Están acabandose
os dias de estancia nesta aldea da Alta Sanabria, perdida entre a
Gamoneda o Marabón, a Escusaña e o Ladeairo,
Neste pequeño
curruncho non desaparecen as miserias do resto do mundo, e a todos os
seres vivos de por eiquí chegalles sufrir os vaivens dese modo de
vida que nos fumos dando, ou consentindo a imposición de uns cuantos
macacos, que nunca tiveron necesidades vitais.
Na última entrada
que fixen por estes lares, falaba do meu amigo Xetoño, que pasaba a
ser canameiro como moi ben dixo outro amigo, que o dexou escrito no
blog.
O pase do Xe a
outro estadio de vida, afectou, e moito auns seus colaboradores, que
desde que vendeu as ovellas, entreron no mundo do paro, e andan
desnortados dando voltas pola aldea sen saber moi ben que
facer. Levaban toda a vida co mesmo traballo, e según Xetoño, nunca
falteron o traballo tanto se chovia como se facia unha calor
abrasante, nunca abandonaban o seu posto e responsabilidade de
traballo.
Estou a referirme,
naturalmente os cans.
Ian todolos dias
coa res catro. Un Mastin , un can de carea, e dous pequenos, un
podenco e o outro de raza indefinida.
Todolos dias nada
mais sair da aldea camiño de Rebordelo, o chegar as Rozas xa
empezaban os pequenos a escurrizar as corzas, apoiados polos dous
grandes, que sempre se sumaban a festa.
As corzas, por se
alguén non o sabe, no monte non corren, literalmente voan. O par de
horas volvian a estar no lugar donde foran sacadas da cama.
Díxome o XE que
non podia mandalos o paro, e el tiña que desfacerse deles por fin de
obra.
O asunto dos cans
xa o leva amañado, pous o mastín atopou traballo con outro pastor
nunha aldea cercana. A cadela de carea, ahora está,convaleciente
despous de ter un parto con nove cadeliños. Supoño que sacalos
adiante cos tempos que corren vaille ser complicado. Os dous pequenos
non teran moito problema, pous xa se sabe que no tempo da caza sempre
fan falla bos axudantes experimentados.
Como dice o meu
amigo :espero que non teñan que sumarse a migración siria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario