sábado, 29 de mayo de 2010

¿VOLVEMOS AS ANDADAS?


En Monzón , los aragoneses ratificaron lo acordado en Borja, y así, unos y otros andaban a la greña, y lo que sacaron en limpio fue separar a Navarra de Aragón, que desde hacía medio siglo estaban unidas y conformes.. ¡Cuantos ejemplos como éste, lector, verás a través de toda nuestra historia, que no parece sino que los españoles hemos nacido para pelearnos unos con otros por un quitame allá esas pajas! No hay cosa de mayor gusto para los de nuestra raza que andar a a mandobles y retropelos los unos con los otros, bastardear derechos, discutir niñerías, armar camorras por los más futiles motivos, alimentar envidias, acaudillar banderias, reñir honores, escandalizar cudades, arrasar pueblos, talar regiones, degollar hermanos, robar haciendas, hacer viudas, ultrajar doncellas, apalear hermanos, asaltar reparos, levantar barricadas, incendiar fortalezas, mancillar blasones, estrenar patíbulos, descabellar villanos y otras cosas a este tenor; todo, ¿por qué? ¿por altos motivos de vida nacional o de defena contra agresiones injustas de otros reyes o señores ambiciosos de allende las fronteras?. No lo creas; hay quien se previene tras una bastardía, o toma por apoyo una palabreja, o se afirma en una promesa, o pone sus hojos en un valido. Las más de las veces la ocasión no importa; el caso es verter sangre, ultrajar la paz y desdecir la honra del vecino, del padre o del hermano. Esta sangre tenemos, lector amigo, que se arde porque la gallina de la vieja se perdió, y otras veces, aunque nos den de asnos y nos revuelvan los entresijos, no chistamos siquiera.

Queridos e non despistados lectores, non estades a ler unha cousa que eu me invente, como outras veces, senón que é, nada mais e nada menos, que algo posto sobre papel no século XVII polo doutor don Cristóbal Lozano (1609-1667) .
Estaba eu estes día lendo un libro dedicado a lendas e tradicions españolas, cando cheguei a este punto, que me chamou a atención, pois nun primeiro momento, pensei que estaba contando cousas actuais, e non era así, estaba contando o que pasou no século XVII no Reyno de Aragón, ¡Amiguiños, parece que anosa clase política no aprende de erros pasados!.
¡ FAGÁMOLO NOS SE ELES NON O FAN ¡ Senon iremos fodidos “per saecula saeculorum”.
A ver se alguén acerta en que obra ou contexto está, escrito o que precede en castelán.

jueves, 27 de mayo de 2010

VOLVEMOS AS ANDADAS



Este fin de semana p.pasado, estivemos en Val dos Marcos.
Inicialmente íbamos alí a preparar a Porteliña, sementar unas patatas e chícharos coa idea de non morrer de fame nos prÓximos meses. De todolos xeitos as intencións iniciais o fin trocanse en función do devir.
O domingo, despois de sementar na Porteliña o sábado, decidimos ir cos de Verdegaia, a facer un percorrido polo Tuela, desde a Moimenta hasta a Ponte, no Fixó.
Como o percorrido xa estaba marcado, quedeime coa gana de mostrarles o castro da Cigadonha na Moimenta e a Ponte Medieval recontruida sobre unha romana, tamén no término da Moimenta e sobre o Tuela.
Teño que decir agora, que, o nome do noso riu é TUELA hasta a vila portuguesa de Mirandela, donde empeza a chamarse Túa.Xurdiu por alí a pregunta.
Cheguémos a ponte onde comímos unha estupenda empanada, uns bos queixos de cabra e un estupendo viño acompañounos, gracias a xenerosidade da Miguel e Xusto.
Como non podia ser de outra maneira, pasei a visitar a morada da Bruxa da Veiga. Atopeina francamente preocupada.
Estas eran as súas inquedanzas: “ Estou moi preocupada polo futuro”.
Senteime a carón dela no cimo do meu prado da Veiga, enriba de unha torada de afreixo, que no seu dia fora cortada para facer eixes de carro, e o fuxir do tempo deixouno en eso: Unha torada xa medio podrida.
Díxome a bruxa, que nestes tempos xa casi non merecía a pena selo, pois naide deixaba de ir a misa para baixar a Veiga. Simplemente xa non hai misas. Parece ser que agora hai unha espécie de sucedáneo, no que calquera se pode achegar e decir calquera cousa. Decìa o meu amigo Carlos que os cregos deberian estar cabreados polo intrusismo, e que non hai dereito a que calquera poda interpretar o Novo Tetamento despous deles ter estudiado doce anos “latin”.Defende o negocio dun cuñado.
A bruxa dixo que a patir de agora non sabía como poderían os axuntamentos tirar cos cartos arrancando urces que pronto volven a sair.
Tampouco sabia como iban pagar a secretários, tecnicos desto e daquelo, despous de que o estado central non mande perras, e a comunidad económica europea tampouco.
Acabarianse a festas gratis, o día da cataña, o dia da neve e o dia da gran papada. ¿Qué fará agora a xente?.
Non se preocupe, dixenle eu, a partir de agora volveremos as festas de antes, viviremolas desde unha semana antes, faremolas cos nosos medios, e disfrutaremos delas a tope.De todos é sabido que o que non custa non gusta.
Xa verá como os chavalotes se quedan na festa, pois o mais probable é que a gasofa sexa un produto a usar solo en emerxencias gordas. Inda haberá algún politico que se de un garbeo en coche, pero será corrido a pedradas.
A bruxa tranquilizouse un pouco bufoume e desapareceu no Tuela na pescuda do ti Alexandre, que desde facía moito era o seu amigo.

miércoles, 26 de mayo de 2010

¿ULOS?




