Podia suceder noutro
sitio, pero non, sucedeu en San Ciprián de Hermisende na Alta Xeabra,
nos límites dos Tres Reynos.
Cando se fala de
homes (HOMES), que as veces parece que a intención da palabra está
olvidada.
Naqueles tempos a
verba tiña un significado evidente, cousa que agora parece que está
esquecida.
Aqueles homes que
nos precederon, eran homes de verdade e non cabian nas suas mentes,
cousas que se puideran terxiversar. Cousa que actualmente sucede con
demasiada facilidade.
Nunha ocasión,
cando eu era rapaz, e xa choveu, na nosa aldea estábase a facer unha
casa, como se decia antes “de raiz”.
Cando os pedreiros
tiñan as paredes subidas habia que subir alí o alto as vigas do
amadeirado correspondente, sobre o cual se iba a axustar o louxado.
A viga mais
importante e fundamental na estrutura dunha casa é a viga do
cumbreiro, que é sobre na que descansan os canteados que suben desde
as tercias a ela. É polo tanto fundamental e como consecuancia deso
é grande e con unha envergadura grande. Xeralmente un carballo de
gran porte, inteiro, que pesa o seu.
Os canteiros,
cando chegou a hora, dixeronle o patron da obra, que busquera HOMES,
para subir o cumbreiro.
Era no estio e
polo tanto a xente estaba coas labouras propias da época, cousa que
levou o propietario da obra, a buscar que axudera a subir a viga.
Cando chegueron
alí, o dono e mais os axudantes, o xefe dos pedreiros díxole:
“Quero homes. Non quero daqueles que xa o foron nin dos que o van a
ser. Temos que subir o carballo para facer a casa e non para deslomar
a ninguén”.
Ante a dubida de
quen era home ou non, houbo tamen na aldea, cando inda existia a
capela de Santa Catalina, unha demostración empirica do asunto. Dous
rapaces veciños da capela, e que xa abaqndonaron este mundo hai uns
anos, eran os xemelgos do ti Alexandre. O parecer nunha ocasión que
o crego correspondente andaba por alí, eles, os xemelgos, que tiñan
a dubida de se era home ou non, encheronse de valor e razón e
levantaronle a sotana o crego. Descubriron que debaixo levaba
pantalóns, cousa que os deixou convencidos de que como levaba
pantalóns, era home. Daquela as mulleres non os puñan. Coido que
non os tiñan.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarUn neno, dicía Ristóteles, é un rapaz en acto, máis un home en potenza.
ResponderEliminar¿Pero que é un crego? Unha dúvida que éstes tinhan, unha curiosidade que se ben resultou espertada, eu pondría noutra nova dúvida seica a levita non os leva o vento...unha mágoa, unha pena
Furacán longo no tempo que cruza o ar, surca e troca as cousas de sito, ben poidera trocar o da levita ao penedo dos tres reinos
E logo xa miraremos...
Saúdos