Hoxe, dia 2 do Nadal
de 2015, as cinco é media da tarde sain a dar unha volta polas ruas,
para estirar as “patas” e tentar de que a gordura non se siga
cebando con un.
Nada mais encetar
a andaina e case diante do portal da casa donde vivo, vi un home
debruzado nun contenedor do lixo( non é a primeira vez que o vexo,
él ou a outros coma el), estaba, polo que deduxe, buscando comida ou
algo que se le parecera.
Ia ben vestido,
con pantalóns de pana, chaqueto de punto enriba da camisa, e cunha
mochila nas costas. Desas mochilas que tamen adoitan levar os nenos o
colexio.
Era un home
delgado e que polo que ví mais tarde camiñaba a un bon paso.
Sin encomendarme a
naide decidin seguilo para enterarme da sorte que tiña, na sua
busqueda. Unhas veces eu paraba dinte de algún escaparate, mentras
él rebuscaba nos “contenedores”, e outras esperaba que acabara, e deixaba
que camiñara diante de min
Desde a rua
Sanjurjo Badia, e Garcia Barbón, hasta a rua Urzaiz, donde decidin
non facer mais de investigador ocasional, e tamén porque alí tivo
que deixar de rebuscar nun par de caixons porque xa estaba outro home
rebuscando.
Podo decir que
nese par de kilometros, mais ou menos, que fun detrás del non sacou
nada de ningún dos contenedores que esculcou.
Veise que a xente
non tira restos. Non están os tempos para tirar nada.
Quedei pensando en
cual seria o percorrido daquel home, e o resultado final. Penso que
casi podria pronosticar que nefasto.
Andan decindo que
a economia se recupera, pero eu penso que a recuperación, para
moitos, é NEGATIVA, por moito que a propaganda dos partidos venda
fume de follatos.
O triste do caso,
é que os mesmos que sufren a situacion descrita, son capaces de
votar ós mesmos de sempre. Un nunca sabe moi ben que pensar.
Non vai moito vin
unha viñeta con dous indixentes debaixo de unha ponte, que se decian
un o outro que votarian o mesmo, por se era o caso.
Mentras tanto o
Axuntamento de Vigo xa empeza a gastar cuartos nas luces que anuncian
a navidad.
Estes dias
recolleuse no banco de alimentos un monton de toneladas de alimentos
que a xente donou.
PORQUE OS PARTIDOS
POLITICOS E OS ENCATGADOS DE XETIONAR A “RES” PUBLICA, NON TOMAN
CONCIENCIA DA SITUACION, E TENTAN PORLE REMEDIO?.
Xa estou hasta as
gonadas de que seamos os ciudadanos os que tentemos parchear estas
cousas, cando desde os lugares donde se manexan os cartos públicos, fan mangas
e capirotes cos mesmos, e importales un carallo as necesidades de
humanos como eles ou mellores, e que naceron polo mesmo lugar que
eles, mais en sitios distintos, estan a pasalas putas, e nin eu nin o
resto de ciudadanos, cobramos IMPOSTOS (a vebrab ben de IMPOSICION),
para solventar ou paliar estas situacions.
Mentras a politica
non poña en primeiro lugar as persoas, e sobre todo as mais
necesitadas, os politicos conmigo que non cunten.
Con o derroche e
luces e outras “mamandurrias”, ¿cuanta xente se poderia sacar do
eido da fame?
No hay comentarios:
Publicar un comentario