Empezo a estar un pouco louco con toda esta história da CRISIS, dos desfalcos fiscais, quero decir, do que nos dicen que a xente defrauda á Facenda.
Neste noso pais de banderías. Fálase de uns NOVENTA MIL MILLONS de €, defraudados a Facenda Pública.
¡Carallo, eu ese diñeiro, necesito polo menos un dia para roubalo, e con tankes!.
Volvendo a tan cacareada crise, parece que a “pasta” desapareceu. Eu preguntome quén a fixo desaparecer ou quen a queimou.
Se a enerxía non se crea nin se destrue, o diñeiro moito menos, nalgunhas mans.
Estou totalmente seguro que o diñeiro está nalgures, e non no meu peto.
Tamén estou seguro, que si os gobernos queren, saben donde está. Inda que sexa en distintos paises.
Hai unha hipocresia tal, que naide dá unha Ostia na mesa e fai que aflore todo. ¡Que non me veñan coa cousa de que non se le pode sacar o diñeiro a quen o gañou! As grandes fortunas non se fan da noite a mañá, salvo que te morra un tiu en El Dorado e te deixe todo o ouro do que se falaba.
Hoxe estiven facendo un ingreso nun banco, para a empresa dun amigo. Iba a ingesar trescentos cincuenta €, para cubrir parte dun recibo que podía ser devolto por falta de liquidez da empresa deste amigo.
Cando me acerquei o mostrador do caixeiro, vin que estaba a gardar un faxo de billetes de quinientos euros. Polo grosor dos mesmos calculei que alí polo menos habia, axudado polo señor da caixa, unha cantidade de euros de uns trinta mil.
Non abultaban moito, podense levar nun peto sen chamar moito a atención.
Dixenle ó caxeiro : ¡Carajo, parece que alguén ingresa parte dos seus “Bin Laden”!, e o bon home contestou: ¡Que va, son para un cliente que logo vai vir a buscalos!.
Eu calei, mai pensei para o meu caletre : “¡ Estes, non volven ver a luz en moito tempo!”
Fixádevos nunha cousa, ¡que sinxelo o tein os gobernos se queren! Solo tein que decir, “OS BILLETES DE 500 €, DEIXAN DE TER VALOR EN CINCO DÍAS, QUEn NON OS CAMBIE QUEDASE SEN ELES!
¿A que noi hai “güevos” de facelo?

martes, 25 de mayo de 2010

¿SERÁ ASÍ?



Tiña un crédito que vencía, e decir tocaba reintegralo, pero había un problema: na caixa so había po, nin un can.
Chegou a un acordo co banco: pedia outro crédito por o doble e xa tiña para pagalo e seguir mantendo o ritmo de vida.
Durante un ano a cousa foi ben: o banco contento porque cobrera e porque prestera diñeiro a un bon xuro.
As contas do directivo do banco eran: cobremos o crédito, sigue a debernos o mesmo, e o xuro é mais alto, ¡esto marcha!
Pasou outro ano, o crédito venceu, habia que volver a pagalo. A festa era a mesma, non habia pasta, polo tanto tiña que volver a endeudarse. O banco puxo pegas, pero ante a posibilidade de perdelo todo, aceptou un darle outro.
O banco tamén tiña un problema, él tampoco tiña diñeiro, prestera demasiado, recurrira a outros bancos, e éstes xa non se fiaban. Non é que non se fieran, é que estaban todos na mesma situación. Item mais, non fixeran ben as contas co xefe dos bancos, e este empezaba a mosquearse.
O xefe de todos os xefes dos bancos, tiñan o mesmo problema. En fin, todo o embrollo consistía en que todo o mundo debia a todo o mundo. O asunto arreglariase perdonandose uns os outros as deudas, mais non era posible, pois habia que pagarle a toda a xente que traballaba para eles, a xente que traballaba na sanidade, na enseñanza, as subvencións a toda aquela xente que subvencioneran antes etc.etc..
E decir a roda non podia parar, pois o que se saira da roda solo le quedaba a fame e o frio camiño.
Nunha pequena aldea, quedaba un humano, que todo aquelo non le afectaba. Tiña unha pequena chabola feita por él mesmo. Cultivaba cada día o que necesitaba comer o seguinte dia. Tiña unhas ovellas as que solo le pedia la para confecionar un pouco de quitafrio, un pouco de leite co que artellar un queixo, e entretiñase en cuidalas unhas horas cada dia.
Según él non necesitaba mais nada.
Cando o resto do personal desapareceu por mor de unha enganchada entre uns e outros, pois todos querian arreglar o mundo, chegando a conclusión que os contrários eran o problema, lieronse a tiros entre si. Aquelo durou demasiado, cando os que gañeron quixeron vivir ben, atoperonse con que non tiñan nada que comer. Iso si armas e trastos bellos tiñan a reo.
Morreron de fame e a tiros entre os que quedaban.
Solo quedou o paisano da aldea que non necesitaba mais.

viernes, 21 de mayo de 2010

SONETO ESMENDRELLADO




Alí non faltaba de nada. O luxo estaba por todolos lados.
Xa falaremos o luns, daiqui alá
Que o pasedes ben



Empezaba a xente a arremolinarse polos arredores.
Logo sairon algúns decindo de arrumbar a porta.
Apiques de tirala, apareceron os donos dela.

O fedor era insoportable.
A casa era espléndida, mais ben luxosa
Dixo de súpeto a dona :Debeuse ir a luz.
Haberá que tirar o conxelador.

¡Fodeuse o marisco!.
Haberá que comer berzas, po eso iremos a prepara a horta da
Porteliña.

lunes, 17 de mayo de 2010

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2010



Fumos a terras de Celanva a celebrar o dia da Letras Galegas.
Uns a Vilanova dos Infantes de troula. Eu soliño a Castromao a renderle tributo os antepasados.
Digo eu soliño, pois ali so estaba eu, uns merlos e uns ferreiriños, que xa estaba coa leria das novas xeracións de páxaros.
Columbriele o nIño os ferreiriños, as merlos non fun quen.
TaméN descubrin queN estivera alí antes que eu, sen contar os castrexos, : O porco montés, estivera por alí fozando. Na coroa mesma do castro deixou a súa arada.
Estando alí, e matinando no asunto das letras e do nome da nosa terra veume a caluga a maneira como Estrabón xa nomeaba estas terras : Kalikoe, que despous voltouse Galaecia, e eis ahí o nome actual.
Esto fíxome pensar, mais de forma romantica que cientÍfica, aceptando a estadía dos Celtas polos nosos lares, seguramente os kalikoe estaban antes e de sempre foron os primeiros poboadores. ¡Que carallo, galegos toda a vida!.
Lástima que aquela Galeciae, que o parecer era desde o rio Douro para acá, se olvidera do asunto. ¡Que mais dá! ¡Sempre será Galicia se os galegos queren, e coido que os galegos queren!
Como xa non queria estar mais alí decidin ir a Bande a ver a capela visigotica, e de paso o campamento romano de Aqua Querquenis.
Valame Zeus, para que eu iria ali!, so para levarme un bon cabreo. Todo o reconstruido estaba asulagado polo encoro, apenas se ve parte de campamento.
Dos nacementos de auga quente, nin ren. Todo debaixo da auga. Así e todo a entrada está o centro de interpretación. Pechado, seguramente polo dia festivo.
Xente pola zona ningunha, agás uns rapaces collendo carpas. Por certo ben grandes.
Volta a Vilanova, donde a xente estaba a bailar. O pobre solitário non le fixeron nin puto caso.
Está claro que as cousas culturais se non se fan ver, parece que non le gustan a ninguén.

