Erguinme pola mañá
feliz e contento porque pola noite tivera un soño no que todo o deste mundo no
que creemos e no que vivimos, estaba arranxado e a xente estabe leda consigo
mesma o cos seus conveciños. Incluso estaba a piques de dar marcha atrás na
apostasia, despous de ver o que fai este novo Papa, cando, a hora de tomar o xexún
escomencei a ler as noticia, casi olvidadas desde a miña estancia en SANABRIA, e ¡cataplúm!,
deime de fociños coa nova realidade.
O primeiro que me
chmou a atención foi esa especie de amnistia ou amaño dun ex de moitas cousas
incluida a donación a un presunto defraudador, pero con agarradeiras no mais
alto da cúpula deste escarallado estado.Na miña terra chámase ir a salto de Mata,
en plural.
Outra foi a dun xuiz
afiliado a un partido politico, e que este mesmo partido aúpao a presidencia de
algún organo do sistema xudicial, que solo por eso demostra a independencia de
ese sistema. (¡¡JOO!!).
Os grandes partidos
seguen a greña, eu peor que ti, ou o revés, ti mellor que eu no asunto de
levalo crú, presuntamente.
Gurtel, eres, e
demais chanchullos, por non falar dos propios nosos, tanto na miña casa galega,
como na de meus pais e castela-león.
Co asunto da
sanidade, estamos o mesmo senon peor que antes de irme a Xeabra dos meus
amores. Agora teñen ás lesbicas a greña, con toda a razón pola súa parte creo
eu, os estudiantes o mesmo, e dos parados xa nin falemos. Nin dios fai nada por
sacalos do marasmo.
Perdoaime porque, en
realidade queria mandar unha charla sobre a praia de Samil ou de Barra,
incluidas unhas fotos desta última, mais non me da o pancho para elo.
Tamén queria falar
dos pemento, tomates, chícharos e demais cousas de horta, cousa que quedará
para outra vez.
Retorno a Xeabra e
voltarei a subir , seguramente a Peña Trvinca, desde onde mandarei uns
aturuxos.
Apertas a tutti
cuantti..
Ay Xabres este mundo non se da arranxado!
ResponderEliminarTi desfruta da montaña oh!
Biquiños.