sexa leve.
Entereime agora que morreu a Falagan. Non é que me importe moito,pero vamos que o seu nome me soa.
ResponderEliminarNon sei onde lin que tivo unha vida moi apaixoada. A saber os segredos que levou para o outro mundo! :)
Bicos, querido Xabres.
Pois sí, haiche noticias que só sei pola leitura do teu blo.
ResponderEliminarLémbrome ven de Karina e das súas profesionalidades xa que sempre falábase dela entre as xentes maiores nas reuniós de amigos nos bares; no bar "Casa Calviño", no Calvario, a xuntanza de homes e mulleres a comer o bo marisco que posuía Pepe, daba logo nos postres a tudo un condumio de anédotas locais onde non podían fallar as das "Vidas Exemplares dos Homes e Mulleres do Vicus Spacorum e de Lavadores"...Unha pena ese sufrimento pois a pesar de todo era simpática e afabel.
Pois sí, Sit tibi terra levis...
Breves saúdos, deica.
Ola, son Moncho Boga, e escríbo neste apartado porque non teño o teu e-mail. É para pedirche a seguinte información, si é posible: hai uns días atopei unha pregunta túa en celtiberia.net do ano 2007. Adxuntabas unha fotografía dunha anta, ou polo menos preguntabas si se podía tratar dun monumento megalítico. Pois ben, eu creo que sí. O motivo da petición é saber a súa localización (parroquia, concello...) así como algunhas características técnicas relativas á súa estrutura (mámoa, número de esteos, algunhas medidas, nome...) Sin máis espero que atendas esta petición, grazas.
ResponderEliminar