viernes, 14 de mayo de 2010

PRIMEIRA CARTA DESDE O FUTURO



Hola, que tal?.
Oxe escribote despous de vir de Rochouso, onde estivemos arando nas leiras, fecendo a decrúa.
A Cachorra parece que xa empeza a acostumarse o xugo. Oxe arou sen dar ningún problema. Dicen que será unha das mellores vacas da comarca.
Un día destes colleremos os arreos da mula, porémoslos enriba e iremos a buscarte. Xa temos arreglado aquel cuarto que tanto te gustaba. Espero que te guste e estés comodo nel.
Un día destes pasados, entereime de que cando tu eras novo, desde aiqui, da aldea, a o lugar onde ti vives, habia unha cousa que se chamaba carretera, e que todos tiñais coches, como ese que hai na aira. Inda non entendo como podian camiñar eses bichos e andar vinte leguas nunha hora. Este que está na aira creo que non anda nin costa abaixo.
Tamén me dixeron que tíñais unha cousa que chamábais diñeiro, que non servia para nada, mais que todos andábais loucos por él.
Non entendo como alguén podia vir aiqui, e a cambio duns papeis, levarse os nosos tomates ou patacas.
Eso no era nada xusto nin intelixente, pois ¿acaso se pode comer ese papel?
Dicen que habia mais de dous tercios que comian o que o resto producia, a cambio deses papeles, que despois deron en deixalos por números nunhas contas corrientes, e que o fin acabou todo de ma maneira. Nunca entendín eso.
Menos mal que nos non vendéramos as leiras dos nosos antepasados.
Agora traballamos plantando e recollendo os nosos produtos que nos chegan ben, e despois do traballo, todalas tardes temos baile de gaiteiro nas airas.
Non te preocupes, dentro de catro ou cinco días imos a buscarte, e cando veñas, dixo o abó que abririamos unha nova pipa de viño das viñas de Vilares, xa verás que bon está.
Bueno deixote, pois chega a hora na que cortan a electricidade, e non poderia mandarte este correo electrónico que é o único que quedou sano da túa época.
Un grande abrazo, e xa veras que pronto disfrutarás da Natureza na beiras do Tuela.

domingo, 9 de mayo de 2010

¡HOMES COBARDES!


ISTÓRIA ESCOITADA POR MIN A MIÑA AVOA, FAI ANOS.

Primeiro cuarto de século do pasado.
Xa estaban os rixelos nas cortes, as vacas acomodadas, era a hora da xuntanza dos homes da aldea, debaixo do balcón da mai de Paulos.
Normalmente chegaban alí despous de merendar, a falar das súas cousas, comentar como ian as colleitas, se xearía e queimaria os froitos, se ainda podia vir unha nevada, pois aquel dito de que “hasta el cuarenta de mayo no te quites el sayo”, a mil metros de altura sobre o nivel do mar, non era un dito calquera ¡era unha lei!.
Aquela tarde-noite, habia unha boa concurrencia, acababa a semana e o dia seguinte domingo podiase descansar algo.
As mulleres da aldea, aquelas horas, adoitaban ir a fonte a por auga, tamén tiñan as súas xuntanzas e os seus “corrillos”.
Diante dos homes, pasou unha muller de arredor duns trinta anos. Estaba preñada, e notábasele ben. O parecer xa estaba de sete meses. Estaba solteira, e as más linguas decian que ela mesma non sabia que era o pai.
Unha vez que pasou, os homes escomenceron a botar fora da boca cousas irreproducibles. Xa sabedes as estupideces dos homes cando estan mais de dous xuntos, e se queren facer “mais homes”.
-¿Quen de nos é o pai?- dixo un botarate.
Entonces empeceron as gracias de uns e os outros-
- Se é meu, que saia con dúas cabezas- dixo un pequeño baboso.
- Se é meu que saia con cornos- dixo outro.
- Se é meu, que tarde quince meses en nacer- outro.
Asi, un detrás de outro, estupidez tras estupidez, e baladronada arriba e abaixo. Grandes risotadas, algún case perdia os folgos rindo.
Volveu pasar aquela muller e o silencio foi casi sepulcral. Despous de todo eran bastante cobardes.
Pasou un mes, e aquela muller deu a luz, desgraciadamente para ela, a criatura naceu morta, cousa que certificou o médico do concello.
Como non foi bautizado, e era fillo de solteira, o recien nacido-morto, foi enterrado, na parte norte do “sagrado”. Aquela era a zona para os non cristians. Alí nunca enterreran a ninguen. Esa foi a sentencia do crego.
Foi un duro golpe para a mai. Non queria perder o fillo.
Dias despous de uns días, correu polo pobo un rumor: Uns decian que a criatura, nacera con duas cabezas e que por eso a matera. Outros que si nacera sen pernas, outros…., en fin, cada un decia a burrada mais grande que se le ocorria.
Chegou os oidos da pobre muller.
No o superou.
Unha mañá, atoperon-na colgada polo pescozo debaixo do único Teixo que quedaba.

viernes, 7 de mayo de 2010

¡PRONTO NOS VEREMOS DE NOVO!



Todolos dias, cuando o Astro xa iva baixo e a súas raiolas lambian o Castro Bastián, desde facía un bon feixe de anos, sempre, sempre, estaba esperando aquela hora.
Facia que escavacaba nun cacho de amieiro, como se estivese a facer uns zamancos. A madeira xa estaba tan renegrida e seca, que, con solo mirala, decía a cantidade de anos que levaba sendo manoseada.
Chegada a hora en punto de todolos días, o can, aquel can vello, erguiase e asomaba o fuciño pola porta carral, saia a rua en daballe unha lambetada na man a velliña que subia paseniñamente. Cando camiñaba, cada paso consistia en adiantar o equivalente a uns catro centimetros sobre o outro, o que daba a ideade que para percorrer o camiño da fonte levariale unha hora polo menos. Eso se o tempo era bo.
- ¿Qué, vas a fonte?- decia o vello desde o tallo no que facia que escavacaba.

- ¡Si!, - respondia a velliña.-Vou por unha barrila de auga fresca.

- ¡Avía, que se te fai noite!- repondia o vello.

Pasada unha media hora, o can reptia o seu ritual, a velliña sacaba da faltriqueira un cacho de pan, que xa o mesmo esperaba. Coma sempre.
- ¿Cómo vai o zamanco?, preguntaba a velliña.
- Ben, ben. Un dia destes acabo-o –Contestaba o vello.
- ¡Vou contenta de verte de novo!
- ¡O mesmo digo, espero verte mañá!.
Esta era a conversa todalas tardes, fixera sol, chovera ou nevera.
Invariablemente, levaban repetindo os mesmos ditos, á mesma hora, desde o dia que aquel home volvera de Arxentina.
Cando eran mozos, mocearan un co outro.
A terra era avara cos habitantes dela, polo que él, decidiu emigrar as américas, para poder volver con algo co que mercar terras e vivir xuntos.
Volveu, eso sí despois de mais de trinta anos. Como él decia moitas veces, volveu con algo ¡algo mais de anos, e cunha mau detrás e outra dediante!
Xa se les pasera o tempo de casar, e inicieron aquela rutina que tiñan de mozos: ela ia a fonte coa barrila, él estaba na porta traballando, despois da xornada diaria, e desde facia un tempo repetian sempre o mesmo.
Seguramente se algún dia o ritual non se repetira, o can sería capaz de facelo. Nunca perdera ripio.
Un dia a velliña non subiu. Na hora de sempre, unha vez rebasada a mesma o can púxose a aluar, o vello mirouno e caseque non o viu. As bágoas non o deixaban ver. Chamou polo can e metendose dentro da casa rosmou: ¡Pronto nos veremos de novo!.

miércoles, 5 de mayo de 2010

¡FODIDA XENTE!


Hoxe deixovos eiquí, a noticia (funesta noticia)de LibreRed o diario dixital alternativo.
Pasoume a información a miña sobriña Eva, que hoxe ven a Vigo desde Santiago a unha manifestación para dar a coñecer o que a prensa parece que agocha.¡Valanos Zeus!.
Noticias como esta son daquelas que fan que un se sinta cada vez mais perto do mundo dos animais, sobretodo do dos cans.
Eilo ahí o enlace:
http://www.librered.net/wordpress/?p=19493

lunes, 3 de mayo de 2010

¡PARIDAS?



De cando en vez, o ir a Val dos Marcos non so serve para alixeirar o caletre, desestresarse e darle unha tunda o lombo. As vece tamén serve para agarrar un bon cabreo coas cousas, daqueles langráns que queren facernos comungar con ostias coma rodas de muiños.
Estando alí, cousa que fixen este fin de semana, entereime que a crise tamén chega os únicos productores de riqueza de Val dos Marcos: O Xeantoño e o seu cuñado o Telmo. Parece ser que agora venden menos rixelos que vai un ano, e ainda por enriba estan reducindo a sua produción, pois o matela suponle mais perda.
E sinxelo sacar as contas, se non gañas co que tes por mor dos costes reais, canto mais produzas mais perdes, se o precio de venda noN cubre todo.
Para acabar de arreglar o asunto, no fin de semana aparecen noticias de cómo hai que salvar a Grecia: FODENDO OS MAIS DÉBILES.
Esta puñetera,( quitadele o eere, pois xa non hai traballadores), clase dirixente, clase especulante, e clase divina, está coma sempre: MANTENDO O SEU ESTATUS A COSTA DO ESTATUS DOS DEMAIS, SOBRE TODO SE SON DEBILES.
En Grecia todo o fregado van pagalo os de sempre, os que malviven, os que van o frente de batalla en caso de guerra, e decir os esbirros de Ulises, e os adoradores de Helena. Menos mal que de cando en vez habia un Príapo, que todo o muno o coñecia pola forma da súa túnica.Non fodia por defecto.
Fódeme moitísimo que sempre acaben facéndonos pagar os pratos rotos, mentras eles seguen a manter as prebendas.
Nuns poucos días farei unha reseña aiqui dunhas ideas escribidas vai mais de vinte anos sobre estas democrácias europeas, que xa o autor decia que os politicos so se preocupaban deles e dos que os axudaban, os verdadeiros introductores das nacións na crise. Textualmente dice que viven coa mirada posta en catro anos, e en eleccións. Namentres a encher os petos por se non os reelixen.
Saúde para todos menos para eles.

martes, 27 de abril de 2010

¿DE QUE BANDO ERAN?



Eran os tempos nos que había que reconstruir a casa.Tempos duros, no caso noso, para poder arreglar a casa, tiñamos que buscar madeira para as xanelas, portas e fundamentalmente para o piso.
Ainda que en Val dos Marcos abundan os castiñeiros, a madeira para unha casa necesita un tempo despous de cortada para que sirva. Non debe estar verde, e non debe estar cortada en calquer época. Nesto último as luas teñen moito que decir.
Aquel dia estábamos tratando de sacar uns tablóns dunha torada, que xa levaba un cantos anos cortada e medio queimada na Mallada.
Pola tarde, despous de comer a merenda, apareceron por alí os dous guardias civiles, que aquel dia estaban de servicio polos montes.
Senteronse a parolar con nós, e pasouse a falar de unha cousa a outra, sen sentido de continuidad en ningún dos temas sacados a colación.
Os dous guardias eran, un de Hermisende e outro da zona de Extrremadura.
Nun momento determinado empeceron a falar da guerra civil espñola, como eles le chamaban.
Xa se acabara a bota de viño que nós tíñamos para mollar o gaznate, de cando en vez, e noi sei se foi polo viño ou porqué, empeceron os guardias a presumir das suas andanzas no frente de guerra.
Aquelo chamoume moito a atención e púxen todo o meu interese no que se decia.
O que era de Hermisende, relatou que, cando estaba no frente, nun momento determinado entreron nun corpo a corpo cos soldados do outro bando.
Efronteronse uns os outros a “bayoneta calada”. De súpeto atopouse con outro soldado dediante, e según él nunca soubo se a mirada daquel rapaz era de odio ou de medo, mais como ambolos dous tiñan os mosquetóns coas “bayonetas”, e ante o temor a se era vida dun ou do outro embestironse e o que nos falaba tivo mais sorte, pois conseguiu ensartar(palabras testuais) o seu contrário, e alí mesmo o deixou despous de rematalo por compasión, según él. Tal como falaba, eu tiven a sensación de que o contaba como unha verdadeira “hazaña”.
Entonces o outro guardia, enseñounos a parte esquerda da súa cara.Debaixo da orella tiña unha especie de rosetón de un tamaño considerable.
Esto es fruto tambien de la guerra.- díxonos, e a renglón seguido contounos a sua andaina: Parece ser que aquel home fora fusilado, as balas do fusilamento non le acerteran, por sorte para él. Deixouse caer cos demais fusilados. Despous desto un oficial pistola en mau foi de un en un dandole o tiro de gracia, que consistia nun diparo na cabeza. Él disparenronle a altura da orella dereita, donde apenas tiña sinal, a bala saíra a rentes da outra orella, que era a que tiña o rosetón.
Sucedeu que, unha vez feito o fusilamento, recolleron os corpos para o seu soterramento, e unha das persoas que os recolleron douse conta de que él inda vivía, leveron-no o hospital, puideron recuperalo.
O mais chocante desta história foi cando me enterei de que o guardia natural de Hermisende, loitaba no bando chamado nacional, e o de Extremadura no Republicano.
Parece ser, que puideron amañar a sua pertencia o bando republicano, despois de acabada a guerra, polo que puido ingresar na guardia civil.
Contaron-no, con tanta naturalidade, que eu non púxen en duda as súas histórias, nin a súa boa intención, pois como me dixo despous meu pai: “Daquela cando te levaban o frente, nunca sabias a que bando ibas, solo o sabia o secretário do axuntamento”.
Falaba con coñecemento de causa.

sábado, 24 de abril de 2010

NAS POLDRAS


Hoxe, escoitando “charade”, a través de internet, veume as mentes un lugar onde, nos vraos dos anos cincuenta e tantos, soiamos ir a beira do Tuela a parolar.

O lugar está na marxen esquerda do Tuela no fondo da Charca Negra, xusto por donde pasaban as primeira poldra entre Hermisende e Sancibrao.
Digo as primeiras, porque cambieron de sitio tres veces, hasta que definitivamente desapareceron. Ahora xa no fan falla, aparte de que non hai xente, a carretera é moito mais comoda para transitar dunha aldea a outra.

Para chegar as poldras, habia un carreirón que baixaba desde o Outeiro, pola borda do prado dos Tomés que tamén levaba o Muiño do Freixoeiro. Uns cen metros antes de chegar o muiño, o carreirón adentrábase no salgueiral que ainda existe, entre o riu e as caldeiras do muiño do Carrizal e a do propio muiño, que creo que tamén le chamaban da Veiga.

Inda existian as paredes de outro muiño un chisco mais arriba, enfrente do que, na caldeira da Veiga as muleresiban a lavar a roupa, a facer a barrela como elas decian.

Por certo a barrela era unha forma de blanquexar a roupa a base de mollar, fundamengtalmente as prendas de liño, e despois de tendelas botarle cinza do lume enriba para que ampleceran, despois vavian a lavalas e xa está. Mais ou meno coido que era así.

Ben, pasábamos as poldras e no prado que creo que era dos Pitos, a sobra de un chopo e unpar de afreixos, xuntábamos-nos uns chavalotes de Hermisende, unhas chavalotas e eu, as veces a Marisa da Nélida, e a Amparito.

Eramos todos menores de vinte anos, excepto un par de mozos de Hermisende, entre os que se atopaba Don Paco, a aszón médico da zona.

Debaixo daqueles altos amieiros, proxectábamos o noso futuro, facíamos cábalas e quedabamos para o dia seguinte sempre esperando a que cheguera a festa do dia quince de agosto.

Este dia tíñamosle todos bastante medo, pois unha vez que pasaba, xa escomenzaba o éxodo. Avolta de un mes xa non quedaba nadie da pandilla pola zona, e entonces, pouco a pouco, a medida da falta de algún, a nostálxia caaba cada vez mais fondo en cada un de nós.

Daquela estaba en boga a música “charade” do gran compositor Mancini, por eso oxe o escoitala, veume as mentes, aquel curruncho, que podiamos considerar un dos lugares que co paso do tempo se botan de menos, xunto cunha xuventude, falta de mopitas cousas, mais chea demoi bon “rollo”.

lunes, 19 de abril de 2010

A INDEPENDENCIA É "FODIDA"



Despous dunha xornada, que eu consideraba completa e aproveitada, volvin para casa-
Os castiñeiros de Falgueiras xa non daban mais de sí. Seguramente no quedera nin un por esculcar. Era a época na que os estorniños, pombos, pitos verdeais e outros páxaros, estaban a punto de soltar as niadas.
Fixéraseme case noite, mais traia un carrelo impresionante de páxaros. Moitos estorniños, algún pito verdeal e tres ou catro pombos.Todos eles xa bastante emplumados.
Viña todo ufano, pois esperaba os parabens da familia por a suculenta comida que traia.
Algúns, coma os pombos, estarian boísimos con arroz.
Cheguei a casa, e nada mais subir as escaleiras, baixou a miña nai a recibirme. Como benvida, atizoume unha labazada que me deixou medio teso. Debia ser que estaba contenta, dixen para os meus boches,menuda maneira de falicitarme!.
Cuando cheguei a cociña, estaba o Pepe escarallandose de risa. A Dolores entrou ainda mais enfadada por aquelo e atizoume de novo, eu tentei meterme debaixo do escano.
Entón a bronca chupouna meu pai, por que non le seguia a corda a mai.
Parecia que miña nai non estaba enfadada polos páxaros, ainda que eran moitos para desplumalos.
O mosqueo víñale, porque o parecer aquel día, eu, estrenera pantalóns. Creo que enriba de min non habia mais que unhas pequenas tiras do que foran aquelas ciroulas, mais claro, como eu tentei de explicar: subir alconchando os castañeiros, non era doado, e tiñan garnanchos.
Aquelo solo fora un acidente sen importancia.
Estonces a Jefa, dixo; Mira ahi o tes, mais fresco que unha leituga, e ti sen facer nada. Ante esto mei pai sacouse a boina e deume un gorrazo, miña nai ia a darme co ferro da cociña, e o querer liscar, esbarei e aticei coa caluga contra una esquina da cociña, e automáticamente escomencei a botar sangue.
Entonces, despois de ver a ferida, díxoseme que aquelo no era nada e que o tiña ben merecido. “Deus castiga sen pedra nin pau”, escoitei.
O ver que non me facian caso, ameacei con marcharme da casa, pois alí xa naide me queria. Como ninguén dixo nada, todo enfurruñado e desde a porta berrei: Voume de casa. Contra a miña esperanza naide respondeu.
Baixei polas escaleiras, desde o fondo volvi a berrar o mesmo. E a resposta foi a mesma: Nada.
Saí do corral e iniciei, con pouca convición,eso sí, a marcha camiño arriba, hasta que cheguei ó “minoco”, onde antes metian os carros.
Como xa empezaba a oscurecer, pensei que era un bo sitio para acampar por aquela xornada, o dia seguinte reemprenderia o camiño hacia ningures.
Fíxose noite, escomenzou a facer frio, e as tiras que levaba por roupa non abrigaban. Xa case tiritaba, e a fame escomenzaba a facer das súas.
Despous de unha reunión conmigo mesmo, cheguei a conclusión que era mellor, deixai a partida fora de casa para outra mellor ocasión.
Agarrei a estima e o orgullo que me quedaba, metin-no no que quedaba dun bolso do pantalón, e coa caluga baixa e ensangrentada iniciei o camiño de volta.
Atopeime coa tia Maria Rosa, que me dixo: anda menino vai para a casa que vai frio. Creo que aguantou a risa con esforzo. Subin de novo para a casa, e na cociña xa se estaba cenando. Coa cabeza gacha, entrei, e miña nai díxo: Veña senta a cenar. Os recordos da viaxe xa nos los darás mañá.
A independencia é “fodida”.

viernes, 16 de abril de 2010

¿RITOS ANCESTRAIS?


Falando coa miña tia Jesusa, recordoume un dos rituais que habia pola nosa terra, sobretodo na Teixeira. (Lástima que dos teixos so quede o nome Teixeira).

Polos anos cuarenta e cincuenta do século pasado, os pobos estaban ateigados de xente, e o terruño non daba casi para manter a todos.
Era moi importante que as colleitas fosen adiante, coa menor merma posible. Delo dependia que a fame fose mais ou menos grande.
Unha das peores situacions era que entrre a primavera e o veran viñera algunha tormenta, e se era de granizo moito peor. Podia arrasar os sembrados e todo aquello que estivera en sazón. Era polo tanto algo o que se le temia en extremo.
Nunha ocasión presentouse unha fea tormenta que non presaxiaba nada bon. Cúmulos negros, cada vez mais xuntos. A atmosfera encheuse dun calor asfisiante, mesmo parecia que da terra tamén saia calor abafante.
Pola parte da serra, empeceron a escoitarse os primeiros tronos, que se escoitaban duas ou tres veces gracias o eco que producian os lombeiros no val.
A xente empezou a preocuparse. Miraban o ceo casi implorando que aquello pasara. Alguén subiuse o campanario a tocar as campas, pois deciase que tiñan “virtud” e espantaban as tormentas.
Nas casas as mulleres empeceron a facer lume no que metian uns cachos de madeira a queimar, que foran bendecidos un dia na igrexa.Tamén escomenceron a queimar parte dos ramos que foran bendecidos o dia dos mesmos, antes da Semana Santa.
De súpeto unha muller entrou no forno, e collendo a “pa” de meter e sacar o pan, como se fose un estandarte empezou a camiñar polo pobo con direción a faceira.
Empezou a seguila o resto da xente da aldea, homes mulleres e nenos. Ian todos rezando aves marias e outras oracións, e cantando algún que outro salmo.
A tormenta empezou a deslizarse polos Moares, e esmorecendo desapareceo hacia o Patateiro.
A pala volveo o forno donde quedou entronizada, hasta o proximo dia que se cocera pan.
A miña pregunta é : ¿De donde procederia aquela creencia? ¿Seria unha creencia relacionada cos ritos agrarios?
Sea como fora, ahí queda, o que a xente creia.
Daquela, fora polo que fora, a tormenta pasou de largo.

martes, 13 de abril de 2010

TESIS, PARA PAULA


Falar do contrabando da zona de Val dos Marcos, normalmente é falar de contrabando a pequena escala, salvo algunha rara excepción.
En realidade cada aldea tiña o seu lugar na raia para pasar o mesmo. O contrabando pequeno, que era mais ben un contrabando de necesidade, normalmente chamabanle “trelo”.
No axuntamento de Hermisende habia tras zonas diferenciadas, onde os veciños ian a mercar, cousas como café, xabrón, e algunha tela para facer fundamentalmente camisas, pois daquela habia “camiseiras”, e un xastre en Hermisende e outro en Lubián. Costureiras habia varias.
Antes da guerra do 36, habia un contrabando diferente pois unha materia obxeto deso mesmo eran a vacas.
Escoiteile varias veces a meu pai, que él axudera a pasar vacas de Portugal para España, varias veces, fundamentalmente a un curmán del que se chamaba Euloxio, que o parecer era bastante forte neste eido.
As vacas arreaban-as pola noite, ben polo terreno de Hermisende e Castrelos ou ben polo de San Ciprian, dependendo se o destino era a zona da Canda ou Lubián ou o Padornelo ou Requeixo. Neste último caso o arreo facian-no pola serra da Teixeira. Parece que este parente do meu pai tamén facia algún outro tipo de contrabando, sobre todo café, a gran escala. Tamén le escoitei que por dúas ou tres veces se fixera rico e outras tantas quedou aruinado despois de ser atrapado polaas autoridades.
Unha das persoas que tamén se dedicou a pasar gando, foi a nai do cura Don Manuel, a tia Florinda. Parece ser que era unha muller de armas tomar, e non tiña inconvinte en enfundarse nuns pantalóns de liño, e arrear vacas por Valdecabritos e as Valiñas. As mulleres, daquela eran bastante “botadas pradiante”. Seguramente a necesidade tamén axudaba, pois unha zona como aquela non era necesariamente un sitio onde as oportunidades de gañar uns pesos, abunderan.
O marido da tia Florinda, seguramente para complementar o negocio, tamen se dedicaba o “trato”, comprando en vendendo vacas. Era o que se chamaba un tratante.
Sendo eu un neno, nun vrao que le fun a coidar as vacas ésta familia, contoume mais dunha vez o que le pasera unha vez que se fora a confesar, cun crego que creo era de por alí.
Díxolle ó crego en confesión, que como andaba no trato, as veces, se podia engañaba os que le vendian as vacas ou las compraban. Entonces o crego díxole que tiña que restituir o mal ganado, pois aquelo era pecado. Ante este razoamento do crego o ti Elias contestoule que as veces tamén o enganaban a él ó que o crego respostou “hay que abrir el ojo”.
Cada vez que o contaba escachaba a rir.
Mais tarde este tipo de contrabando esmoreceo, e quedou o do café, as pedras de chisqueiro, e armas. Coido que estas tiñan un fluxo nos dous sentidos, hacia Portugal e o revés.
No contrabando pequeno, os de Castromil e os de San Ciprian, iban fundamentalmente a pobo da Moimenta. Os de Hermisende mais ben a zona de Mofreita e os da Teixeira a Vilarinho e aldeas do aredor.
Desde San Ciprian á Moimenta habia dúas rutas: a de Lagoas e a de baixo. Esta última iba pola beira do Tuela a Cancelada, e polo camiño da Moimenta a ponte do Cunqueiro.
Os de Hermisende pasaban pola zona da Escusaña, habia varios camiños que levaban a prados e leiras na raia. O transito non era complicado.
O contrabando de España hacia Portugal era fundamentalmente de bacalao, aceite, e tamén algunhas telas. Neste senso o punto mais importante era Hermisende pois tiña comercios, e a Mezquita.
No axuntamento da Mezquita, en Cádavos, estaba o contrabandista mais famoso da zona. Se pasades por esta aldea podedes preguntar pola casa do Urbano, pois ainda está en pé. Este home, nunha ocasión, tivo a casa rodeada pola Guardia Civil, nove ou dez guardias, él estaba dentro, mais cuando entreron para detelo, non aparaceu nin alto nin baixo. Por alí xa habia máxia.

viernes, 9 de abril de 2010

PASOU EN CALQUER LUGAR


Era fillo de solteira. Estivera a punto de criarse nun hospicio, levera-o a nai alí. As monxas pedironlle que quedera alí uns días, pois tiña leite dabondo para o seu fillo e para algún neno mais que o necesitara. Quedou unha pequena tempada e cando volveu a aldea non quixo deixar o fillo.
Cando volvia, aquela muller levaba consigo un gran desacougo, tíñale medo a reación de seu pai, pois él fora o que a inducira a levar a criatura a casa cuna.
Se as cousas se poñen feas marchome de casa, pensou ela para darse folgos a si mesma.
Chegou a aldea despois de camiñar pola serra os vinte kilómetros de distancia desde a parada do autobús a casa dos pais. Chegou pola noite. O pai enterouse un par de dias mais tarde, entre a aboa do neno e unha tia da moza artelleron que non se enterera, mais estas cousas non se poden manter agochadas sempre e o fin o túzaro do avó do pequeniño enterouse.
A trifulca foi das que fan época. Berros xunto con unha paliza a rapaza, e según algunhas persoas tamén lle zorregou a muller.
Durante unhas semmanas a criatura e a nai foron a vivir cunha tia. Pasado un tempo o intransigente patriarca, no sentido mais antergo da verba, púxose doente, e o non poder facer o traballo da casa a muller sola, pediu que a filla voltera a casa, pensando sobre todo que él era quen mais necesitaba os traballos da filla.
Pasou o tempo, o vello mellorou, e o neno e a nai incorporeronse a vida familiar. Eso sí co vello apenas se falaban, porque él non se baixaba da burra na que estaba escanchado. A preñez da filla era unha afrenta a súa dignidade, ainda que él non sabia o que era aquelo.
Paseron os anos, o rapaz íase criando nunha atmósfera familiar enrarecida, cun avó facendo as veces de pai, mais de pai-dictador, e sen compasión.
Faciao traballar arreo, moi por encima das posibilidades de un neno de sete anos, ia coas vacas, sacaba esterco coa súa pouca forza, non ia a escola a pesar da súa intelixencia manifestada no seu pequeno andar pola vida.
O vello cando consideraba que o rapaz non facia o que debia, castigabao. Unhas veces sen comer, outras pechábao na casa nunha das habitacións.
Sempre o ameazaba con pechalo na corte dos porcos, a próxima vez que se portara mal.
Un día que o rapaz fora coas vacas, tardou en volver para a casa, porque unha das vacas se le extraviera. Cando chegou, levou unha labazada pola tardanza e unha malleira pola falta da vaca,a que chegou mais tarde ela sola.
O vello, despois de mallar no neno, na nai do mesmo e darle un empurrón a muller, encerrouno na corte dos porcos tal como viña ameazando. Os berros do neno sentianse en toda a aldea, mais niguen fixo nada por evitar a inxusticia.
Pechou a noite e mediada esta os berros que saian da corte dos porcos remitiron, hasta non volver a escoitalos. De madrugada, a nai do neno foi a corte a sacalo, cando entrou non estaba alí ninguén. Empezou a dar voces por todolos sitios preguntando se alguén vira o seu fillo, mais ninguén daba razón.
Durante dous dias a anguria dos veciños era grande, menos a do avó do rapaz que solo se le ocorreo decir que o neno estaría co pai, quenquera que fose.
No segundo día, na corte dos porcos no medio do esturrio apareceu un oso, que o pescudar mais no esterco, foron aparecendo mais osos. ¡O neno fora devorado polos omnívoros marraos!
Mentras ian a denunciar o asunto no pobo veciño, onde estaba a garda civil, o cabrón do vello marchou a escaldeirar un prado.
Cando chegueron os guardas, e foron a buscar o avó do rapaz, este estaba, desangrado nas vicadas da preseira do prado, coa cabeza casi separada do corpo, e unha fouce rozadoira o lado. Fora agredido con saña e deixado alí, morto.
Nunca se soubo quen fora o agresor.
Solo unha pequena coincidencia, na aldea próxima, un rapaz novo desaparecera. Soubose mais tarde da súa marcha para América.
A nai do neno, cando xa vellinha, dixo que aquel home era o pai do seu fillo.

OFICIOS TRANSEÚNTES



Sonou, alá polas airas das Pirlas, o chifro do capador. Era tempo de capar os porcos e as porcas.
Como todolos anos, apareceu por Val dos Marcos O Paulino de Pentes.
Era este home un afamado capador, recoñecido nun radio de mais de cuarenta kilometros, con centro en Pentes.
Cada vez que aparecia pola aldea as mulleres, preparaban unha toalla limpiña, unha palangana limpiña, e auga limpiña recien traida da fonte.
Se esas cousas non estaban preparadas, o Paulino, automaticamente aparte da súa navalla de capar, sacaba a lingua a pacer, e puña-as a caer dun burrro ameazando con non capar o animal.
Os rapaces, polo menos a min, chamábame moito a atención a operación que facia para deixar estériles os xamóns e chourizos, incluindo botelos, rexóns e demais delicatessen desa maravillosa ave que non voa. ¡Se voara, menuda!
Cando o animal a capar era unha cocha, o asunto era unha operación en toda regla.
Primeiro rapaba na barriga do bicho a pel para deixala limpa, a continuación, coa navalla de capar (un bisturí) facia un corte polo que introducia o dedo indice e anular, e rebuscaba nas entrañas da porca hasta que atopaba o que buscaba, unha especie de berruga, que sacaba fora, e unha vez confirmado que aquelo era o que habia que extirpar, procedia a facelo. Neste intre era cando viña a rapidez: pedia auga, limpa da fonte, lavaba o corte, volvia a meter a resto dentro da barriga da marrana, e sen solución de continuidade, na pel púñale dous ou tres puntos, e mandaba soltar o bicho, que liscaba dalí sen esperar por mais.
Cuando o capando era macho, o asunto era distinto. A operación era un pouco mais bestia. O aasunto consistía en atarle a bolsa testicular por detrás dos testículos, e a continuación rachaba e devandita bolsa e sacaba os mesmos, lavar e deixar.
Recollía os testis, e unha vez acabada a xornada, unhas veces levábaos á casa do Caxera, e nalgunha que outra, entre él e o Pepe dábanlos a Dolores para que os fixera a plancha enriba da chapa, daquela cociña de cantería con chapa o roxo vivo.
Unha vez asados, Dolores púñaos nun prato, e mentra eles os comian ela desaparecia da cociña, chamandoles cochinos, por comer aquelo. Eu proveinos algunha vez e estaban bastante bós.
Mais tarde, aquel oficio de capador, desapareceu, pois aquelo era competencia dos Veterinários – Nos primeiros tempos, estes últimos tiveron algún problema de falta de experiencia, mais o fin impuxéronse. Era xa o fin dos oficios tradicionais daquela.
Outro dia falaremos dos afiadores, paragüeiros e demais oficios ambulantes.

miércoles, 7 de abril de 2010

¡GENTE COLGADA!.



La antesala de las consultas estaba abarrotada. Los asientos copados todos. Gente apoyada contra las paredes y mirando por la ventanas como si quisieran adivinar el devenir del tiempo.
Daba gusto ver toda aquella gente: Unos con cara de angustia, otros con cara de aburrimiento y otros con aspecto de dolerle algo.
Por lo observado, allí, no se conocía nadie, pués nadie hablaba con nadie. El que no leía 20 minutos leía algún libro, escuchaban algo a través de unos auriculares, o simplemente estaban adormilados.
Sentada a mi lado estaba una señora ya abuela, por lo que dijo un par de veces.
Después de un un par de llamadas a consulta, la buena señora se dirigió a mi, tratando de contarme sus dolencias. Me hice el sordo y pasó de mí. Después de otro par de llamadas a consulta, la venerable anciana, no mucho más que yo por cierto, se encaró con una mujer mas joven sentada a su izquierda, con la misma intención. Esto hizo que la otra mujer se levantase con la idea de no volver a sentarse.
Pasados unos minutos mas, de una de las consultas salió una pareja de alrededor de setenta y tantos años. Al verlos mi vecina de asiento se levantó como si la izase un resorte y se abalanzó a abrazar a la mujer que salía de la consulta, ante la mirada resignada del acompañante de esta última, que después supe era su marido.
Mi vista quedó prendida de una muleta de ésta mujer. Al fijarme me dí cuenta de que le faltaba la pierna derecha. Estaban de pié delante de mi, y la cantinela de mi vecina de asiento era la misma. Le importaba un carajo que la señora y su marido hiciera ademán de largarse. Ella iba a lo suyo: contar sus cuitas y las de su familia.
La buena señora tenia huna hermana inválida y también un poco trastornada. Su marido estaba encamado, espero que no fuese por oírla. Tenia dos hijas universitarias, un hijo estudiando e Santiago, tres nietos haciendo oposiciones, porque las cosas oficiales son más seguras. A cada enunciado le añadía esta coletilla: ¿verdad que me entiendes?
La mujer a la que le faltaba la pierna, le dijo al marido que estaba cansada y le dolía algo. Aprovecharon para largarse.
Una vez que el matrimonio se introdujo en el ascensor y la puerta se cerró, la buena señora nos contó todo lo relativo a la mujer coja. Se quedó coja con catorce años, se casó con un marino, tiene tres hijos, ahora el marido está jubilado y cuida de ella pués tiene problemas de columna. ¡Pobre mujer, desde los catorce años sufriendo!
Mientras contaba todo ello, a un auditorio totalmente callado, no sé si interesado, nos fue ilustrando con su vida actual. Por eso descubrí como era su familia.
Lo mas curioso era porque estaba en el ambulatorio, pués no iba a consulta de cita previa, tampoco iba por recetas. ¡Había ido a una tienda que estaba al lado del consultorio, y se pasaba por allí a esperar que la consulta del dentista no tuviera nadie para ver que le arreglaran un problema bucal!
Eso sí, llevaba un abrigo que parecía de piel de algún pobre animal, llevaba anillos en las dos manos, parecían de oro, y unos buenos tacones en los zapatos que, para una señora de su edad, no sé si sería el mejor calzado para caminar con pies hinchados.
Ruego a la Madre Naturaleza, que no me haga pasar ese trago. ¡Habrá que ponerse al loro!

lunes, 5 de abril de 2010

O LADEAIRO EN SEMANA SANTA


Xa empeza a haber un chisquiño mais de vida en Val dos Marcos.
O meu amigo porcopisco, ou porquiñodorei, tamén chamado petirrojo, aquel do que xa falei algunha vez del por aiqui, agora ten competencia. Pois na Porteliña andaban rondando por alí un par deles mais.
Tamén vin uns páxaros un tanto estraños para min, pois nunca os vira. Andaban xuntos sete ou oito, de colores moi vistosos e dun tamaño case como o dun merlo, estudiaremos este novo inquilino.
Non eran solo estes páxaros, xa se notaba por todolos lados o rechouchio deles, e tamén asomaban o fuciño as corzas por Rozas, mezclandose cos cabalos de Santiago-
E decir a primavera xa se empezaba a notar, inda que as neves non acaban de deixar tranquila a comarca.
Daban fé da súa chegada as anduriñas que tamén andaban por alí.
No mundo dos humanos, tamén xa se empezaba a ver retorno dos invernantes nas cidades.
Se continúa o bon tempo, antes de fin de mes haberá que ir por alá a revolver a terra para poder plantar esas cousas tan ricas que comemos no vran.
¡A vida empeza un novo ciclo!
Visitémos o castro de Formigoso por enésima vez, e tentemos visitar o da Cigadonha e a ponte do medievo, que cruza o Tuela, mais abaixo da ponte do Cunqueiro, mais unha nevariscada fíxonos abandoar o camiño cando estábamos na metade,
Por certo na zona desta ponte tamén hai unhas fontes de augas caldas unha, outra ferruxenta e outra sulfurosa. Estas non se poden ver mentras o Tuela veña de monte a monte. Xa falaremos desto.
Ben, parece que xa estamos casi en temperaturas mais benignas que as actuais, a ver se somos quen de disfrutar delas.
Solo unha pega: baixei o Tuela, o domingo, coa idea de pillar algunha “camela” para levar a “cricadeira”, mais quedei coas ganas.
Se vei que xa non me coñecen